O día 11 de maio desprazámonos ata o pazo da
Cultura para explorar unha divertida exposición.
Ao chegar recibíronnos unhas grandes letras
coa palabra Frato que é o nome artístico de Francesco Tonucci, o debuxante e
pedagogo italiano.
A nosa guía, Nuria, primeiro levounos a ver
uns debuxos, estilo cómics e foinos preguntando e explicando as imaxes que
neles había.
Son de Frato, Claro e amosan aspectos da
sociedade e do mundo dos nenos.
Interesounos moito coñecer obxectos, ilustracións, bonecos e outras cousas que Frato usou
ou aínda manipula na súa vida cotiá.
A continuación Nuria trasladounos a unha sala de mecánica
onde había expostas varias pezas dunha bicicleta.
Nuria preguntábanos se sabiamos para que servía cada unha delas. Álvaro
comezou a explicar todo, todiño... Como se el fose a bicicleta!!! E Nuria
quedou totalmente sorprendida de todo o que sabiamos!
O mellor foi que nos deixou un tempiño para
explorar pola nosa conta todo o que alí había.
Nun instante alá estabamos algúns de nós
subidos nas bicicletas de varios tamaños e pedaleando ritmicamente.
Mentres, outros inflaban rodas ou probaban os
timbres das bicicletas.
Ata houbo quen se atreveu a controlar a forza
dunha roda en movemento!
Estabamos todos tan activos e participativos
que Nuria plantexounos unha pregunta moi interesante: Seriades quen de construír
unha ponte só con madeiras, sen cementos nen parafusos?
Claro que SÍIIIII! Contestamos todos aceptando
o reto! E alá nos levaron a ver se podiamos demostralo!
Aínda estivemos un bo tempiño cavilando e
probando aquí e alí...
Pero ao final demos a ponte construída! Só
madeira e sen parafusos!
Deseguida dedicámonos a construír as
construcións saídas da nosa imaxinación.
Tiñamos pezas de distintos materiais cores e
tamaños.
E saían cousas moi diferentes pero sempre
interesantes.
Por último como remate da visita realizamos un
“Foro dos Nenos” onde tiñamos que ir expoñendo ideas para cambiar cousas do
cole e da escola.
Unha cousa que dixemos, e que deixou
asombradas ás monitoras foi: Que volten os libros!
Tamén nos preguntaron se mellorariamos algo do
noso cole, pero nós pensamos que o noso cole É INMELLORABLE!!!
Porque o mellor da escola somos nós os rapaces e rapazas!!!
Nardos Dueñas Ramallo, Lucía Sánchez Guerra,
Juan José Laverde Villa 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA EXPOSICIÓN
Que ben o pasamos!!! Encantoume a exposición e seguro que todos os meus compañeiros tamén o pasaron xenial.
ResponderEliminarQue bonito parece e que divertido pero ... que pena que no puidera estar ali.
ResponderEliminarA exposición foi moi bonita espero que vos tamén a vivirades
ResponderEliminar