miércoles, 16 de noviembre de 2011

O Noso Recanto De Poesía

Eses outonos non volverán
Na alborada de aquel día                             
que tan lonxe agora está,
as andoriñas voaban,
voaban sen parar.

Empuxadas polo vento
que bruaba en Penamá,
o sol estaba no alto
e as xestas a brotar.

O solpor xa comezaba,
todos foron descansar,
mais as andoriñas non paraban...
Non teñen que pousar?
Aldara Fernández Fernández 5º B
                                                                                      Andoriña
Andoriña,
ti que voas no solpor,
dime,
vas na busca de paxaros 
para atopar o amor?
O bruar do vento
non te deixa escoitar.
Andoriña,
co sol da alborada,
queres escapar?
Entre as xestas do monte,
podereite atopar?
Sara Mirón Caldas 5ºB

Andoriña namorada                                  
Andoriña, andoriña namorada,
reluce co sol da alborada,
coa túa plumaxe encantada!

Brúa o vento no solpor,
cunha grande dor...
Na xesta durme namorada
andoriña, acaramelada...
Andoriña, andoriña,
andoriña namorada...
Anxo Vidal García 5ºB

As andoriñas 
As andoriñas fuxen do vento,
teñen frío, necesitan sol,
coa alborada, ou no solpor.
O bruar do vento
que move as xestas
dilles adeus ás andoriñas...
Helena Pascual Tajes 5ºB



 A miña  andoriña             
Na alborada do sol
vin unha andoriña voar aló...
O vento bruaba
e coas xestas xogaba...
E cando o solpor chega,
dereitiña dorme na bodega...
Laura García García 5º B


Baile de outono
Tras o luar daquela noite,
o sol da alborada brillaba                            
e as andoriñas, na xesta,                    
unha danza nova bailaban...                      

Tras o vento, tras o vento,
tras o vento do bruar,
na alborada as andoriñas,
xa sabían que o solpor,
estaba a chegar...
                                  Uxía Villanueva Bermúdez 5º B

 

Eu xogo
Cando chego ao colexio
e escoito as andoriñas cantar,              
sei que os meus compañeiros
espéranme para xogar.

Co vento na miña cara
e o sol da alborada,
dedícome a bruar.
E cando vexo o solpor,
entre as xestas,
fecho as fiestras
e póñome a estudar...
Eduardo Lores Baamonde 5º B

A cor do ceo
Aquela linda andoriña
fixo o niño nunha cesta
agochada nunha xesta.
Cando chegaba a alborada,
espertaba moi animada.
Escoitaba o vento bruar
e comezaba a voar,
mas sen alento quedaba...
E ao chegar o solpor
á sua casa tornaba.
Antón J. Freire Barcia 5º B

Durmido
Durmido estaba ata que chegou a alborada.       
O sol, na miña fiestra...
E, fóra, o bruar do vento,
mecía a xesta...
Ao solpor, as andoriñas,
repousan as súas asas,
cansas, moi cansas de voar...
Tomás Rodríguez Durán 5º B

 Voa, andoriña, voa
Andoriña de ollos   verdes,
andoriña de cristal,
sopra un vento delicado,
que nin ás xestas fai bruar...

Andoriña, andoriña,
xa chegou a alborada,
cun sol ardente a rabear...
Esperemos ao solpor
para botar a voar!
Dalila García García 5ºB

32 comentarios:

  1. Están preciosos los dibujos y las poesías

    ResponderEliminar
  2. Tenemos que enseñar a mas gente para llegar a las l5.000

    ResponderEliminar
  3. encantame todo as poesías,os debuxos...
    A primeira vez que vin os debuxos os paxáros parecianme pingüins.¡¡ o xa temos 4000 visitas!!

    ResponderEliminar
  4. Que chulas estan as poesías de Edu e de Anxo!!!!

    ResponderEliminar
  5. A poesía de Anxo pareceume moi chula!

    ResponderEliminar
  6. As poesias quedaron moi bonitas.

    ResponderEliminar
  7. O debuxo de Dalila é moi orixinal e bonito!!!

    ResponderEliminar
  8. Todas as poesías están moi ben presentadas e os debuxos moi bonitos e coloridos.

    ResponderEliminar
  9. Gustoume moito facer as poesías, e cando vin que a profe puxo a miña ilusioneime.

    ResponderEliminar
  10. A andoriña de Tomás parece un pingüín , todo está moi bonito !!!
    Hoxe cando a profe nos dixo que xa tiñamos 4.000 visitas púxenme moi contenta.

    ResponderEliminar
  11. Estou moi contenta de que a profesora puxera a miña poesía. Gustárame moito facela e que a puxera, anímame a facer máis.

    ResponderEliminar
  12. Parcénme moi bonitas as poesÍas e os debuxos dos meus compañeiros.

    ResponderEliminar
  13. Xa temos 4.037 visitas!
    As poesías estan preciosas e os debuxos moi orixinais!Temos que por máis cousas.

    ResponderEliminar
  14. El dibujo más bonito es el de Uxía Villanueva Bermúdez.

    !!Es el más original!!
    :)(:

    ResponderEliminar
  15. ¡Qué bonitas ás poesías!
    Parécenme de poetas o portisas de verdade.

    ResponderEliminar
  16. MENUDOS POETAS ESTADES FEITOS. PRECIOSAS AS POESÍAS E NON DIGAMOS OS DEBUXOS. MOI, MOI COLORIDOS E ORIXINAIS.

    BICOS E APERTAS.
    BEA

    ResponderEliminar
  17. Gustaronme moito as poesías e os debuxos, o que máis me gustaron foron os soles cas gafas.

    ResponderEliminar
  18. ¡Parecedes poetas profesionais de verdade!
    Se fora eu cantaría e bailaría a canción de Shakira:llegó el momento de las murallas...

    ResponderEliminar
  19. O blog ten moitas cousas asi queda moi feo

    ResponderEliminar
  20. Encántanme as vosas poesías, síntome moi feliz de veros tan content@s aos tamén meus querid@s alumn@s de quinto. O blog é precioso, e cantas máis cousas teña, moito máis entretido e máis rico en matices.....
    Quérovos moito... a profe que vos prestou a clase..........

    ResponderEliminar
  21. Querido/a seguidor/a "anónimo"(do 17/11/11 ás 22:02): moitas grazas pola túa visita,polo teu comentario e a túa crítica constructiva, que sempre serán benvidos... Das criticas negativas, tamén se aprende!
    Mais sentimos non opinar o mesmo... A nós gústanos o blogue tal e como está...Ben, aínda seguiremos poñendo máis cousas, máis traballos dos que nós, os alumnos de 5º B facemos na escola e que a maioría dos nosos visitantes opinan que están moi ben!!
    Esperamos seguir contando contigo!!

    Mary Carmen Moledo
    Titora 5º B
    E os 24 rapaces e rapazas de 5º B
    :-))

    ResponderEliminar
  22. Me gustan tdos las poesias

    ResponderEliminar
  23. profe tu eres la mejor`poniendole eso

    ResponderEliminar
  24. Hola a tod@s! Estoy de acuerdo,cuantas más cosas publiquéis mejor queda el blog. Es la manera que tenemos de ver "los de fuera" cuanto trabajais.
    Ánimo que lo hacéis fenomenal.Besos para todos.

    ResponderEliminar
  25. Hola Mariluz!
    Muchas gracias por tu visita y por tus palabras que nos animan a seguir trabajando y publicando!!
    Besiños
    Mary Carmen
    Tutora 5º B

    ResponderEliminar
  26. Mariluz grazas pola tua visita.
    tes que vir a facer unha visita ao colexio

    ResponderEliminar
  27. Mariluz canto tempo sen os teus comentarios
    unha aperta e un beso

    ResponderEliminar
  28. Como prometido, aqui estou a passar para ver.

    Abraço!

    ResponderEliminar
  29. Olá Tony Madureira!!
    Mais uma vez muito obrigada pela tua visita e comentário!
    Já tu vês como os meus alunos são muito activos e participativos...
    Eles gostam muito de publicar trabalhos no blogue...
    Eles, e a sua professora, também gostam de que as pessoas que nos seguem deixem as suas palavras...Porque isso é um grande estímulo para continuarmos a querer saber mais e a querer fazer as coisas bem...

    E ficamos encantados de te termos como amigo... Um amigo português que gosta do nosso blogue e das coisas que fazemos na nossa escola...
    Muito obrigada!!
    Até já!!
    Aquele abraço Galego e Pontevedrês!!

    ResponderEliminar
  30. El blog está precioso,no se como el anonimo del 7/11/11 pudo poner eso.

    ResponderEliminar
  31. Profe María José grazas por prestarnos a clase.E pedimos desculpas por como cha deixamo.Moitas grazas polo teu comentario ,é moi bonito. Esperamos que nos segas visitando .

    Un abrazo todo 5ºB

    ResponderEliminar
  32. djhcodonmkklsmnalcnfnlcfqanqs,qncdndlanmcd nlvnlkrweacñrfvmldmsmrjhghjjndnj

    ResponderEliminar