jueves, 15 de junio de 2017

Explorando Para Imaxinar A Educación: Francesco Tonucci

O día 11 de maio desprazámonos ata o pazo da Cultura para explorar unha divertida exposición.
Ao chegar recibíronnos unhas grandes letras coa palabra Frato que é o nome artístico de Francesco Tonucci, o debuxante e pedagogo italiano.
A nosa guía, Nuria, primeiro levounos a ver uns debuxos, estilo cómics e foinos preguntando e explicando as imaxes que neles había.
Son de Frato, Claro e amosan aspectos da sociedade e do mundo dos nenos.
Interesounos moito coñecer obxectos, ilustracións, bonecos e outras cousas que Frato usou ou aínda manipula na súa vida cotiá.
A continuación Nuria trasladounos a unha sala de mecánica onde había expostas varias pezas dunha bicicleta.
Nuria preguntábanos se sabiamos para que servía cada unha delas. Álvaro comezou a explicar todo, todiño... Como se el fose a bicicleta!!! E Nuria quedou totalmente sorprendida de todo o que sabiamos!
O mellor foi que nos deixou un tempiño para explorar pola nosa conta todo o que alí había.
Nun instante alá estabamos algúns de nós subidos nas bicicletas de varios tamaños e pedaleando ritmicamente.
Mentres, outros inflaban rodas ou probaban os timbres das bicicletas.
Ata houbo quen se atreveu a controlar a forza dunha roda en movemento!
Estabamos todos tan activos e participativos que Nuria plantexounos unha pregunta moi interesante: Seriades quen de construír unha ponte só con madeiras, sen cementos nen parafusos?
Claro que SÍIIIII! Contestamos todos aceptando o reto! E alá nos levaron a ver se podiamos demostralo!
Aínda estivemos un bo tempiño cavilando e probando aquí e alí...
Pero ao final demos a ponte construída! Só madeira e sen parafusos!
Deseguida dedicámonos a construír as construcións saídas da nosa imaxinación.
Tiñamos pezas de distintos materiais cores e tamaños.
E saían cousas moi diferentes pero sempre interesantes.
Por último como remate da visita realizamos un “Foro dos Nenos” onde tiñamos que ir expoñendo ideas para cambiar cousas do cole e da escola.
Unha cousa que dixemos, e que deixou asombradas ás monitoras foi: Que volten os libros!
Tamén nos preguntaron se mellorariamos algo do noso cole, pero nós pensamos que o noso cole É INMELLORABLE!!!
Porque o mellor da escola somos nós os rapaces e rapazas!!!
Nardos Dueñas Ramallo, Lucía Sánchez Guerra, Juan José Laverde Villa 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA EXPOSICIÓN 

miércoles, 14 de junio de 2017

Visitamos A Cruz Vermella E Somos Cociñeiros

Mércores 26 de abril. Ese día fomos de excursión ás instalación da Cruz Vermella.
Ben, excursión, excursión, non porque só tivemos que saír á rúa, cruzar un paso de peóns e xa estábamos alí!
Cando chegamos non tiñamos claro que era o que tiñamos que facer! Pero axiña nos dixeron que iamos ser cociñeiros por un día!
Entón, ao ter claro o que iamos facer, o primeiro, como bos cociñeiros, foi ir lavar as mans.
Despois das presentación, puxémonos mans á obra para preparar brochetas de froita!!
E alá comezamos a ardua preparación das brochetas. Con coidadiño ensartábamos as froitas no seu pau, tendo en conta de non mesturar colores iguais.
E aínda resultaron cousiñas moi xeitosas.
E o mellor de todo era que podíamos bañalas en chocolate! UUUMMMMM!
Chocolate!!!! Algún incluso se decidiu a tómalo só, sen froita nen nada…
Iso estivo moi ben pero o mellor é que coñecemos persoas moi interesantes.
Todas moi amables e moi pendentes de nós.
E chegou o momento da triste despedida… Pero aínda non rematara todo! Pois fomos sorprendidos cun gran/pequeño agasallo:
Gran porque foi feito para nós por persoas desinteresadas, e era ben chulo!
E pequeño porque era de pouco tamaño,,, Unha xoaniña!!!! Moi chula!!!
Foi una bonita experiencia porque entablamos amizade coas persoas que alí estaban. Así a Sabela tocoulle de compañeira una señora moi “maja” chamada Concha. Sabela, nun momento de conversa preguntoulle:
- Está rica a brocheta?
- Con esta compañía ía estar rica de todos modos! – Respondeulle Concha.
Emocionante, verdade???
Xermán González Rivas, Sabela Lorenzo Figueroa, Nardos Dueñas Ramallo. 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

domingo, 11 de junio de 2017

En Galicia Falamos Así: Ditos E Expresións

Hoxe deixámosvos unhas presentacións con ditos e expresións que nos din como falamos en Galicia. (Clicade en cada imaxe para que comece cada presentación.)

jueves, 8 de junio de 2017

Unha Visita Ao IES A Xunqueira II

No día 25 de maio fixemos una visita ao instituto. Fomos familiarizarnos co lugar onde o ano que ven imos estudar e vivir novas experiencias na nosa vida.

Fomos recibidos no salón de actos e despoiis dunha breve conversa uns rapaces e rapazas de 2º da ESO ensináronnos as aulas do centro.
Cando chegou o descanso/recreo todo se volveu nun caos.
Pero saímos vivos desa tranquilos! Chegamos á escola sans e salvos!
Pensamos que a visita foi emocionante e divertida porque así xa coñecemos o centro.
Vicente Martí Pesqueira, Brais García Alonso e Mario Gómez Miranda 6º A

miércoles, 7 de junio de 2017

Obradoiro De Cine!

O venres 7 de abril chegamos á clase e atopámonos cunha sorpresa! 
Alí estaba a nosa profe Mary Carmen con Suso, experto en cine e Itziar e Begoña deseñadoras gráficas.
Por certo que Begoña foi unha das primeiras alumnas da nosa profesora e tamén alumna da nosa escola Manuel Vidal Portela! 
Pois resultou que nos estaban esperando para propoñernos un Obradoiro de Cine! Nós asentimos con moito agrado!
Comezou Itziar falándonos das ilusións ópticas e de como o noso cerebro pode ser enganado.
Así mandounos ler un texto a varias persoas da clase e resulta que como o liamos rápido faciámolo mal. Só cando o lemos silabicamente conseguimos facelo ben.
Iso sucede porque o noso cerebro coñece, ou cree coñecer “o texto”  e ao lelo de corrido non se fixa e faino mal, porque non é o que el pensa, senón outro moi parecido!
Pois o cine o que fai é aplicar ese efecto de ilusións ópticas para conseguir determinados efectos e facernos ver imaxes en movemento.
Porque ao fin e ao cabo unha película consiste nunha serie de fotografías que ao seren proxectadas xeran unha sensación de movemento.
Os nosos monitores amosáronnos diversos instrumentos que se usaban hai anos para conseguir ver esas imaxes con movemento.
Fixádevos que bonito este zoótropo no que ao facelo xirar, se miramos a través das rendixas os debuxos do seu interior cobran vida e póñense en movemento diante dos nosos ollos.
Agora parécenos un xoguete pero no seu momento foi un espectacular invento, auténtico precursor do cine que deixou a todos cos ollos abertos!
Gustounos moito poder darlles voltas e voltas a estes taumatropos e conseguir unir as dúas imaxes nunha soa.
E encautounos tamén esta “Toupie fantoche” como unha pirámide de espellos xiratorios!
E despois tocounos a nós poñernos mans á obra e producir as nosas propias imaxes.
Poderemos ver as nosas producións construíndo o noso propio zoótropo utilizando elementos de reciclaxe como caixas de CDs, tapas do Cola-cao, unha arandela metálica e unha cartolina. 
E a verdade é que quedaron cousas moi chulas! 
Nardos Dueñas Ramallo, Lucía Barreiro Lema e Vicente Martí Pesqueira 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DE CINE!