viernes, 10 de abril de 2015

Día Da Árbore E Da Poesía

No venres antes de Semana Santa, na escola celebramos o día da árbore e tamén o día da poesía.
Primeiro plantamos un prunus co alumnado de Educación Infantil.
Estaban todos espectantes a ver como Kedus e Nicholas facían todo o necesario.
Pero é que antes tocounos recitar os poemas que tiñamos inventado para este día.
E tamén nos dedicaron toda a súa atención.
Mais tarde tocoulle o turno a un bonito magnolio. E desta vez foron Marcos e Nicole os encargados das tarefas.
Custou un pouco que a árbore deixara o seu envoltorio, pero logo alí quedou para que todos disfrutemos dela.
Ah, e tamén houbo máis poemas que lemos con enorme ilusión ao pensar que este era o noso último día da poesía e da árbore na escola!
Aida Moreda Romero e Nicholas Amissah 6º B
CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DO DÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario