martes, 22 de mayo de 2018

Celebrar Sen Nada Nos Petos Nin Nas Mans

Certa mañá ás nove baixamos ao ximnasio para facer unha actividade moi divertida e ao mesmo tempo entretida. 
Unha moza chamada Chus contounos que un dia atopou un home maior que lle dixo que a xente de agora non sabe festexar e xogar sen ter nada nos petos nin nas mans.
Ela propúxonos intentalo e nós claramente respondemos si moi decididos. Primeiro xogamos a correr dunha casa a outra cando ela gritaba ¡Ei Carballeira! Cando corriamos a outra casa, un neno tiña que tocarnos para atrapar a todos os que faltaban.
Logo puxémonos nunha roda e tiñamos que cantar unha serie de instrumentos musicais para formar unha orquestra.
Cada un de nós dixemos un instrumento distinto ata que todos tivemos un instrumento. Ao comezo tiñamos moita vergoña pero despois xa nos soltamos algo máis.
Máis tarde Chus díxonos un xogo que consistía en que cada un de nós tiña que coller unha parella e poñernos en roda e tocoulle á nosa profe Mary Carmen no centro. 
Cando ela cantaba tiñamos que xirar ao redor do que estaba no centro e tiñamos que facerlle cóxegas.
Nunha parte específica da canción tiñamos que coller as nosas parellas e bailar agarrados e o do medio tiña que ir a unha parella e roubala.
Ao final do xogo,  a monitora,  deixounos uns carteis de madeira que tiñan escrito palabras coas que tiñamos que compoñer unha frase en pouco tempo.
Conseguímolo  e esta era a mensaxe: Nós somos capaces de festexar sen ter nada nos petos nin nas mans.
 Lucía Cancela Rodríguez,  Breixo Fentanes Gago e Yanira García García 6º A

2 comentarios: