Na clase de Ciencias Sociais realizamos un mural colectivo sobre Os Climas da Terra, o noso Planeta.
Entre todos recopilamos moitas fotografías das paisaxes de cada clima ou variedade e plasmámolas neste mural.
Todos participamos activamente e gustounos tamén elaborar cada unha das letras para a información de cada apartado.
Houbo que traballar arreo! Pero faciámolo con moito agrado!
As letras coloreábanse e ilustrábanse con motivos alusivos ao clima do que se trataba e cando unha letra estaba rematada había unhas persoas encargadas de clasificalas e ir formando a palabra completa para logo colocala no lugar axeitado.
Xa dicimos que traballamos duramente, mais pensamos que o resultado pagou a pena e todo o mundo nos dicía que quedou moi vistoso. Non pensades vós o mesmo?
A nosa clase quedou preciosa¡. E para iso deunos tanto traballo¡
ResponderEliminar