viernes, 13 de abril de 2018

De Pescadas E De Untos

A Sopa Cambia Tempos
Daquela, nese verán eu aínda era un rapaz folgazán, pero intelixente.
Cando meu irmán naceu, nese preciso intre el e eu sabiamos, que cando Adrián o aprendera a falar estariamos nunha competición para ver quen  era o mellor.
Un día de verán meu irmán queixouse porque facía demasiado calor. Eu aposteime a miña mellor lambetada a que se eu facía unha sopa e a probaba empezarían a caer raios.
- Xa, xa, xa veremos- dixo el.
Eu púxenme mans á obra, fervín a auga e boteille: bosta de baca, pescada da parte escura da neveira, unto cru de porco, fígado de polo e unha botella de vinagre e moitas porcalladas máis. A verdade, mentres facía esta “ sopa” sentíame un bruxo endemoniado.   
- Xa está!!!!- exclamei.
Meu irmán veu e probou a sopa... A súa expresión deume a vitoria.
-Sabe a raios!!!
Mauro Lago Nogueira 6º A

Todo Moi Diferente Daquela
Un día, miña nai comezou a contar cousas daquela, cando ela tiña máis ou menos a miña idade e, a min, resultábame do máis interesante.
O que máis me chamaba a atención era cando tocaba cociñar. Eu case non axudo cando toca face-la tarefa porque son un pouco folgazana.
Miña nai dicíame que cando seus pais tiveran un día malo se non axudabas, ás veces nin comías.
-Pero, isto é verdade?- preguntáballe eu.
-Claro que si! -contestábame.
Tamén lle mandaban comer de todo: pescada, unto, verduras... cousas que, a min por exemplo, non me gustan e se non as como, non pasa nada, pero se eles deixaban aínda que sexa a metade non se levantaban da mesa ata que o prato estivera baleiro.
Se eu estivera nese momento, non sabería como sobrevivir. 
Ela seguíame contando e contando cousas dese tipo... Pero eu creo que agora xa non é así, verdade?
Sara Fontán Cacheda 6º A

A Nena Pantasma
Eu daquela non cría nas pantasmas...
Era unha cálida mañá, eu xogaba tranquila, ata que a miña nai berrou:
-¡Filla díxenche que limparas a túa habitación! En serio, máis folgazana non podes ser! 
Eu, asustada polo berro, empecei a limpar a habitación. Nun momento vin algo moi estraño, era algo que flotaba, estaba moi pálido. Cando o mirei máis de cerca vin uns ollos negros coma a noite, que me miraban fixamente.
Eu, asustada, corrín berrando:
-¡Ahhh!¡Unha pantasma!
-Pásache algo? Preguntou miña nai.
- Hai unha pantasma na miña habitación- dixen eu aterrorizada.
A miña nai intentou tranquilizarme dicindo:     
- As pantasmas non son reais filla, agora senta na mesa que imos comer pescada.
Eu... comín... Pero agora polas noites teño medo e parezo un unto, sen descansar.
Irene Torres González 6º A

Cando Era Neno
Gustábame moito ser un bebé!
Daquela non tiña que preocuparme por nada e facía o folgazán todo a día sen que me rifaran.
Podía comer o que quixera pero... agora teño que comer a pescada que prepara miña nai sí ou sí.
Unha vez, cando era pequeno, unteime de manteiga e os meus pais volvéronse tolos limpando os estropicios que fixen por toda a casa.
Eu ríame sen comprender que pasaba pero é que, daquela, todo me facía graza.
Javier López Fernández 6º A

Carla
Xa sei, todos os relatos empezan con: érase unha vez, pero este relato non.
Era una mañá moi calorosa e Carla, a nosa protagonista, espertouse para ir á escola, levantouse da cama e dixo:
-¡Hoxe teño que chegar moi puntual, xa que teño unha saída.
Baixou as escaleiras, foi almorzar, e a súa nai dixo:
-Carla, come devagar que ninguén cho quita!
Carla doulle un bico á súa nai e esfumouse pola porta.
Na saída ían ver cousas sobre animais. Daquela só tiña oito anos, entón preguntaron: Alguén sabería dicir que é o unto?
-Xa sei, é unha graxa que rodea os intestinos dos porcos, dixo Carla.
Cando volveran da saída, Carla foi á súa casa comer.¡Tiñan para comer, pescada!
-Non me gusta!- Exclamou Carla
Entón subiu ao seu cuarto durmir a sesta.
E a súa nai dixo:
-Baixa xa, folgazana!
Mercedes Barragáns Padín 6º A

Amigos Diferentes
Hai moito tempo, nun lugar moi lonxano, nun pobo cuxo nome non quero lembrar, vivía un neno que sempre quería axudar a todos e outro que era o máis folgazán de todos os do pobo.
Daquela non había teles, consolas nin nada, só tiñan xogos de mesa e cousas así. Un día Brais, que era o mais traballador de todos, preguntoulle a Breixo o máis folgazán:
-Breixo por qué nunca fas nada?
-Porque odio traballar -respondeu Breixo.
-Eu creo que é mellor que fagas algo como por exemplo ir de pesca.
Entón Breixo aceptou e foron de pesca. Pasaron varias horas e...
-Unha pescada, unha pescada! -gritou Brais.       
Despois da experiencia, como lle gustou, Breixo aceptou traballar un pouco máis.
Lucía Cancela Rodríguez 6ºA

Sorpresa
Hoxe 28 de novembro é o meu aniversario, e teño moitos deberes. Eu non quería facelos...
-Fai os deberes folgazán, ou na comida comes pescada! - díxome miña nai.
Daquela, fixen os deberes pero ao final tamén tomei pescada e un pouco de unto.
- Non teño fame! Exclamei. Pero en realidade si tiña fame.
Na merenda a miña nai desaparecera, eu non sei onde fora, ao 5º pino, seguro, pensaba eu!
De repente apareceu e con ela toda a miña familia.
- ¡SORPRESA! Berraron todos.
Eu, coma unha formiga, asusteime de ver tanta xente ao meu redor. E por riba a miña nai ríndose do susto que me pegou a miña familia.
Despois a miña curmán chegou coa torta e todos comezaron a cantar o feliz aniversario.
A torta era de conguitos e papouse toda.
Despois viñeron os agasallos e o que máis me gustou foi o da miña nai, e foi a Play3 co Fifa 2016.
Eu chorei... e... despois... xoguei á Play. 
Pedro Carmuega Salazar 6º A

Pescada Con Unto   
Onte, ía unha pescada polo río e encontrouse ao seu amigo o linguado. 
-Sabes o que descubrín hoxe?-preguntoulle a pescada-. 
-Non, non o sei. 
-Descubrín que algúns animais teñen unha graxa ao redor do intestino chamada unto. Por suposto, eu non teño iso.

Daquela, iso pensaba a pescada, pero uns anos despois (cando xa era un pouco folgazana) ao facerse unha radiografía, viu que tiña o unto. 
Protestoulle á doutora porque dicía que as pescadas non tiñan unto e a doutora díxolle que todas as pescadas tiñan algo de unto.
Yago Amoedo Martínez 6ºA

2 comentarios:

  1. As historias son moi orixinais.

    ResponderEliminar
  2. Encantan me todas pero sobre todo a que mais destaca e a de Lucía

    ResponderEliminar