martes, 6 de noviembre de 2012

As Nosas Receitas De Outono

Como é tempo de Outono, tamén é tempo da recolleita das castañas para celebrar o Magosto e de desfrutar da Gastronomía típica deste tempo.
Por iso, nós, As Aguias De Lume, todos os días iremos publicando unha serie de receitas que nós elaboraremos con produtos típicos do outono. 
Como iredes vendo, primeiro fomos buscar os ingredientes ao seu propio medio e ambiente. 
Despois collemos os bártulos de cociñeiros e cociñeiras, e puxémonos mans á obra. 
Que aproveite!!!
 
Ola, eu son Aldara.
Escollín o Biscoito de Castañas xa que este venres celebraremos o Magosto.
Os ingredientes son os seguintes:
600g de castañas
1/4l de leite
150g de manteiga                
150g de azucre
4 ovos, auga, e sal.

Forma de preparación:
Primeiro mondei as castañas. (Recoméndolles que non as monden sen compañía, pidan axuda, porque é un pouquiño difícil...)
Despois disto, hai que metelas nunha fervura en auga con sal. (Rapaces, non fagades isto sen supervisión dun adulto.)
Déixanse en repouso e quítaselles a outra tona. (Aquí, cando eu estaba a facer isto, voaron cascas por toda a cociña...)

Cócense no leite, retírase e tritúranse as castañas cun garfo.
Bátese a manteiga xunto co azucre e só as xemas dos ovos, porque as claras teñen que estar a punto de neve. (Menos mal que eu  fíxeno na termomix, senón saltaba todo fóra da taza.)

Mestúrase todo, e vértese nun molde engraxado. Metíno no forno a 180º uns tres cuartos de hora, e... Listo!!!
Xa temos un biscoito de castañas riquísimo!!! 
O malo vai ser que teño que conxelalo ata o día da degustación... E así,  perde todo o seu sabor, porque cando a profesora nolo pida, levarémolo á escola  para unha merendola no recreo. 
O que aínda non sabemos, e se o compartiremos co resto do colexio, ou comerémolo só os de sexto. Eu voto pola segunda opción... Ha,ha, ha!!!
Aldara Fernández Fernández 6º B

6 comentarios:

  1. Aldara felicidades y Eduardo me gustan moito as recetas dos dous pero yo puedo hacerla mejor

    ResponderEliminar
  2. ¡Qué buena pinta! Me dan ganas de comerlom, la verdad es que tiene que estar muy rico ,ya sabes ,a traernos la prueba ,Aldara jajaja

    ResponderEliminar
  3. El bizcocho de Aldara tiene muy buena pinta me encantaría probarlo.

    ResponderEliminar
  4. Aldara, Edu, as dúas receitas están moi ricas es estou desexando comelos...
    ¡¡Mmmmm!! ¡¡¡¡Qué ricos!!!!

    ResponderEliminar
  5. Esta receita está espectacular unha tarde que poida voume a poñer a facer todas estas receitas que teñen moi boa pinta enoraboa Aldara!!

    ResponderEliminar
  6. Aldara, a ver se eu poñome mans a obra para facer todas as receitas, aunque rematarei chea, jajaja!!! Aldara, aunque todo leva tempo, a presentación(as fotos) quedáronche xenial.

    ResponderEliminar