sábado, 14 de febrero de 2015

O Noso Entroido Máis Divertido

O venres 13 de febreiro celebramos O Carnaval na escola. E o noso disfrace era de Científicos Tolos.
Algúns xa viñemos vestidos, peinados e maquillados da casa e era moi simpático vernos traballar así disfrazados.
Foi unha sesión de clase moi amena cos científicos e as científicas tolas tamén.
 A verdade que foi moi boa idea a deste disfrace.
Pero na clase tamén houbo un tempo para dar os últimos retoques o noso disfrace. A nosa profe Mary Carmen xa non era só unha profe, tamén era perruqueira e maquilladora.
E claro os pelos tiñan que estar moi eléctricos, as batas manchadas, e outras cousas disparatadas de científicos tolos.
Na hora do recreo tamén o pasamos ben, era raro vernos así con esas pintas. Pero botamos de menos o chocolate e os churros doutros anos... Ai...A crise...
Algo máis tarde xa era a hora de lucir os modeliños. Para iso, como estaba a chover, fomos ao pabillón. Alí desfilamos arredor da pista. ¡Foi moi divertido!
Tamén nos gustou moito mirar os disfracer dos outros cursos da escola. Houbo exploradores, marcianos, mergulladores do Nautilus, robots, mochileros, e ata astronautas!
E o mellor de todo foi a música e a festa despois do desfile.
E aínda que todos pensamos con pena que este esta o nos último Entroido na escola, ¡Foi o noso carnaval máis divertido! 
 Zaira Núñez Vidal, Ester Haxhijahja e Nicolás Amissah 6º B
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

1 comentario: