jueves, 10 de mayo de 2018

A Nosa Visita Ao IES A Xunqueira 2 2018

Hoxe fomos visitar A Xunqueira 2, o futuro instituto da maioría de nós.
Saímos da escola e dirixímonos cara á Ponte Dos Tirantes.
Era de mañá cedo e as augas do Río Lérez baixaban tranquilas e calmas.
E O Pazo da Cultura observábanos pasar desde a súa atalaia.
De súpeto o xefe de expedición torceu á dereita e camiñamos pola Illa das Esculturas.
O sol tamén nos quixo acompañar neste paseo.
E por fin estivemos nas cercanías do IES.
Ao chegar entramos no salón de actos para unha primeira toma de contacto.
Alí explicáronos un pouco como íamos traballar o ano que ven e logo ensináronos as instalacións. O instituto era grande,  tiña moitas aulas pequenas pero acolledoras e cheas de alumnos.
Había unha cafetería que desprendía un cheiro moi gustoso, estaba repleta de nenos comprando a súa merenda e tertuliando mentres non tocaba traballar. Tamén había talleres, laboratorios, taquillas, biblioteca e outras moitas cousas que nos axudarán para o curso que vén.
Máis tarde, vimos unhas actuacións dos nenos de sexto de Campolongo e da Xunqueira moi divertidas pero como tiñamos outra actividade, tivemos que marchar.
E volvemos á escola polo mesmo camiño de ida.
A Ponte dos Tirantes destacaba na paisaxe.
Mentres uns piragüistas poñían a nota deportiva á nosa xornada. 
E nós chegabamos á escola conversando tranquilamente.
Sara Fontán Cacheda e Mercedes Barragáns Padín 6º A

miércoles, 2 de mayo de 2018

Contacontos No Día Do Libro Na Escola

O día 23 de abril conmemórase internacionalmente O Día do Libro. E, claro, nós non perdemos a ocasión de celebralo.
E fixémolo lendo, como non!
Pero non lemos só para nós. Resulta que tivemos público!
Dividímonos en grupos e acudimos de contacontos ás distintas aulas da escola.
Previamente repartimos os fragmentos de lectura entre os membros do grupo. 
E, aconsellado pola nosa profe Mary Carmen, estivemos ensaiando como o faríamos.
Así foi posible que todo saíra ben e que o público ficara contento coas nosas escollas.
Pedro Carmuega Salazar e Abel Luís Franco Rosón 6º A

miércoles, 25 de abril de 2018

Fomos Contacontos De Intercambio Co CEIP Xunqueira 1

O xoves pasado o alumnado de 6º fomos ata o CEIP A  Xunqueira 1 para realizar unha convivencia-intercambio lector.
Cada un de nós, en parella, ou mesmo individualmente tiñamos que ler un conto a nenos e nenas de Infantil.
Para iso, previamente, saímos da escola e fomos pola beira do Lérez.
Camiñando animadamente.
O día axudounos presentándose azul e luminoso.
Ao ir achegándonos xa no fomos poñendo algo nerviosos.
Na Xunqueira xa nos estaban esperando.
Despois de recibirnos, repartíronnos mesturados co alumnado de infantil.
E alá marchamos a buscar un bo lugar para comezar a lectura.
Creo que todos todos estabamos con algo de vergoña pero comezamos a lectura moi animados.
E o público prestounos moita atención.
Daba gusto mirar o patio cheo de persoas miúdas, unhas a ler e outras a escoitar.
 Calquera recuncho era bo!
Cando rematamos os nenos regaláronos uns marcapáxinas, uns pasteis de chocolate e mais un bico.
Todos os nenos despedíronse e nós fomos para clase.
Facía moito calor pero estabamos moi contentos pola experiencia realizada de ser contacontos.
 Mercedes Barragáns Padín e Javier Fernández González 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA LECTURA