Chámome Aldara, teño 10 anos e estou no Colexio Vilaverde.

Detrás das miñas gafas de cor negro e branco poderedes ver os meus ollos castaños. Gústame levar solto o meu pelo tamén castaño e sempre teño un sorriso na cara para pasar feliz a vida. Gústame a roupa que está de moda e sempre levo un reloxo azul e un anel de ouro. Os meus pais compráronme un hámster precioso chamado Bollito. Toco o piano e antes ía a ballet. Encántame andar en patíns ou en bicicleta polo centro onde coñezo novos amigos. Cando vou á praia estou todo o día nadando e buceando. Se teño tempo leo, porque me gusta moitísimo...

Ola, chámome Antón, teño os ollos de cor marrón escuro e o pelo castaño. Son moreno, delgado e mido aproximadamente 1´40 cm. Gústame ser bromista, facer rir aos demais e que o pasen ben ao meu carón. Xogo ben ao baloncesto e tamén son bo nadador. Gústame ler e ver a televisión, pero o que máis me gusta de todo son os videoxogos...

Ola, chámome Isabel. Teño os ollos marróns e o pelo castaño que case sempre levo solto, con diademas, con moños ou con coletas... Gústame vestirme con vaqueros, mallas, shorts, vestidos e saias. Encántame ir á piscina e xogar cos meus amigos e amigas. Tamén me gusta ir cos meus pais e a miña irmá a montar en bici. Nos meus ratos libres vexo películas, leo e xogo coa miña veciña. E cando vou a Madrid ver a miña familia, adoro ir aos centros comerciais. Tamén me gusta ver ás miñas amigas e coidar das miñas curmás cando vou á casa da miña tía.

Eu chámome Javi e teño o pelo marrón e os ollos castaños. Gústame vestir de chándal e na cabeza sempre levo gomina porque me gusta o pelo de punta. Non me gusta levantarme cedo polas mañás, pero encántame xogar co meu can porque sempre se me agarra coas súas patas á cintura e tamén me lambe a cara... A miña maior afición é o fútbol e tamén o atletismo, pero non me gustan nada nin o ballet nin a natación. Ah! E sempre intento ter un sorriso na cara para que a xente me vexa alegre...
Aldara Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito, Antón Freire Barcia, Javier González Carballo.
5º B