martes, 27 de enero de 2015

Paseo Das Aguias De Lume Pola Prehistoria

Hoxe saímos da escola e fomos visitar o Centro da Arte Rupestre de Campolameiro. Alí demos un paseo para ir vendo diferentes petroglifos.
Este que vedes aquí é o que máis nos gustou, a chamada Laxe Dos Carballos. Como vedes destaca ese gran cervo cos seus cornos e que parece que está a rir. Pero tamén hai máis figuras gravadas na pedra.
 Todos estabamos moi atentos ao que nos contaban.
Outro petroglifo que visitamos chámase a Laxe das Forneiriñas.
E este outro é O Outeiro dos Cogoludos que presenta sobre todo elementos xeométricos.
Pero tamén ten elementos da natureza e de guerreiros.
Tamén nos gustou moito a visita ao poblado prehistórico alí reconstruído coas casiñas tal e como eran naquel tempo.
E así foi, probablemente, o primeiro muíño da Humanidade.
E así sería, tamén o primeiro hórreo de Galicia.
E o que máis nos encantou foi o taller de cerámica.
Alí todos tratamos de imitar aos nosos antepasados e intentamos facer unha peza con arxila.
Os resultados ao final foron moi variados pero nós pasámolo moi ben!
Agora cada un de nós temos esas pezas gardadas nunha caixa de zapatos, coma verdadeiros tesouros.
Ester Haxhijahja, Zaira E. Núñez Vidal e Nicolás Amissah 6º B
CLICAR AQUÍ Y VER LA RUTA EN WIKILOC
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA

5 comentarios:

  1. Me encantó esta excursión.

    ResponderEliminar
  2. A mí me encantó esta excursión !

    ResponderEliminar
  3. Me encantó la excursión. Fue una de las que más me gustó porque aprendí cosas de hace 4.000 años.

    ResponderEliminar
  4. Si, a mi tambien me encantó me pareció una excursión divertida.A mi lo que mas me gustó fue hacer la basija con cerámica pero también me gustó bastante ver las rocas porque tenían varios dibujos y eran expectaculares.

    ResponderEliminar
  5. A mi me ha encantado esta excursión sobre todo cuando hicimos la vasija con cerámica

    ResponderEliminar