Cada
Persoa
Cada persoa é diferente,
e se non o soportas, méteo na mente.
Cada persoa é como é,
Cada persoa quérese a si mesmo,
e se non che gusta, fai turismo.
Cada persoa é dunha maneira,
e se non o respectas,
dá un paseo pola feira.
dá un paseo pola feira.
Cada persoa é un mundo distinto
ti, fai o que queiras,
o que che salga do instinto.
Sara
Fontán Cacheda 6ºA
Dende Que Me Deixaches
Eu choraba,
e o vento batía contra as ventás.
Porque ti non estás.
Dende que me deixaches
vivo en penumbra,
nunha zona escura
do barrio da amargura.
Estráñote moito,
son incapaz de vivir sen ti
e sen sequera un biscoito…
Se non estás comigo
non quero vivir.
Temporal
O vento sopra,
as follas voan,
con mal tempo
Cando
camiñaba ao lado do porto,
vía como se
movían as ondas.
Os paxaros
voaban nas estradas.
O vento
parou,
pero sigo
tendo frío
ata que por
fin sae o sol sorrindo.
Irene Torres González 6º A
Os
Sentimentos
Tremen os carballos,
repenica o río...
non vivo, non vivo.
Pequeniño, pequeniño,
así me sinto eu
sen ti, pequeniño...
Voan as pombiñas
polos vidueiros,
faltáchesme ti,
perdín o contento.
Alfonso A. García Carmuega 6º A
Música
O meu can xoguetón
cando os paxaros
cantan ao tempo.
As ondas do mar
chocan coas rochas
mentres que o sol
dirixe unha banda
con musica feita
pola natureza
e cantada pola abella.
Lucía Cancela Rodríguez 6º A
Soíño Coma Sempre
Eu hoxe estaba só.
Mirando pola ventá,
só e sen falar.
Vendo unha onda
quedei abraiado.
De súpeto,
un vento rozou a miña cara.
Máis que rápido
aos paxaros arrasaba.
O sol alumeaba
o ceo na miña cara.
Chegou de súpeto a noite,
o sol desaparecía
porque lle tocaba á lúa.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A
Os poemas son moi bonitos, gustoume moito o guif do poema de Lucía.
ResponderEliminarEu tamen penso que os pemas so moi bonitos pero a mi gustaronme moito todos os guifs e todos os poemas
ResponderEliminarEu tamen penso que os poemas so moi bonitos pero a mi gustaronme moito todos os guifs e todos os poemas
ResponderEliminarFermosísimos todos os poemas encantóume o de Sara e tamén os demáis!
ResponderEliminarMe gusta ;)
ResponderEliminarMe encantan todos los poemas.
ResponderEliminar