No noso colexio temos unha biblioteca
preciosa.
O outro día a primeira hora baixamos ata alí
para coñecer o proxecto deste ano: A Biblioteca dos Artistas, do que xa vos
iremos falando.
Piquín, a Mascota da Biblioteca, estaba para
darnos a benvida, claro!
Alí lembramos todo o necesario para un bo
funcionamento.
Tamén que nela podemos facer outras cousas
ademais de ler. Como xogar ao xadrez, consultar información nos ordenadores e
nas enciclopedias,...
De seguido ollamos unha curta preciosa que nos
gustou a todos moito. A continuación puidemos curiosear todo o que por alí había.
Interesáronnos todas as seccións e sobre todo
a de novidades...
Con moitas cousas que ver e aprender!
Había quen estaba moi concentrado na
lectura...
Quen quedou moi intrigado polos temas dos
libros...
E quen buscaba avidamente nos andeis...
Había quen lía de xeito individual.
De dous en dous...
De tres en tres, ...
Xa sexa sentados...
Ou tamén de pé...
É magnífico ter tantos libros na nosa
biblioteca á nosa disposición!
Lucía Cancela Rodríguez e Mercedes Barragáns
Padín 6º ACLICAR AQUÍ E VER TODAS FOTOS DA VISITA
Todo muy bonito e interesante dan ganas de ir
ResponderEliminar