Hoxe Estamos Aquí Para Deixarvos As Emocións
Da Nosa Despedida. (Clicade Na Foto E Xa Comeza A Emoción). ATA SEMPRE!!!
lunes, 26 de junio de 2017
domingo, 25 de junio de 2017
Ana Frank Y Su Diario
Hoy Os Dejamos Nuestras Visiones Sobre Ana Frank Y Su Diario. (Clicar en cada foto para que comience cada presentación).
viernes, 23 de junio de 2017
Que Pasa Coa Galiña Azul E "Despacito"
Hoxe deixámosvos os vídeos das nosas actuacións no festival de fin de curso.
Festa Do Deporte Na Escola 2017
Hoxe foi o día da festa do deporte na escola.
Chegamos ao pavillón e alá estabamos todos
como unha piña coa nosa capitana Nerea.
Tamén os do banquiño esperabamos confiados!
O primeiro deporte foi o baloncesto.
A continuación o floorball.
Como vedes xogamos con sticks como se fose
hockey.
Novamente o equipo arredor da nosa capitana
Nerea.
E os do banquiño igual de ilusionados!
E chegou o turno do balonmán onde o noso
porteiro Vicente tivo unha magnífica actuación.
E chegou a hora dun descansiño que
aproveitamos para ofrecer un espectáculo musical ao noso público.
Para bromear cos colegas.
E facer unhas fotos coa profe Marina que este
ano deixa a súa actividade docente.
E veña de novo para o pavillón. Uns a quentar
banquiño...
Pero sempre animosos sabendo que xa nos ía
tocar entrar.
Cando rematou todo recibimos as nosas
medallas.
Que trabamos con forza como fan os campións e campioas!
Unha lembranza do ben que xogamos e de que o
demos todo polo equipo!
Porque todos somos vencedores!
E un sorriso de satisfacción apareceu na nosa
cara.
En todos e cada un de nós!
Polo grande esforzo realizado!
Bravo equipo!
Sodes todos uns soles!
Xa na clase chegou a hora da despedida
final!
6º A 2016-17 sempre no corazón!

jueves, 22 de junio de 2017
Xuño 2017 O Noso Último Festival Na Escola
O día 21 de xuño foi o nos último festival de
fin de curso na escola.
Nós realizamos dúas actuacións: a primeira era
unha canción na que falabamos da Galiña Azul.
Realizámola acompañados do ritmo de vasos
pequenos e vasos grandes.
E a verdade é que tiñamos medo de que en algún
momento algún vaso saíse voando como pasaba nos ensaios.
Pero iso non sucedeu e a non perdémolo ritmo
en ningunha ocasión.
Ao público gustoulle moito porque era algo
novidoso que nunca se tiña feito.
Nós fomos os encargados de fechar o festival e
fíxémolo cun baile ao son de “Rapidiño”......
Non... Así non é... Verdade que xa sabedes de
que canción vos falamos?
Claro! É “Despacito” de Luis Fonsi.
O público ao escoitar o título comezou a berrar
entusiasmado.
E durante o baile estiveron cantando a canción
todo o tempo!
E a verdade é que os nosos compañeiros e compañeiras fixérono
moi ben!
Por estas dúas actuacións queremos dar as grazas
á nos profe Mary Carmen que estivo todos
os recreos a practica e a ensaiar connosco.
Era moi divertido polas risas que botamos cando
as cousas non saían de todo ben!
Pasámolo moi ben, así como tamén coas actuacións
dos outros cursos da escola.
Cando remataron as actuacións, entregáronse
agasallos ao alumnado que colaborou na biblioteca durante todo o curso e onde a
nosa clase tamén estivo moi ben representada.
Esqueciamos de dicir que a nosa clase foi a
encargada de presentar o festival.
E o certo é que Brais, Nerea e Noelia fixérono
moi ben e deixaron o pabillón moi alto!
Pois ata seguían as coreografías de todos os
participantes e animaban ao público!
Noelia, como sempre, demostrou ademais as sús
dotes de maquilladora!
Ah! E resulta que decidimos darlle unha
sorpresa á nosa profe Mary Carmen e alí mesmo no festival, diante de toda a
escola démoslle as grazas por estes dous anos marabillosos con ela.
Proxectamos un powerpoint coas razóns de por
que lle faciamos esa homenaxe.
E ofrecémoslle un agasallo... Mellor dito, un
non, foron catro.
E é que ela ben o merece!
E tamén lle deixamos varias mensaxes de cariño
no encerado da clase, para que nos lembre sempre!
Nardos Dueñas Ramallo, Xermán González Rivas, Álvaró
Durán Cortegoso e Amelia Garccía García 6º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)