
Antón non sabía como colocar a tenda e a profesora axudouno.
Pola noite, cando xa todos todos durmían, Antón escoitou uns ruidos moi raros. El asustouse e berrou:
-Socorro!
Entón apareceu a profesora e díxolle:
-Non teñas medo!

El quixo saber o que pasaba. E resultaba que a profesora estaba a berrar como unha tola na súa tenda.
Antón non sabía porque e os seus amigos dixéronlle:
- É todo por culpa dun moucho que asustou a profesora e case lle dá un ataque!
Antón, lembrando o que antes lle pasara a el, chegou xunto da profesora e faloulle:
-Non hai que ter medo!!! Verdade?
Matilda Carlota Rodríguez 5ºB Ilustración: Marcos Asensi Goyanes 5º B A Regalar Xoguetes

-Lévaos para a aldea. Alí seguro que xogas con eles!
-Alí, o que me gusta é tirarme a rolos polo campo e poñer a roupa toda verde da herba. Contestei eu.

As Dúas Mellores Amigas
Había unha vez unha nena de cabelo loiro chamada Nerea que vivía nunha pompa de xabón. Pero non era unha pompa normal... Era unha pompa máxica irrompible. A burbulla tiña a súa casiña e o seu xardín. Pero Nerea alí dentro non tiña a ninguén e sentíase moi soa.
E así pasaba a súa vida, cando una noite inesperada, mentres dormía,
sentiu un golpe, saíu da casa, e mirou outra pompa pegada á súa. Tamén
viu que nela vivía unha nena. E Nerea, intrigada, quixo saber quen era.

Achegouse á burbulla decidida a coñecela... Pero como podía facer? A súa burbulla era irrompible e non podía saír dela.... Pero e a outra burbulla? Como podería facer para entrar nela?
Pensou e pensou, e ocurríuselle unha idea: Podía botarse enriba moito xabón con auga e intentar cruzar ao outro lado. Así o fixo... E sabedes unha cousa??? Foi cruzando lentamente, esvarando devagar polas paredes da burbulla... Cando chegou a onde estaba a outra rapaza, soubo que se chamada Alba. Alba, a súa mellor amiga a partir daquela.
A Fada E O Trasno
Un bonito día de primavera, un trasno e unha fada coñecéronse no Val Das Rosas.

A fada era de cor celeste e levaba un vestido branco.
-Ola, eu son Verdín, e son un trasno.
-Eu son Celeste e son unha fada. Encantada de coñecerte.
Pouco a pouco foron coñecéndose mellor.
-¿Quedamos aquí mañá pola mañá? Preguntou o trasno.
- Vale! Respondeu a fada.
Pero
á mañá seguinte Celeste non aparecía. Verdín buscouna por todo o val,
pero non a atopou. Entón, Verdín deitouse a descansar e quedou
completamente durmido. De repente escoitou unha voz que dicía:
O
trasno decatouse de que se encontraba ao pé dun castelo. Viu a Celeste
nunha fiestra moi arriba nunha das torres do edificio. Decidiuse e subiu
as escaleiras e alí, tras unha porta con rexas, estaba Celeste.
-Estou
baixo a maxia de un poderoso feitizo. Tes que encontrar a chave que
abre esta porta axiña, antes de que chegue a noite, se non, morrerei!.
Verdín
buscou e buscou a chave por todos os recantos ata que a atopou. Non lle
foi doado, pois no camiño tivo que resolver varios enigmas e superar
moitos obstáculos.
Xa coa chave no seu poder, liberou a fada e os dous saíron correndo do castelo.
Naquel
momento Verdín despertou e ao seu lado estaba Celeste que lle deu un
bico por tela salvado aínda en soños. E desde aquela viviron felices
para sempre.
Emilia Alario Pastoriza 5º AUn Vampiro Exemplar
Había unha vez un vampiro moi malo chamado Vladimir. Vladimir só quería chupar o sangue dos humanos cando estaba famento, e cando non tiña fame tamén zugaba o sangue dos humanos para facelos sufrir. Así era el de malo...
Un día o vampiro saíu á rúa co seu paraugas para protexerse do sol, e ir buscar un neno a quen poder chuparlle o sangue.
-Por favor, non me mates, estou moi débil!
O noso vampiro non estaba disposto a facerlle ningún caso, pero nese momento viu chegar a nai do rapaz que viña buscar o seu fillo, entón o vampiro non tivo máis remedio que marcharse.

-Por que fago dano á xente? E ademais, en vez de sangue podería comer froita.
Entón nese mesmo momento o noso vampiro decidiu ir pedirlle perdón a aquel neno. Así o fixo e grazas á súa decisión foi un dos primeiros vampiros en facerse herbívoro pero de refresco, de cando en vez, aínda toma un pouquiño de sangue, pero iso si... sangue light!
Diego Santiago Martínez 5º BMellor Ser Amigos
Un día un neno chamado Xoán ía camiñando
tranquilamente polo bosque cando atopou unha árbore xigante moi rara.
Quedou alí a observala e ao pouco tempo chegou outro neno chamado
Luís,que non se levaba nada ben con Xoán.
- Por que será tan grande esta árbore?
Enton Luís díxolle:
Esta árbore ten unha lenda que di que é a árbore da amizade e que a amizade tamén é algo moi grande.
De
súpeto a árbore empezou a brillar e os nenos quedaron sorprendidos e
paralizados. Comezaron a sentirse raros, e invadiunos unha sensación
estraña, como que lles ía explotar a cabeza.
Cando a árbore deixou
de brillar, tamén eles deixaron de notar aquela sensación. Agora o que
sentían era que debían facerse amigos. E así foi, desde aquel momento
debaixo da árbore, foron os mellores amigos para sempre e os dous
decidiron que sempre é mellor ter amigos que inimigos.
Sandra Rodríguez Torres 5ºB Ilustración: Irea Torres Fontán e Sandra Rodríguez TorresNa Aldea
Érase unha vez un neno chamado Xabier que vivía coa avoa na aldea.
Un día atopou un gato.
Hola gatiño, ¿perdicheste?
Si... Digo... Miau! Respondeu o gato.
Ahhh!!!... Ti... falas? Exclamou o rapaz asustado.
-Si... pero só o sabes ti. Contestou o gatiño.
-¿Queres vir conmigo? Preguntoulle Xabier.
-Si, moitas grazas!

Subiron á casa. E de repente...
¡Pum, pum, pum...! Soaron os pés da avoa polas escaleiras...
¡Toc, toc, toc! Petou na porta.
-¡Corre, escóndete no roupeiro! Obrigou Xabier ao gato.
Pof!!! Soou o armario.
-Adiante! Dixo Xabier, dirixíndose á avoa.
Ela entrou, deulle unhas galletas caseiras e foise.
Xabier
quedou co gato, do que se fixo moi bo amigo, sen que a avoa o soubera.
Sempre tiña que ter moitísimo coidado, porque de enterarse a súa avoa,
de seguro que o ía castigar.
Ata agora non os cachou... ¿Descubriraos algún día...?
Belén Garrido Martínez 5ºAXoana E Poder Da Amizade
Nun bosque de Francia había unha lebre
chamada Xoana, que tiña unha misión importante: buscar herba fresca
para comer. Un día Xoana comezou a búsqueda, ía polo bosque e mirou as
súas flores preferidas e cando ía coller unha...
-¡Para, é unha Venus Atrapamoscas! Díxolle María, a lontra. A onde vas Xoana?
-Vou buscar herba fresca.
-Eu vou ó río para pescar e ao outro lado do río hai herba fresca.
E
alá marcharon as dúas cara ó río. Despois dun largo tempo chegaron ó
seu destino. Alí, Xoana ía de pedra en pedra na busca da herba,
...¡Perdeu o equilibrio e caeu ó río!
-Non teñas medo, Xoana! Xa vou eu a salvarte! Berrou María nadando veloz ata a súa amiga.
Cando
conseguiu atrapala, sacouna do río, e ao ver que estaba con problemas
respiratorios fíxolle o boca a boca e, así, salvoulle a vida.
Este feito uniunas aínda máis e desde aquel día Xoana e María prometeron ser amigas para sempre.
Esteban Carballido Campo 5º AO Mar É Traizoeiro

Pasábano moi ben na praia día tras día. Pero unha mañá, a Xoán, surfeando, veulle unha onda moi grande e envolveuno de tal maneira que non era capaz de saír para a beira do mar.

O rapaz tragara moita auga e estaba moi nervioso. Uxía tentou tranquilizalo coas súas palabras de alento. Ao final, felizmente, todo quedou nun susto e cando chegaron ás súas casas puderon contarlle aos seus pais todo o que tiña acontecido.
Pablo Dopazo Lois 5º A
Que bonitos estan los cuentos y muy bien echos
ResponderEliminarme encantan los cuentos , bueno los dibujos increibles y el de Aida me encanta .Que los disfruteis igual que yo
ResponderEliminarSi teneis toda la razón los cuentos son chulísimos y los dibujos aun mas.
ResponderEliminar¡Cómo molan los cuentos!
ResponderEliminarque guay y que bonitas están genial,el cuento q mas me gusto la verdad fue la de Matilda y el de dieguo
ResponderEliminarPERO EN GENERAL ESTÁN TODAS MUY BIEN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
que guay y que bonitas están genial,el cuento q mas me gusto la verdad fue la de Matilda y el de dieguo
ResponderEliminarPERO EN GENERAL ESTÁN TODAS MUY BIEN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Gracias Juanma ya se todos los cuentos están muy chulos espero que te lo pases bien en el otro colegio.
ResponderEliminarestán los dibujos muy bonitos,me han gustado todos en general.
ResponderEliminarhola soy juanma desde el cojio a lomba desde el aula de informatica si tenemos una hora de informatica para usar el ordenador en libre (alternativa)
ResponderEliminar