viernes, 24 de octubre de 2014

Viaxe No Tempo: Castro Das Croas E Muíños Do Batán

Por fin onte realizamos a primeira saída deste curso. Marchamos en autobús ata Salcedo pra visitar O Castro das Croas e os Muíños do Batán. Era como un salto no tempo.
Nada máis chegar, como tiñamos que esperar polo monitor aproveitamos para merendar e como por alí hai algús castiñeiros dedicámonos a coller castañas e, claro, algús picáronse cos ourizos que estaban acugulados de castañas. Tamén fixemos unha foto do grupo para inmortalizar o evento.
Tamén atopamos unha píntega pequena toda negra e con puntiños amarelos. Todos queriamos vela e puxémonos ao seu redor... Seguro que a pobre saiu mareada de ver tantos humanos. Cando por fin chegou o guía, que se chamaba Rafa, explicounos a forma que tiñan as casas no Castro, onde era a lareira e sinalounos a zona onde se atoparon máis restos de cerámica. A que non sabiades que onde se atopan é porque alí era o lugar de tirar o lixo da casa?
Tamén nos falou da formidable muralla de case 2 metros e que rodeaba o Castro das Croas, para ser menos accesible para os atacantes.
Gustounos moito cando chegamos aos muíños do Batán e Rafa contounos como funcionaban movidos pola auga do rego que por alí pasa e así poder moer o millo antigamente.
O lugar é moi bonito coa auga a facer cascadas que é o que máis nos gusta. Algúns muíños están reconstruídos e outros non, pero as ruínas tamén nos encantaron.
 Despois demos unha volta por medio dun bosque para retornar ao castro, na entrada do cal vimos este magnífico cruceiro que ten unha rara inscripción.
Facía moito calor e o camiño estaba algo escorregadizo. Todos estabamos moi suorosos e tiñamos tanta sede que cando chegamos á escola case acabamos coa auga de todas as billas.
Diego Santiago Martínez, Sandra Rodríguez Torres e Nicole Dayana López Andrade 6º B
CLICAR AQUÍ PARA VER A RUTA EN WIKILOC 
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

2 comentarios: