Como case todos os que elaboraban receitas preparaban postres, nós decidimos ser diferentes, e esta foi a nosa escolla: Año Con Cogumelos.
Ingredientes:
- Uns anacos de año
- 400 gr de cogumelos
- 1 cebola
- 7 dentes de allo
- 3 vasos de viño branco
- Auga
- Vinagre
- Aceite virxen extra
- Sal
- Pementa negra
- Perexil picado
Elaboración:
Lamina 2 dentes de allo, pica a cebola e ponos xuntos a dourar na olla rápida cun chorriño de aceite. Engade pementa negra e os anacos do año previamente sazonados.
Verte o viño branco. Tapa e cociña durante 8 ou 10 minutos a partir de saír o vapor. Lamina outros 2 dentes de allo en engádeos á tixola.
Escurre os allos fritos e colócaos no morteiro. Machuca ata que quede
unha masa, verte un chorriño de vinagre, mestura ben e engade á cazola.
Deixa cociñar outros 8 ou 10 minutos. Lamina os 3 dentes de allo restantes e dóuraos nuha tixola.
Limpa e corta os cogumelos pola metade e méteos na tixola. Engade ó año... E... ó final de todo sérvese nun prato. Bo Proveito!
Laura García García, Isabel Recarey Benito e Nicolás Regueira Piquenque 6º B
VER AQUÍ MÁIS FOTOS DA ELABORACIÓN DA RECEITA
¡¡¡Qué ben paseino facendo a receita!!! A verdade é que o mellor non ten moi boa presentación, pero estan deliciosas.
ResponderEliminarQue rico esta esto e Isabel, Nico e laura os felicito
ResponderEliminarGracias Uxío as tuas fotos da receita tamen tiñan moi boa pinta.
ResponderEliminarGracias isabel eres moi simpatica
Eliminar