miércoles, 12 de diciembre de 2012

Recitando Celso Emilio Ferreiro

Hoxe chegamos inquietos á escola, porque ás 12h tiñamos unha celebración:
conmemorar o Centenario do noso poeta  Celso Emilio Ferreiro con varias actividades...
Onte xa estivemos a decorar o lema de un mural no que todos os cursos da escola ían colocar varias frases alusivas a porque nos gusta falar galego. O lema era: RECITANDO CELSO EMILIO.
Nós, dirixidos pola nosa profe Mary Carmen,  tratamos de colorear con moita orixinalidade cada unha das letras, e a verdade que o conseguimos, porque hoxe
  todas as profes do cole nos felicitaron polo traballo e dixéronnos que eramos uns verdadeiros artistas.

Inventamos tamén o que queriamos deixar escrito no mural, e eleximos estas palabras:
-"Falo galego porque o meu corazón dime que o fale." Ideada por Sara,  e estoutra:
-"Falo galego ó recordo dos bos momentos que se agochan na miña vida." Escrita por Aldara.
E hoxe, por sorpresa, porque non sabiamos nada, tamén diseñamos unha pancarta para indicar onde estaba a nosa clase 6º B cando estiveramos no patio todos reunidos.

E cando chegou a hora, aínda tivemos unha sorpresa máis: a nosa clase, 6º B foi elexida para baixar o mural ao patio e estar alí, a sostelo durante toda a celebración. Todo un honor!!!!!
Foi todo moi bonito con todas as clases e as súas pancartas alí, diante nosa e do mural!!!
Sentiámonos moi protagonistas da festa. Sobre todo este ano que, xa sabedes que é o noso último ano na escola...
Despois, o coro da escola, onde hai moitas voces de 6º B, cantou un dos poemas de Celso Emilio Ferreiro: "Deitado frente ao mar".
Cando rematamos, estaba todo en silencio e entón escoitouse unha voz: "WUAU! WONDERFUL! era a voz da nosa profe Mary que quedara emocionada ao escoitarnos cantar. E  todos os e nenas botamos un gran sorriso.
Sara Mirón Caldas, Helena Pascual Tajes, Sandra Quiroga Fortes 6ºB
VER AQUÍ MÁIS FOTOS DA CELEBRACIÓN

8 comentarios:

  1. Aunque a mín tocoume suxetar a pancarta, xunto con Aldara, Antón e Eduardo cantamos a canción moi alegres. Tamén totoume facer a pancanta de 6ºB xunto con Dalila que logo a levara Joel... e cousas sobre este día pódovos contar moitísimas, en resumo coma sempre foi un día inolvidable que marcará importancia na nosa vida no do camiño cole.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que foi moi divertido

    ResponderEliminar
  3. Si fue muy divertido, porque al cantar todos nos divertimos un montón, fue un día genial.

    ResponderEliminar
  4. A mí me gustó practicamente todo cuando cantamos el rap de Celso Emilio Ferreiro,cuando algunos niños de otros cursos andaban gritando asombrados mirándonos al sujetar la pancarta,cuando despues jugábamos al brilé....En fin me encantó ese día pero lo peor fue que ese día tuvimos un examen de matemáticas.

    ResponderEliminar
  5. Fué muy divertido.Los de coro tuvimos que bajar 5 minutos antes,para ensayar el rap.Al bajar ya estaban todos los niños de todos los cursos abajo, esperándonos para cantar.La pancarta quedó muy bonita! :)

    ResponderEliminar
  6. Esto esta chulisimo somos unos cras todo 6ºB osea que nos salio de marabillay sobre todo la pancarta quedo muy bonita y las profesoras nos felicitaron atodos nosotros que quedo muy bien todo y la cartulina de llevar con el palo quedo tambien preciosa y asta eso nos felicitaron y al final al yegar a clase la profe nos felicito a todos nosotros y nos fuimos felices para casa todos

    ResponderEliminar
  7. Esto fue marabilloso y lo pasamos jenial todos los que estaban agarando la pancarta me digo Anton que estaba agotadode agarar.

    ResponderEliminar
  8. As letras quedaron expectaculares :)))

    ResponderEliminar