sábado, 9 de febrero de 2013

O Noso Último Entroido Na escola

Onte, venres 8 de febreiro, cando baixamos dos autobuses, fomos direitiños ao comedor. E é que onte todos chegamos cargados con saborosos postres para despois poder vender na festa do entroido.
Alí atopámonos case todos e como estabamos disfrazados, había algúns, moi ben caracterizados do seu personaxe, aos que non recoñeciamos.
Ao chegar á clase xa nos fixamos un pouco máis e tamén puidemos descubrir o disfrace da nosa profe Mary Carmen, que era toda unha sorpresa: Estaba guapísima de "chica Ferrari"!!!!
E ao ser carnaval, tocou sesión de perruquería e a profe, ao nos peitear para poñernos "pelos de tolos" ás veces, tirábanos moito do pelo e doíanos!!!!... Pero é que para presumir, hai que sufrir...
Tamén houbo sesión de maquillaxe e despois diso sí que xa non nos recoñeciamos nin a nós mesmos!!!!
Tamén pasamos pola sesión de pousado fotográfico e Xa por fin chegou a hora de baixar ao patio!!!!
Este ano tocounos a nós, baixar o noso galo Vilaverdiño ata a pista. Joel, Antón e Juan non deixaron que Vilacverdiño caíse polas escaleiras, e o galo chegou con todas as plumas intactas!!! Foi moi divertido chegar ao son da música Hasta onde estaba todo o mundo esperando para recibir a Vilaverdiño. e cando comezou o desfile, desde 3 anos ata 5º lembrámonos de cando nós eramos pequenos, e estabamos moi emocionados...
Pero xa logo comezou a sonar a nosa música co seu pegadizo  "Oppan Gangnam Style"... todos quedaron sorprendidos a á vez moi contentos ao mirar que comenzabamos a bailar!!!!
A continuación Nico, Laura e Aldara enxuiciaron a Vilaverdiño, que resultou culpado por todas as súas falcatruadas ao longo do ano.
E despois disto chegou o momento que moitos de nós estabamos esperando: a venda de todo aquilo que as nosas nais e avoas prepararon: Ricas gilloas, deliciosas orellas, saborosos biscoitos,... Aquí colaboramos todos ante tal avalancha de persoas que querían comprar de todo!!!! E tanto os que vendíamos os productos, refrescos ou tiques, e tamén os que subían e baixaban para repoñer o que ía faltando acabamos esgotados!!!!
Ao final, a nosa profe Mary Carmen dounos uns anacos de biscoito, que foi o único que sobrou... A aquelas horas e despois de tanto traballo, sóubonos a gloria!!!!
E xa chegaba o momento de queiar a Vilaverdiño. Alí estaban Javi, Tomás e Eduardo que colaboraron para prender lume nas plumas coloridas do noso galo pillabán. Todo ardeu rapidamente e as cinzas chegábannos ata as orellas... 
Xa por último, xuntámonos na pista, sacamos máis fotos, e como non, démonos varias apertas!!!!
Un día moi emocionante con momentos extraordinarios que quedará sempre na nosas mentes e no noso corazón!!! O Noso Último Entroido Na Escola!!!!!!!!!!!!!!!!!
Isabel Recarey Benito e Nicolás Regueira Piquenque 6º B
Aquí deixamos todas as fotos da Festa Do Entroido  
CLICADE NAS FOTOS PARA AGRANDALAS

7 comentarios:

  1. Menudo día...!! O baile saiunos de dez!! O malo e que foi o ultimo entroido na escola...

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Encantoume o estroido na escola e o baile saliunos xenial.

    ResponderEliminar
  4. O baile saiunos de 10, pero tamén vender, queimar o galo e baixalo, facer o seu testamento... Foi un día inolvidable, paseino de 10 é todo un recordo.

    ResponderEliminar
  5. No baile vou admitir que estaba nerviosísima, non podía crer que chegara o momento!!!
    E nun instante... PUM!!! Xa se terminara todo. A min ocorreume todo rapidísimo.
    O vernos bailar o "oppa cande style" partíame de risa!!!
    Foi un día xenial!!! O noso mellor Entroido, que seguro, recordaremos sempre.
    Non vos distraio máis!!!
    ABURIÑO!!! ;-)

    ResponderEliminar
  6. Fue un día espectacular nunca lo olvidare :-)
    Y el baile no salió de 10 salió de 1000!!

    ResponderEliminar
  7. Lo pasé genial para mi ese momento no lo olvidare y en el baile lo pasé muy bien.Las orejas,filloas,bizcocho...estubo muy rico.Estoy pachucha pero solo pensar en ese dia me siento mucho mejor.

    ResponderEliminar