Eses outonos non volverán
Na alborada de aquel día

que tan lonxe agora está,
as andoriñas voaban,
voaban sen parar.
Empuxadas polo vento
que bruaba en Penamá,
o sol estaba no alto
e as xestas a brotar.
O solpor xa comezaba,
todos foron descansar,
mais as andoriñas non paraban...
Non teñen que pousar?
Aldara Fernández Fernández 5º B
Andoriña

Andoriña,
ti que voas no solpor,
dime,
vas na busca de paxaros
para atopar o amor?
O bruar do vento
non te deixa escoitar.
Andoriña,
co sol da alborada,
queres escapar?
Entre as xestas do monte,
podereite atopar?
Sara Mirón Caldas 5ºB
Andoriña namorada

Andoriña, andoriña namorada,
reluce co sol da alborada,
coa túa plumaxe encantada!
Brúa o vento no solpor,
cunha grande dor...
Na xesta durme namorada
andoriña, acaramelada...
Andoriña, andoriña,
andoriña namorada...
Anxo Vidal García 5ºB
As andoriñas As andoriñas fuxen do vento,
teñen frío, necesitan sol,
coa alborada, ou no solpor.
O bruar do vento
que move as xestas
dilles adeus ás andoriñas...
Helena Pascual Tajes 5ºB
A miña andoriña
Na alborada do sol
vin unha andoriña voar aló...
O vento bruaba
e coas xestas xogaba...
E cando o solpor chega,
dereitiña dorme na bodega...
Laura García García 5º B
Baile de outono
Tras o luar daquela noite,
o sol da alborada brillaba
e as andoriñas, na xesta,
unha danza nova bailaban...

Tras o vento, tras o vento,
tras o vento do bruar,
na alborada as andoriñas,
xa sabían que o solpor,
estaba a chegar...
Uxía Villanueva Bermúdez 5º B
Eu xogo
Cando chego ao colexio
e escoito as andoriñas cantar,
sei que os meus compañeiros
espéranme para xogar.
Co vento na miña cara
e o sol da alborada,
dedícome a bruar.
E cando vexo o solpor,
entre as xestas,
fecho as fiestras
e póñome a estudar...
Eduardo Lores Baamonde 5º B
A cor do ceo
Aquela linda andoriña
fixo o niño nunha cesta
agochada nunha xesta.
Cando chegaba a alborada,
espertaba moi animada.
Escoitaba o vento bruar
e comezaba a voar,
mas sen alento quedaba...
E ao chegar o solpor
á sua casa tornaba.
Antón J. Freire Barcia 5º B
DurmidoDurmido estaba ata que chegou a alborada.
O sol, na miña fiestra...
E, fóra, o bruar do vento,
mecía a xesta...
Ao solpor, as andoriñas,
repousan as súas asas,
cansas, moi cansas de voar...
Tomás Rodríguez Durán 5º B
Voa, andoriña, voa
Andoriña de ollos verdes,
andoriña de cristal,
sopra un vento delicado,
que nin ás xestas fai bruar...
Andoriña, andoriña,
xa chegou a alborada,
cun sol ardente a rabear...
Esperemos ao solpor
para botar a voar!
Dalila García García 5ºB