viernes, 15 de noviembre de 2013

Festa Do Magosto Na Escola

E hoxe por fin celebramos a festa do magosto na escola.
Despois do recreo estivemos participando en diferentes xogos.
 No pabellón tratamos de insertar diversos aros nunhas picas, as de máis lonxe tiñan máis puntuación, claro...
E tamén nos divertimos manipulando un paracaídas.
Xa fóra disputamos carreiras de sacos 
e saltamos á corda.
 En definitiva, que o pasamos moi ben.
Despois chegou o momento da degustación das castañas que se estiveran asando no patio. Aí cada un recollía as castañas nas cestas que estivemos adornando toda a semana na clase de Plástica.
Durante toda a actividade a nosa profe Mary Carmen estivo a sacarnos fotos. A nós as que máis nos gustaron foi as que quitamos lanzando as follas que hoxe cubrían o patio coma unha alfombra marrón e renxedora.
Ah! Pero o que máis, máis, máis nos gustou foi o momento de estar todos os compañeiros e compañeiras xuntos a comer as castañas!
Paula Pérez Martínez, Diego Santiago Martínez, Alicia Piñeiro Pardo e Aida Moreda Romero 5º B
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO

jueves, 31 de octubre de 2013

O Samaín Na Escola

Ao longo desta semana estivemos a traballar moitísimo!!! Máis que nunca!!! E sabedes por que? Pois porque estivemos preparando a festa do SAMAÍN!!!
E para iso elaboramos un gran mural no que todos colaboramos con algo: unha pantasma, un gato negro, unha cabaza, unha sepultura, caveiras, unha árbore, un morcego, unha bruxa ou a mesma lúa!!!
Tamén adornamos cabazas con motivos de medo, preparamos unha obra de teatro moi Zombie...
E xa no mércores tivemos a festa...
A escola estaba engalanada para a ocasión, todos viñamos vestidos con algo referente ao samaín, e a profe Mary Carmen cunha araña na cabeza!!!

 Pasámolo moi ben coa obra e divertímonos co baile dos esqueletos!!! Que non todo ía ser traballar!!!
Inés Pereira Jiménez e Nicole Dayana López Andrade
Aquí debaixo no enlace deixamos moitas máis fotos para que vexades todo moi ben. Esperamos que vos gusten!!!
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO SAMAÍN

viernes, 11 de octubre de 2013

O Outono Xa Está Aquí

Como xa sabedes xa estamos no Outono. E aproveitando este feito, a profe Mary Carmen, de Lingua Galega, suxeriunos compoñer un poema arredor de esta estación.
Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos traballos.
Desexamos que vos gusten e esperamos os vosos comentarios.     
Paula Pérez Martínez,  Aida Moreda Romero e Adrián Lagos  5º B

O tempo do outono
É O Outono,
os paxaros vanse,
o día é máis curto
e o frío empeza xa.
                                       

É O Outono,
as follas caen xa
e unha alfombra amarela
o chan cubrirá.
Vestidos e chaquetas
que eu vestirei,
zapatos e botas
que eu estrenarei.
É o outono,
¡Abrígate ben!
Ester Haxhjahja 5ºB




Unha fermosa estacion
As fillas das árbores
medraron no veran
para agora que é outono
caer e descansar no chan.   

Lindas e fermosas
listas e bondadosas,
coma o seu pai
o vello Don Carballo.
Agora que é outono
as fermosas castañas
póñense rizos
e convértense en ourizos.

Ao célebre outono
lévao ao río...
Pois, moi ben!
Ata o ano que ven.
Marcos Asensi Goyanes 5º B



Outono
Xa chega O Outono,
qué bonito é!
Pero a miña árbore
estase a perder!   

A choiva chega
para encher os ríos
e regar a miña árbore.
O chan cúbrese de follas secas
e cando vou pola rúa
xogo con elas.
Sandra Rodríguez Torres 5º

Naceu O Outono
Cando no 22 de setembro
naceu o outono,
eu xa tiña moito sono.

O Sol deitouse cedo,
a Lúa cedo despertou,
as estrelas danzaron a conga
a noite foilles moi longa.                                    

Aló pola mañanciña,
o fresco son da frauta de  pan
que batía na miña ventá,
fíxome despertar.

De camiño ao colexio, decateime
de que as árbores vístense doutra cor
e de que algunhas quedaron espidas...
Naceu o Outono!
Esteban Carballido Campo 5º A

No Outono
No Outono
as árbores díspense
deixando cair as follas
unha por unha.


Xa chegou Don Outono,
soprando con forza          
e coas súas bágoas
a todo o mundo molla.

No Outono
choven castañas,
e a xente encende fogueiras
para poder asalas.
Elisa Acuña Pereira 5º A


As Follas De Ouro
Tódalas mañás 
sorrime unha castaña,
tódolos días 
teño landras no chan
e castañas na cama.

Tódalas mañás 
sorrime un esquío
e chíscame un ollo
nas tardes de outono.

 Tódolos días
saio ao xardín
e choven na miña cabeza
landras e castañas.
                                                                  

Tódolos días
saio cun cesto                                                       
e nun minuto está cheo.

Que triste destino o das castañas
porque ao lume van ir,
pero eu cos meus amigos
vounas compartir.
Valeria Aguirre Duque 5º A



Chega O Outono
Chega o Outono e as árbores choran
polas súas follas e as súas pólas.
E alá no alto dos castaños
os pobres ourizos
co seu pelo puntiagudo
choran castañas
e agáchanse as arañas.                    
Mengua o día, medra a noite.
Xa está aquí O Outono
coas súas cores: 
vermellas laranxas e amarelas,
colores de ouro e tamén caramelo.
Lía Ferreira Rosón 5º A

As Follas Do Outono
Follas de ouro
que o vento sopra
corren polo bosque 
corren como corro eu.
Deixaron espida                                
á amiga árbore
para as primeiras choivas 
que veñen bañala.

Oh!, pero que frío 
terá a pobre!
Mellor estaría
ben abrigadiña!
Pablo Murillo Mateos 5º B

As Cores Do Outono
Apáganse as cores do verán
e chegan as do Outono.
As follas bailan no chan.

As fragas énchense
de cores amarelas e laranxas
coma os paxaros ao voar.     
Eu, ao camiñar, 
vexo pasar
andoriñas sen cesar.

Van saltando hacia adiante,
van saltando hacia atrás,
as lebres sen parar.
Alba Mira Barreiro 5º A

As Árbores Sen Follas
Xa rematou o verán,
xa está aquí O Outono.
xa comeza o cole, 
vaia raio!


O sol xa se foi
e ven o mal tempo.
para algúns, estupendo!
As follas vólvense amarelas
caen das árbores 
e mudan as paisaxes.

As árbores quedan núas,
case sen vida.
Cando chegue a primavera
daranlle a benvida!

Adrián López Fernández 5º B

miércoles, 9 de octubre de 2013

Un Viaje Al Neolítico

Hoy hemos viajado en el tiempo: nos hemos trasladado al Neolítico. Seguro que todos os estáis preguntando cómo es eso posible.
Pues es un viaje que todos podéis hacer visitando, como nosotros lo hicimos, la exposición itinerante sobre el Neolítico que se encuentra en la Plaza de España de Pontevedra hasta el 1 de noviembre.

Así se hizo posible que conociésemos cómo éramos y lo que hacíamos hace miles de años. El guía nos explicó muy amablemente cómo fabricaban y usaban los utensilios, armas, herramientas, vasijas, cestos... Y también cómo cazaban, cocinaban y comían... 
Y así estuvimos observando diferentes aspectos de esta época del pasado y cómo fuimos evolucionando. A nosotros lo que más nos gustó fue conocer los diferentes símbolos usados antes de la aparición de la escritura.
También nos gustó mucho la vuelta al cole, veníamos muy contentos y todos cantamos alegres y felices por las calles de nuestra bonita ciudad, Pontevedra.
Adrián López Fernández, Diego Santiago Martínez y Nicole López Andrade 5º B
CLICAR AQUÍ Y VER TODAS LAS FOTOS DEL VIAJE 

miércoles, 2 de octubre de 2013

Imos Ao Teatro

Ola! Queremos contarvos que hoxe foi un día moi divertido. E isto por que? 
Pois porque representamos unhas obras de teatro na clase. Foi na hora de Lingua Galega coa profesora Mary Carmen.
 Primeiro os días anteriores, as dúas clases, 5º A e 5º B, en equipos de 3 tivemos que inventar o guión e ensaiar pola nosa conta para tratar de expresar emocións da vida cotiá.

Hai que dicir que todas as obras foron graciosas, divertímonos moito e participaron todos os compañeiros. Ata a nosa titora se riu!
Aquí vos deixamos as fotos. Esperamos que vos gusten e que pasedes un momento divertido, tanto como nos divertimos nós.
Irea Torres Fontán, Sandra Rodríguez Torres e Ester Haxjijahja 5º B

viernes, 27 de septiembre de 2013

As Mascotas De Quinto

 As Miñas Ninfas
 As miñas mascotas son dúas ninfas, paxaros orixinarios de Australia, onde forman grandes grupos. Ás veces soltámolas no salón e empezan a voar dun lado a outro, aínda que teñen un voo algo torpe.
El é gris, con pintiñas brancas e amarelas. Ela é branca tirando a amarelo, e os dous teñen coloretes na cara.
Viven nunha gaiola branca e azul e comen alpiste que o meu pai vai mercar á tenda.
Os dous son moi pequeniños porque un ten un ano e o outro ten oito meses.
Eu ensineilles a dicir algunhas palabras e encántalles xogar no seu columpio de madeira.
Adrián López Fernández 5º B


Thor, O Meu can
O meu can é un pastor alemán ao que lle gusta moito que o mimen e o coiden ben. Chámase Thor e ten sete anos. Vive na casa dos meus avós. Cando me tumbo
ven e lámbeme a cara e faime moitas cóxegas. Non lle gustan as pelotas e se intentas darlle unha, el, vaise. Cando o imos lavar temos que atalo coa correa, se non escapa e non hai quen o pille. Ah! Outra cousa á que lle ten medo o meu can son os fogos das festas. O pobre non sabe onde meterse. Nunca entra na casa, sen embargo cando escoita fogos aínda que sexan lonxe métese debaixo da mesa. Cantos medos ten o meu can!
Carlos Rodríguez Viéitez 5º B

As Miñas Tartarugas
Ola, son Irea e vouvos contar a historia de margarida e Chispiña, as miñas tartarugas.
Margarida é moi tranquila pero Chispiña non. Ela non para quietiña. As dúas, cando ven a comida póñense coma tolas e soben encima unha da outra para ver quen chega antes.
Chispiña come dúas gambas a cachiños e algunhas veces intenta saír do acuario pero Margarida ponse no oco das palmeiras e xa queda alí a durmir.
Miña nai cámbialle a auga e eu lávoas e xa van listas para comer.
A min gústanme as miñas tartarugas!
Irea Torres Fontán 5º B

Piquito De Oro
Fai dous anos decidín que quería ter un gato ou un can como mascota, pero no piso non os podiamos ter, entón elexín un paxaro. Un día a miña nai e mais eu fomos á tenda de animais e mercamos unha ninfa, un paxaro que ven de Australia. Ao chegarmos á casa púxenlle un nome especial: "Piquito de oro" como o do conto.
Piquito ten o corpo cuberto de plumas grises e brancas e a testa de cor amarela. Na súa faciana ten unha cousa especial, unhas fazulas alaranxadas e unha fermosa moña.
Tódalas mañás érgome e doulle o almorzo e cando veño da escola, Piquito ponse a berrar emitindo sons que parecen dicir o meu nome.
Cando vai durmir déitase onde lle botamos a comida.
A súa comida favorita é o panizo, tamén come semente e chíflanlle os graíños.
Cando quere ir á fiestra berra. Nós abrímoslle a gaiola, ela sae voando e fala coas pombas.
Esteban Carballido Campo 5º A


O Meu Can Coli
O meu can chámase Coli e ten 5 anos, naceu o 31 de octubre do 2007. É de cor marrón e o pelo teno un pouco longo, por iso, meu pai córtallo de vez en cando .
Regaloume Ángel, un amigo de meu pai. Cando veu para a miña casa tiña un mes, e era moi pequeno.
O día que o fomos buscar tiñamos unha comida na casa de meus avós, e era tan pequerrecho que miña tía Ana meteuno no bolsillo do maldilón e mentras comiamos Coli durmía.
Meu pai tróuxoo para a casa para que a miña irmá Carmen deixara de terlle medo ós cans, pero aínda lles ten medo, aínda que agora un pouco menos.
Coli ten a súa casa no xardín, é verde e fíxoa o meu pai.
Todos os días Coli anda solto polo xardín e xoga comigo porque é moi cariñoso e moi xoguetón.
Agora teño ganas de ter outro can para que teña con quen xogar. Teño que convencer a meu pai para que lle pida outro a Ángel .
Alicia Piñeiro Pardo 5ºB

Tortuig, A Miña Tartaruga
Teño unha tartaruga femia chamada Tortuig. É moi lenta e pequena, mide aproximadamente 5 centímetros, e aínda que a súa cuncha é moi dura, pesa moi pouco.
Vive nun acuario pequeno que ten unha pequena pedra para que suba nela, e catro palmeiras de decoración.
Come gambas pequeniñas e na auga hai que botarlle unha pedra de calcio, que é boa para a cuncha.
Téñoa desde hai dous anos e as miñas irmás e mais eu estamos moi contentas coa nosa tartaruga.
Sandra Rodríguez Torres 5º B


O Mellor Can Do Mundo
A miña mascota é un can chamado Cuqui. É peludo, de cor beige, moi cariñoso e moi listo. Gústalle moito durmir na súa cama de palla e aínda máis pasear coa súa irmá Luna. Gústanlle os mimos de todo o mundo cando o seco, e non lle gusta que o bañen.
Come pouco, bebe moito, dorme moito e móvese pouco.
É a clase de can que lle gusta a todo o mundo porque ladra pouco. É cariñoso e cando se trata de defenderme el é sempre o primeiro.
Encántame cando ladra porque parece que me quere dicir algo. O outro día estabamos xogando e Cuqui non paraba de ladrar porque escapara unha galiña.
Cando xogamos el corre de arriba a baixo detrás miña. Encántame o meu can e caime moi ben, e creo que eu a el tamén lle caio bastante ben.
Cuqui é o mellor can do mundo!
Nuria López Rey 5º A

O Meu Peixe
A miña mascota chámase Nemo, é de color laranxa e ten os ollos negros.
A Nemo gústalle facer moitos brincos na pecera, semella un golfiño.
Cando alguén se achega, el sobe ata a superficie e abre a boca coma se tivese fame, e se lle fas caso está a comer todo o día.
A min gústame moito velo e reláxame moito. Que bonita é a vida dun peixe!
Pablo Dopazo Lois 5º A


O Meu Mellor Amigo: Lord
Unha tarde do mes de xuño, de camiño á casa, miña nai e mais eu oímos un sonido como se alguén chorara. Eu díxenlle a miña nai que o son viña dunha bolsa. Fun mirar e dixen:
- Pero se é un cachorro!
- Hai que chamar á canceira, engadiu miña nai.
- E non podemos quedar con el?
- Está ben, pero telo que coidar!
Como aínda era pequeno, eu, tiña que darlle o biberón ata que se foi facendo máis grande, tanto que xa me acompañaba ao cole xunto coa miña nai. Ah! E como xa sabedes chámase Lord!
Álvaro Calvo Lesende 5º A

Sol, Un Gato Solitario
O meu gato chámase Sol. Vive en Campañó na casa da miña avoa, el so, xa que ela faleceu hai nove meses. Ás veces imos xunta el para darlle de comer. Un destes días vimos que tiña unha ferida e non sabemos onde foi, ou se foron os cans do viciño.
Sol é de color negro, e de noite non se distingue, salvo polos seus ollos que son amarelos. 
Non lle gustan os ratos, prefire xogar con eles e, como a maioría dos gatos, tenlle medo aos cans e gústalle andar ao seu ar.
Recíbenos sempre con moita alegría. É moi cariñoso e gústalle moito que o acariñen, sobre todo na cabeza.
En definitiva, a Sol, querémolo moito!
Alba Mira Barreira 5º A


Frida, A Miña Mascota
Eu teño unha mascota que se chama Frida. É tan grande que asusta aos nenos. 
É unha cadela de raza Pastor Alemán e ten 8 anos.
Frida é moi forte, pero tamén moi cariñosa e sempre quere que xoguemos con ela. 
Cando o meu avó vai ver as galiñas ela tamén vai porque as quere comer.
A ela gústalle a froita e come peras, caquis e mazás.
Matilda C. Rodríguez Carballo 5º B


A Miña Tartaruga
Un sábado de verán fomos a Portugal a unha feira. Era moi grande e miña nai estaba vendo os zapatos. Meu pai fartouse de esperar e fomos dar un paseo.
Vimos un posto de animais, eu quería unha tartaruga e meu pai comprouma.
Cando ao final chegamos á casa a tartaruga metémola na súa peceira e gustoulle.
Ao día seguinte levanteime, fun vela e decidín poñerlle un nome: Lluki.
Pasaron os días e foi collendo confianza. Agora a miña tartaruga está hibernando e só fai durmir e ás veces comer.
Diego Santiago Martínez 5º B

lunes, 23 de septiembre de 2013

As Novas Aguias De Lume

¡Ola!!!!!
Aquí estamos As Novas "Aguias De Lume". Somos os rapaces e rapazas de 5º B do CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra.
A nosa Profe Mary Carmen falounos do blogue. Nós estivemos a ver todo o publicado polas anteriores Aguias de Lume e gustounos moito. Elas, no seu voo de dous anos, chegaron a conseguir algo máis das 30.000 visitas. Nós, queremos coller o relevo e continuar co blogue e co seu bo traballo. Desexamos facelo tan ben coma elas e conseguir novos lectores. Mais tamén queremos que os anteriores lectores sigades aí. Moitas grazas e a ver se vos gusta o que publiquemos!!! Esperamos os vosos comentarios!!!!!
Kedus José Dueñas Ramallo, Alicia Piñeiro Pardo e Diego Santiago Martínez 5º B
CLICAR AQUÍ E VER MÁIS FOTOS DAS NOVAS AGUIAS DE LUME 

martes, 3 de septiembre de 2013

Hasta Siempre Aguias De Lume 2011-2013!

Y ya está aquí septiembre. Un mes en que alcanzamos las 30.000 visitas, gracias a vosotros que, después de casi dos años, continuáis ahí. Pero este septiembre es también un mes en que comenzaremos otra nueva etapa de nuestras vidas.
Pero no penséis que nos olvidamos de lo que hemos vivido hasta ahora. Nuestro corazón permanecerá siempre aquí con todos vosotros. 
¡Hasta Siempre! Aguias De Lume 2011-2013