O MELLOR IRMÁN DO MUNDO
Leandro é o meu irmán. Ten dezasete anos. É
alto e forte, mais moi delgado. Leva lentes e ten o pelo crecho.
Vai en segundo de bacharelato, estuda
moitísimo e está todo o día indo a clases particulares e estudando na súa
habitación. Aínda que lle gusta moito xogar co móbil e ver a televisión. As
súas series favoritas son the Big Bang theory e Rick and Morty.

É moi bromista menos cando se enfada porque
ninguén pode falar con el mentres está así.
É moi amable e nunca di que non á diversión
tanto cos seus amigos como el só.
A MIÑA IRMÁ
A miña irmá ten case dous anos. Vive en
Redondela co meu pai e é moi graciosa e risoña.
É baixiña, coma min, e ten un pouquiño de
barriga, pero tampouco moita. Os seus ollos son de cor castaño e de tamaño
mediano. A súa boca é enorme, cuns dentes brancos coma o leite, aínda que non os
teña todos.
A ela gústanlle todas as pelotas en xeral, xa
que cando ve unha, sae correndo a por ela. Tamén lle gusta ver no teléfono da
súa nai capítulos da antiga serie A CASA DE MICKEY MOUSE. Gústalle moitísimo
comer, aínda que ás veces que non come por calquera motivo, ameázana con que
non verá os episodios de Mickey Mouse, e entón come máis rápido ca unha bala.

A súa forma de ser é mimosa, coidadosa (co que
lle gusta), un pouquiño caprichosa, alegre e moi, moi risoña.
Eu quéroa moito, sempre lle dou bicos,
aloumiños, etc... É a mellor irmá do mundo.
O MELLOR CURMÁN
Xoel ten 3 anos. É o mellor curmán do mundo
porque é moi xoguetón. Tamén lle gusta moito o fútbol, as motos e tocar o
tambor. É moi tranquilo pero cando colles unha cousa que a el lle gusta aínda
que non a teña pónseche a gritar, a pegar e a chorar para que lla deas.
Cando é Semana Santa, meus tíos, miñas curmás
e eu imos nunha confraría e cando están ensaiando el vai detrás co seu tambor.

A meus pais e a meus tíos parécelles un traste
pero a min non; a miña curmá Laura e eu pensamos que é moi bo.
Laura e eu somos as curmás preferidas de Xoel
porque sempre está a chamar por nós, e cando por fin está con nós, está moi
feliz.
¡Gústame moito xogar co meu curmán pequeno!
Lucía Cancela Rodríguez 6º A
A MIÑA NAI

A ela encántalle a roupa colorida e conxuntala sempre cunha chaqueta vaqueira. Tamén lle gustan os vestidos, sempre que os leve sen medias, odia as medias.
Polo seu carácter diría que está de todos os humores: anoxada, alegre, cansa, divertida, aburrida... Esta nai para facer a comida é incrible, porque se hai tempo para preparala, sempre está boísima, senón, outras veces, pode facela un pouco crúa.
ESTA SÍ QUE É UNHA NAI!
Yanira García García 6º A
Yanira García García 6º A
O Meu Youtuber Preferido
Non tardei nin un intre en saber a quen
escoitaba: Ao meu youtuber preferido Vegetta 777, porque ninguén comenta, ri,
fala rápido e actúa como Vegetta. Aquel día Vegetta non levaba o pelo marrón
tan longo porque fora á perruquería, e da barba, fuf ningún pelo!
Levaba un conxunto da súa cor preferida, morado, e co seu logo,
na chaqueta.
Levaba un conxunto da súa cor preferida, morado, e co seu logo,
na chaqueta.


Mauro Lago Nogueira 6º A
Miña Nai

Á miña nai gústalle moito cantar, pero cando a
escoitas, danche ganas de cortar as orellas.
Adoitamos ver películas de amor e as dúas
acabamos chorando sempre.
Acostuma ter moi, moi, moi mal carácter, por iso,
neses casos, o mellor é deixala soa coas súas pipas Tijuana.

Así é a miña nai e teño moita sorte de tela.
Alejandra Sueiro Lima 6º A
A MIÑA TÍA AVOA

Ela viste moi formal, nunca pon roupa de moda.
É sorrinte, tranquila, amable e lista como
unha formiga.
Ela sempre foi moi boa persoa. Estudou
formación profesional administrativo e durou 48 anos facendo ese traballo no
hospital en Montecelo. Sempre tivo moi boas compañeiras, e uns xefes que sempre
a axudaron. Ela xubilouse este ano e está moi contenta de poder disfrutar a súa
vida ao máximo.
A ela gustaríalle ir a vivir a Santiago porque aí naceu, medrou e coñeceu ao seu marido.
Encántalle facer cousas, non é capaz de estar
nin un momento sen facer algo.
A miña nai sempre conta con ela para calquera
cousa por que sempre a apoiou.
Eu quéroa moitísimo e sempre contarei con ela
para calquera cousa.
Mercedes Barragáns Padín 6º A
A min encántame chegar ao instituto e ver o
meu irmán Esteban. Esteban ten 14 anos aínda que non o pareza. Cando o vexo
encántame ver os seus ollos marróns e o seu pelo castaño escuro coma o tronco
dunha árbore.
A súa roupa é sensacional cunha camisa coma
rosa vermella e uns pantalóns curtos e vaqueiros coma o océano. Cando iamos á
praia, non paraba de coller un montón de moreno. Aínda que pareza pequeno, cando
se enfada, é malo.

¡¡¡¡IRMÁN!!!!
Irene Torres González 6º A
A miña nai chámase Beatriz, pero eu, como a
quero moitísimo, chámoa mami ou mamá.
A miña nai ten un traballo que consiste en
revisar os ascensores que reparan os seus compañeiros.
A ela non lle gusta ter que castigarnos e
enfadarse comigo e o meu irmán pero algunha vez, se nos portamos mal, entón
enfádase e castíganos.

Eu quero moito a miña nai porque me axuda no
bo e no malo, e, porque perde tempo das súas cousas para axudarnos a min e a
meu irmán.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A
UNHA AMIGA ESPECIAL
Mercedes é unha nena baixa e coa pel morena. Ten
o pelo de cor marrón como as castañas e curto. Os seus ollos son verdes, por
certo, moi bonitos, e o nariz pequeno.
Mercedes é moi simpática, cariñosa e extravertida.
Tamén é unha nena que cando a coñeces, dáste conta que pode chegar a ser moi
importante para ti. É moi graciosa, de feito, no recreo pasámolo pipa xogando
xuntas.
Unha das cousas que máis me gusta dela, é que
ten moita personalidade e cando estou ao seu lado síntome segura porque sempre
me defende.
Para min é unha das persoas máis importantes.
Sara Fontán Cacheda 6º A
Miña nai, Carmina non é unha muller perfecta
para os demais pero para min sí. É recheíña e morena, ten os ollos e a boca
grandes. Tamén ten media melena e mide un metro cincuenta e oito centímetros. Ademais
ten unha voz moi grave, e parece que sempre nos está a berrar.
Gústalle poñerse roupa diferente aos demais e
leva tacóns porque cando leva zapato plano dóelle a columna.
Miña nai é unha persoa á que lle gusta moito
facer novos amigos, polo que podemos dicir que ten un carácter alegre, aínda
que ás veces é moi estrita.

Para min é a mellor do mundo, non hai unha
igual.
Brais García Rey 6º A
A IRMÁ DE OURO
Miña irmá chámase Noelia. É alta e forte coma
un carballo e intelixente coma un elefante. Cos ollos marrón-verdosos coma as
follas das árbores no outono, é delgada e bela coma un cisne. Leva o pelo longo
coma un león.
Cando se enfada dáme medo pero se eu tamén
estou enfadado, tiro os meus medos pola ventá e encárome, aínda que me saque
cinco anos e unha cabeza de altura.
Pero tamén a quero moito, pase o que pase, segue
sendo miña irmá, e aínda que haxa peleíñas non a deixarei de querer.

Á maioría dos meus amigos cáelles ben, pero se
falan mal dela polas costas e me entero, sempre a defendo. Pero se mo din á
cara podería entendelos, porque non se lle pode caer ben a todo o mundo. A
diferenza de opinións pode entenderse sempre que sexa dando a cara.
Breixo Fentanes Gago 6º A
Álvaro García é o meu mellor amigo. Álvaro é
unha persoa moi intelixente, de feito, está en segundo da ESO. É un rapaz moi
forte e moi amable cos demais. Ten o pelo marrón e os ollos azuis.
Practica balonmán, baloncesto e piragüismo.
Encántalle xogar ó brilé e non é moi fan da miña quenlla Willi, xa que un día
mordeulle o dedo xogando.
El é moreno e sempre ven á miña casa en verán
para ir á praia e xogar na Seca ao baloncesto e ao fútbol.
A súa comida favorita son os xurelos.
Eu, persoalmente, penso que é moi boa persoa e
que non se cree superior aos demais, coma outros rapaces que eu coñezo.
Javier Fernández González 6º A