As Aguias De Lume
domingo, 1 de julio de 2018
sábado, 23 de junio de 2018
Gañamos A Festa Do Deporte Na Escola!!!!
O último día de curso tivemos a festa do
deporte na escola.
Comezamos no ximnasio e xa alí tivemos moi
boas sensacións pois comezamos gañando!
A xente do banquiño tiña plena confianza nos xogadores!
Xa no pavillón universitario tocou xogar a
baloncesto. E volta a gañar!
Chegou a hora do recreo e os nosos misters non
descansaron senón que se reuniron para estudar a mellor táctica para o que viña
a continuación.
Mentres, os xogadores disfrutaban duns
minutiños de descanso, que ben o merecían!
E axiña chegou o momento decisivo: o tempo do fútbol,
considerado o máis difícil polo noso equipo. O noso porteiro amosaba gran
confianza debaixo dos paus.
E resulta que ao final gañamos os 4 partidos
dos que constaba a competición!!! Os nosos xogadores, aínda que cansos, desbordaban de ledicia!!!
E rematamos o noso período no CEIP Manuel
Vidal Portela así, a trabar nas nosas medallas da victoria, cun moi bo sabor de
boca!!!! Non vos parece???
jueves, 21 de junio de 2018
Festival Fin De Curso Xuño 2018
Este mércores día 20 de xuño celebramos o
festival fin de curso na escola.
No comezo houbo actuacións do alumnado de
Educación Infantil. E xusto despois de 1º tocounos a nosa primeira actuación.
Bailamos ao compás do tema Havana de Camila Cabello.
E a verdade é que quedamos moi satisfeitos co que
fixemos enriba do escenario.
A continuación subiu 3º e nada máis rematar a
actuación de 2º volvemos nós a pisar as táboas do escenario. Esta vez con Échame
la culpa de Luis Fonsi e Demi Lobato.
Os nosos artistas estiveron moi sorrintes
durante o seu pase.
E aquí tedes tamén o de Échame la culpa.
Sendeirismo Polo Río Almofrei, Muíño Da Bouza E Salgueiral
Un día de mañá cedo chegamos á escola en modo
deportivo.
E é que iamos facer unha ruta polo Rio
Almofrei.
Polo camiño o primeiro que atopamos foi A Ponte Das Leiras que se usaba para ter
acceso ás leiras e ir ao muíño.
Tamén nos ensinaron o pobo O Salgueiral coas súas casas de pedra.
Parámonos a ver os hórreos e así aprendemos un pouco máis da cultura galega. A verdade é que os hórreos son moi bonitos, o
malo é que ao lado había uns cans un pouco pesados.
A continuación metémonos por unha ruta estreita
e escorregadiza pola que chegamos xa a
ver o río Almofrei.
Gustounos moito ver As Poldras de Portamuíño. Uns pasos de
pedra sobre a auga do río que antigamente eran usados para cruzar o río.
Despois seguimos a senda río arriba. E a
verdade ás veces parecía que estabamos nunha xungla.
Foi divertido pasar os pequenos desniveis pero
con precaución e algunha axudiña.
Tamén houbo momentos para a merenda.
E tamén para xogos. Nun deles tivemos que andar á busca da chave do muíño.
Dalí a nada chegamos por fin ao muíño!!!
Tamén puidemos debullar o millo á antiga usanza.
Gustounos moito ver como ían caendo os grans
pouquiño a pouco.
Logo había que levalos ao muiñeiro para moelos
e facer a fariña.
Miramos tamén como se facía para que a auga non
entrase no muiño cando non había nada que moer.
E como estabamos no muíño tamén botamos unha
muiñeira!
Máis tarde camiñamos montaña arriba. Parecía
que estabamos a escalar o Everest!
Aínda que en vez de neve tiñamos algúns
atrancos no camiño.
Finalmente regresamos de novo polo Salgueiral.
E fomos dar a unha antiga escola. Que ben se
estaba á sombra desta árbore!
Alfonso García Carmuega E Javier Fernández
González 6º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)