miércoles, 23 de mayo de 2012

Encontro Musical Con Pesdelán

O mércores 16 de maio vímonos sorprendidos cunha actuación do grupo musical  Pés de Lán.
Todos os cursos, ademais de asistir á actuación, tiñamos que interpretar unha canción. A nosa, a de 5º B era "O Pingacho" e fomos os últimos en actuar!
Tamén estivemos ensaiando outra canción chamado O Baião, que despois bailamos xunto con todo a escola.
Gustounos moito Pesdelán e tamén estivemos encantados de participar bailando, ao igual que o resto da escola... E cando remataron non deixamos de pedir: Outra!, Outra!
Pero xa non había tempo para máis!... Ao marcharmos, algunhas persoas tiveron a sorte de que lles firmaran un autógrafo na libreta!
Aldara  Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito e Javier González Carballo 5º B 

VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DA FESTA 

6 comentarios:

  1. Profe que vergoña pasei cando bailamos diante de todo o colexio.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡Que ben o pasei co grupo!!! Ese día foi moi chulo, divertido... A verdade é que aprendín moitas cancións e bailes que eran bastante bonitos, a música é bonita, o bailar canseime bastante, pero paseino xenial.

    ResponderEliminar
  3. Quero que se saiba que foi un fallo que me saíra o lado malo na fotografía.

    ResponderEliminar
  4. Me encantó el baile de sexto pero el que más me gustó fué el nuestro.

    ResponderEliminar
  5. A verdade e que foi un día moi pero que moi divertido. O baile que mais me gustou
    foi o Baião, porque o bailaron todos os cursos, e tamen como a Almudenita gustoume moito o baile de 6º. Foi un día moi divertido con Pes de Lán.

    ResponderEliminar