lunes, 11 de febrero de 2013

Poemas De Carnaval

Hola amigos y lectores del Blog de As Aguias De Lume, soy Isabel y yo he elegido un poema de Rubén Darío sobre El Carnaval:
CLICAR EN LA FOTO Y COMENZARÁ:

 Yo soy Nico y os dejo esta canción del carnaval. a ver si os gusta.
HACED CLIC SOBRE LA FOTO PARA QUE EMPIECE:

Hola, Yo soy Dalila y también me gustó el poema de Rubén Darío.
CLICAD EN LA FOTO PARA VER LA PRESENTACIÓN:

Refráns Sobre O Entroido

Ola, eu son Laura e quero vos deixar unha presentación con algúns refráns sobre O Entroido.
CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN:

Ola, eu son Eduardo e estes son os refráns que vos deixo sobre o Entroido.
CLICADE NA FOTO PARA VELOS:

sábado, 9 de febrero de 2013

O Noso Último Entroido Na escola

Onte, venres 8 de febreiro, cando baixamos dos autobuses, fomos direitiños ao comedor. E é que onte todos chegamos cargados con saborosos postres para despois poder vender na festa do entroido.
Alí atopámonos case todos e como estabamos disfrazados, había algúns, moi ben caracterizados do seu personaxe, aos que non recoñeciamos.
Ao chegar á clase xa nos fixamos un pouco máis e tamén puidemos descubrir o disfrace da nosa profe Mary Carmen, que era toda unha sorpresa: Estaba guapísima de "chica Ferrari"!!!!
E ao ser carnaval, tocou sesión de perruquería e a profe, ao nos peitear para poñernos "pelos de tolos" ás veces, tirábanos moito do pelo e doíanos!!!!... Pero é que para presumir, hai que sufrir...
Tamén houbo sesión de maquillaxe e despois diso sí que xa non nos recoñeciamos nin a nós mesmos!!!!
Tamén pasamos pola sesión de pousado fotográfico e Xa por fin chegou a hora de baixar ao patio!!!!
Este ano tocounos a nós, baixar o noso galo Vilaverdiño ata a pista. Joel, Antón e Juan non deixaron que Vilacverdiño caíse polas escaleiras, e o galo chegou con todas as plumas intactas!!! Foi moi divertido chegar ao son da música Hasta onde estaba todo o mundo esperando para recibir a Vilaverdiño. e cando comezou o desfile, desde 3 anos ata 5º lembrámonos de cando nós eramos pequenos, e estabamos moi emocionados...
Pero xa logo comezou a sonar a nosa música co seu pegadizo  "Oppan Gangnam Style"... todos quedaron sorprendidos a á vez moi contentos ao mirar que comenzabamos a bailar!!!!
A continuación Nico, Laura e Aldara enxuiciaron a Vilaverdiño, que resultou culpado por todas as súas falcatruadas ao longo do ano.
E despois disto chegou o momento que moitos de nós estabamos esperando: a venda de todo aquilo que as nosas nais e avoas prepararon: Ricas gilloas, deliciosas orellas, saborosos biscoitos,... Aquí colaboramos todos ante tal avalancha de persoas que querían comprar de todo!!!! E tanto os que vendíamos os productos, refrescos ou tiques, e tamén os que subían e baixaban para repoñer o que ía faltando acabamos esgotados!!!!
Ao final, a nosa profe Mary Carmen dounos uns anacos de biscoito, que foi o único que sobrou... A aquelas horas e despois de tanto traballo, sóubonos a gloria!!!!
E xa chegaba o momento de queiar a Vilaverdiño. Alí estaban Javi, Tomás e Eduardo que colaboraron para prender lume nas plumas coloridas do noso galo pillabán. Todo ardeu rapidamente e as cinzas chegábannos ata as orellas... 
Xa por último, xuntámonos na pista, sacamos máis fotos, e como non, démonos varias apertas!!!!
Un día moi emocionante con momentos extraordinarios que quedará sempre na nosas mentes e no noso corazón!!! O Noso Último Entroido Na Escola!!!!!!!!!!!!!!!!!
Isabel Recarey Benito e Nicolás Regueira Piquenque 6º B
Aquí deixamos todas as fotos da Festa Do Entroido  
CLICADE NAS FOTOS PARA AGRANDALAS

martes, 5 de febrero de 2013

Cualidades Galegas Nos Nosos Nomes

Outra vez máis queremos contarvos o que facemos durante o trimestre. 
Ademais de todo o que xa temos publicado sobre o día da paz, a profe Mary Carmen, para Lingua Galega, mandounos escoller as nosas cualidades boas, coas letras dos nosos nomes.
Cada un escolleu unhas cualidades para o seu nome e as letras iniciais eran as que tiñan que destacar, case todas as letras estaban estupendas e moi orixinais.
Tamén tivemos que facer un mural para confeccionar unha especie de dicionario entre toda a escola. As letras que nos tocaron a nós, foron N, Ñ e O. e a verdade é que nos quedou moi chulo!
Á profe de Inglés lle gustou a idea, e mandounos facer a mesma actividade en grupos ou en individual, pero o problema era que esta vez tiñamolo que facer en inglés.
Despois colocámolos polas paredes da clase e adornámolos con sorrisos!
Esperamos que vos gusten os nosos murais!!
Laura García García, Sandra Quiroga Fortes e Nicolás Regueira Piquenque 6ºB.
AQUÍ PODEDES VER TODAS AS FOTOS DAS CUALIDADES. CLICADE SOBRE AS FOTOS PARA AMPLIAR 

jueves, 31 de enero de 2013

O Noso Día Da Paz

E agora queremos deixarvos máis elaboracións entorno ao día da paz na escola: os nosos poemas e os nosos debuxos.

O Noso Día Da Paz
Todos os días moito xogamos
pero tamén estudamos!!!                                        
Intentamos non loitar                                 
para a Paz non olvidar.

No mundo témonos que acordar
da nosa fabulosa bondade
e deixar atrás a nosa mala crueldade.

Moito queremos dar
para á Terra axudar.
E tamén queremos doar
os nosos xoguetes sen utilizar.

Os nenos teñen fame
e non saben que comer.
E nós temos que solucionalo
para que eles poidan crecer.

Axúdanos a colaborar co noso planeta
para que todo o mundo sexa feliz!!!
Laura García García 6ºB

Ei, Paz!
Ei, Paz!                             
ti nos deches
un tesouro
chamado liberdade.

Ademais diso
déchesnos
a tranquilidade
e deixáchesnos vivir.

Se ti non estás
a vida
non pode ser vivida
ou disfrutada.

Sen a liberdade
ou a tranquilidade
só se oen
un montón de prantos.

A guerra, o teu
contrario, Paz,
só é divertida                                        
para os que non
a teñen vivido.

E por iso
o teu nome
é o nome de
todo o mellor:
PAZ.
Eduardo Lores Baamonde 6ºB

 




miércoles, 30 de enero de 2013

O Día Da Paz Na Escola

Como xa dixemos hoxe celébrase en todo o Mundo O Día da Paz e da non violencia, coincidindo co aniversario da morte do líder pacifista Mahatma Gandhi.
E na escola tamén o celebramos. Levabamos xa un tempiño a traballar este tema pero hoxe foi o gran día.
Todo comezou ó chegar á clase, onde a profe Mª Carmen, primeiro nos ensinou a facer unha mensaxe en forma de corazón no que máis tarde tiñamos que escribir as cualidades positivas de un amigo de clase.
Foi a sorte quen elexiu a que persona lle tiñamos que enviar a mensaxe. Ao final prendemos as mensaxes no lado do corazón e baixamos con elas ao patio para festexar a Paz Todos xuntos.
A profe Mary, tamén elixiu as persoas encargadas de levar os rapaces e rapazas dos outros cursos, ó patio, para celebrar o día da Paz.
Os de 5º e 6º cantamos e tocamos, e máis tarde tamén bailamos ao son da canción de Macaco: "Love is The Only Way". ¡¡¡Foi divertidísimo!!!
Tamén temos que dicir que votamos moitísimo de menor ao noso amigo Aarón, que nos momentos en que nos estabamos a divertir el estaba sendo operado de un xeonllo!
Ánimo AArón!!! Recupérate pronto!!! Un abrazo de toda a clase! 
Sara Mirón Caldas, Eduardo Lores Baamonde e Uxía Villanueva Bermúdez 6ºB 
E esta é a canción:
CLICADE NAS FOTOS PARA AMPLIAR:

O Día Da Paz

E hoxe en todo o Mundo celébrase o día da PAZ e da non violencia. Aquí vos deixamos unha presntación feita por Aldara.
CLICADE NA IMAXE PARA COMEZAR A PRESENTACIÓN
Aldara Fernández Fernández 6º B

jueves, 24 de enero de 2013

Experimentando Cos Volcáns

Neste novo tema de Coñecemento Do Medio estivemos estudando a enerxía do centro da Terra.
Unha das súas saídas ao exterior son os volcáns. A través deles saen ao exterior as rochas fundidas do centro da Terra en forma de magma.
Ilustramos as novas ideas realizando diferentes debuxos coas partes dun volcán.
Algúns  fixéronos en 3D, e mesmo houbo dous volcáns que erupcionaron: Os de Aldara e Tomás.
Fomos ao laboratorio e alí tiveron lugar as erupcións, controladas, iso sí... E foron posible, todo hai que dicilo, grazas ao bicarbonato e ao vinagre... ¡Foi impresionante!
Eduardo Lores Baamonde, Andrea Novoa Martínez 6ºB
Este é o vídeo coas imaxes da erupción dos volcáns:
CLICADE NAS FOTOS PARA VELAS A TAMAÑO COMPLETO:


martes, 22 de enero de 2013

A Fada Do Saco Verde

Ola, eu son Antón e déixovos un conto:
A Fada Do Saco Verde. Espero que vos guste!
CLICADE NA FOTO PARA QUE COMECE O CONTO:
 Antón Freire Barcia 6º B

sábado, 12 de enero de 2013

Celanova Un Vento Ten

Eu son Joel e espero que vos guste a presentación que vos deixo sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro "Cántiga pra durmir un neno".
CLICADE NA FOTO PARA QUE COMECE:
Joel Fernández Moreira 6º B

Celanova Ten Un Vento

E continuamos a contarvos sobre celso Emilio Ferreiro.
Eu son Nico e aquí vos deixo o meu traballo:
CLICADE NA FOTO PARA COMEZAR A VER
Nicolás Regueira Piquenque 6º B

jueves, 10 de enero de 2013

Cántiga Pra Durmir Un Neno

Ola, eu son Uxía e quero deixarvos un poema de Celso Emilio Ferreiro: Cántiga Pra Durmir Un Neno.

CLICADE SOBRE A FOTO PARA COMEZAR O POEMA:
Uxía Villanueva Bermúdez 6º B