sábado, 24 de septiembre de 2011

E Así Somos Algúns Dos Nenos e Das Nenas de 5º B

Chámome Aldara, teño 10 anos e estou no Colexio Vilaverde.
Detrás das miñas gafas de cor negro e branco poderedes ver os meus ollos castaños. Gústame levar solto o meu pelo tamén  castaño e sempre teño un sorriso na cara para pasar feliz a vida. Gústame a roupa que está de moda e sempre levo un reloxo azul e un anel de ouro. Os meus pais compráronme un hámster precioso chamado Bollito. Toco o piano e antes ía a ballet. Encántame andar en patíns ou en bicicleta polo centro onde coñezo novos amigos. Cando vou á praia estou todo o día nadando e buceando. Se teño tempo leo, porque me gusta moitísimo...
 
Ola, chámome Antón, teño os ollos de cor marrón escuro e o pelo castaño. Son moreno, delgado e mido aproximadamente 1´40 cm. Gústame ser bromista, facer rir aos demais e que o pasen ben ao meu carón. Xogo ben ao baloncesto e tamén son bo nadador. Gústame ler e ver a televisión, pero o que máis me gusta de todo son os videoxogos...



Ola, chámome Isabel. Teño os ollos marróns e o pelo castaño que case sempre levo solto, con diademas, con moños ou con coletas... Gústame vestirme con vaqueros, mallas, shorts, vestidos e saias. Encántame ir á piscina e xogar cos meus amigos e amigas. Tamén me gusta ir cos meus pais e a miña irmá a montar en bici. Nos meus ratos libres vexo películas, leo e xogo coa miña veciña. E cando vou a Madrid ver a miña familia, adoro ir aos centros comerciais. Tamén me gusta ver ás miñas amigas e coidar das miñas curmás cando vou á casa da miña tía.

Eu chámome Javi e teño o pelo marrón e os ollos castaños. Gústame vestir de chándal e na cabeza sempre levo gomina porque me gusta o pelo de punta. Non me gusta levantarme cedo polas mañás, pero encántame xogar co meu can porque sempre se me agarra coas súas patas á cintura e tamén me lambe a cara... A miña maior afición é o fútbol e tamén o atletismo, pero non me gustan nada nin o ballet nin  a natación. Ah! E sempre intento ter un sorriso na cara para que a xente me vexa alegre...

Aldara Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito, Antón Freire Barcia, Javier González Carballo. 
5º B

27 comentarios:

  1. A imaxe da descrición de Antón é a máis chula...

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito a imaxe da natación.

    ResponderEliminar
  3. Carmen 5º B e Dalila 5º B26 de septiembre de 2011 a las 12:56

    Que ben presentado está todo no noso blogue... As descricións son divertidas...

    ResponderEliminar
  4. O debuxo da descrición de Javi paréceme moi gracioso.

    ResponderEliminar
  5. A min gústame moito a pelota animada da descrición de Antón.

    ResponderEliminar
  6. Con estas descricións os nosos lectores xa poden saber como somos os de 5º B

    ResponderEliminar
  7. Gustáronme moito todas as descricións.

    ResponderEliminar
  8. a aguia e moi bonita e presentable

    ResponderEliminar
  9. Gústame moito a imaxe que ten a descripción de Antón a do balón de baloncesto entrando na canasta.

    ResponderEliminar
  10. este blogue e chulisimo,encantame sobre todo o aguia de lume.Estou orgulloso de todos os de 5ªB.

    ResponderEliminar
  11. Este blogue e chulisimo,encantame sobre todo o aguia de lume.estoi moi orgulloso de todos os da miña clase de 5ªB.

    ResponderEliminar
  12. Gústame moito o perfil da profe.

    ResponderEliminar
  13. gustanme moito todas as descripcions son moi orixinais e bonitas

    ResponderEliminar
  14. Se as descripcións representan a tódolos alumn@s da clase de 5ºB, estes nen@s teñen moito potencial, e seguiremos con interese este blog.

    ResponderEliminar
  15. a descripción de Isa e moy chula

    ResponderEliminar
  16. gustanme todas as descripcions da clase

    ResponderEliminar
  17. Hola, gústame moito as descrición da nova clase profe espero que sigades facendo moitas cousas...

    ResponderEliminar
  18. Ola Paula!!
    Xa ves que estes rapaces e estas rapazas están a traballar "muito bem"...
    Gustoume moito que sigas poñendo "Paula 6º A"...
    Así sempre seguiremos sendo nós... A nosa clase...
    Ti continúa coas tuas visitas e os teus comentarios...
    Risos... E bicos...
    Mary Carmen

    ResponderEliminar
  19. gustame moito o video que fixo a profe

    ResponderEliminar
  20. Ola!!!
    Moitas grazas por todos os comentarios...Alégrome que vos guste o blogue, as descripcións, o vídeo e as imaxes...
    Desfrutade do gato... Que para iso está aí...

    Continuade tan activos como sempre...

    ResponderEliminar
  21. As descricións estan moi chulas !!!!!!!!

    ResponderEliminar
  22. Adrian primo de Eduardo 5ºb4 de noviembre de 2011 a las 20:10

    Me gustaron las fotos.

    ResponderEliminar
  23. Gustoume o blogue sobretodo o titulo.

    ResponderEliminar