sábado, 23 de junio de 2018

Gañamos A Festa Do Deporte Na Escola!!!!

O último día de curso tivemos a festa do deporte na escola.
Comezamos no ximnasio e xa alí tivemos moi boas sensacións pois comezamos gañando!
A xente do banquiño tiña plena confianza nos xogadores!
Xa no pavillón universitario tocou xogar a baloncesto. E volta a gañar!
O balonmán constituíu toda unha exhibición dos noxos xogadores!
Chegou a hora do recreo e os nosos misters non descansaron senón que se reuniron para estudar a mellor táctica para o que viña a continuación.
 Mentres, os xogadores disfrutaban duns minutiños de descanso, que ben o merecían!
E axiña chegou o momento decisivo: o tempo do fútbol, considerado o máis difícil polo noso equipo. O noso porteiro amosaba gran confianza debaixo dos paus.
E resulta que ao final gañamos os 4 partidos dos que constaba a competición!!! Os nosos xogadores, aínda que cansos, desbordaban de ledicia!!!
E rematamos o noso período no CEIP Manuel Vidal Portela así, a trabar nas nosas medallas da victoria, cun moi bo sabor de boca!!!! Non vos parece??? 

3 comentarios: