Entón nós, estes últimos días estivemos inventando poesías e contando chistes en galego. E o venres 11 de maio recitamos as poesías elexidas diante de todo quinto e sexto. Todas estaban moi bonitas.
Da nosa clase o primeiro premio foi para Aldara, de segunda quedou Sara e Dalila de terceira.
Despois comezamos a contar os chistes para compartir unhas risas e para escoller os dous mellores que serán contados no acto xeral de celebración das Letras Galegas na escola.
De quinto nivel resultou gañador o contado por Joel, da nosa clase.
Algúns dos chistes máis graciosos foron os de Sara , Helena, Eduardo...
O ambiente era animado e competitivo porque todos querían gañar e estábanse a contar chistes moi graciosos.
Deixámosvos aquí os chistes gañadores na nosa clase: os contados por Sara e Joel:
Unha rapaza loira vai a un concurso e as súas amigas están animándoa.
Entón o xurado pregúntalle:
-¿Canto é un máis un?
E ela responde:
-Un...Máis un.... ¡¡¡Catro!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto.
Di o xurado.
E as amigas gritan:
-¡¡¡"Outra oportunidá", "outra oportunidá!!!
E o xurado dille:
-Veña, vale, dámosche outra oportunidade. ¿Canto é dous máis dous?
E a rapaza responde:
-Dous... Máis dous... ¡¡¡Seis!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto, dille o xurado
E as amigan exclaman:
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!
E o xurado respóndelle:
-Vale, a última. ¿Canto é un máis un?
E a rapaza contesta:
-Un máis un... ¡¡¡Dous!!!
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!
Isto é unha parroquía que devía moito diñeiro. O tellado da igrexa estaba roto e non tiñan diñeiro nin para arranxalo. E claro, o cura xa estaba farto de mollarse cada vez que chovía. Entón tivo unha idea: ir vendendo todos os santos que tiña no altar.
O primeiro que vendeu foi San Antonio e, para que a xente nos se dera conta de que xa non estaba, substituiuno por unha figura de chocolate do mesmo tamaño.
E unha tarde que facía moito calor, o chocolate derreteuse e a figura desfíxose.
Entón o sacristán entrou na igrexa e, ao ver todo aquilo esparcido polo chan, alá vai el correndo:
-¡¡¡Señor cura, señor cura, San Antoniño caghou na ighrexa e marchou!!!
Joel Moreira Fernández, Eduardo Lores Baamonde, Antón Freira Barcia e Jorge Iglesias Acuña 5º B
VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DOS ENSAIOS E DAS ACTUACIÓNS
¡¡¡Parabéns a todos os gañador@s!!!
ResponderEliminarQue chulas están as poesías, e os chistes supergraciosos, aunque a mín só gustaronme os nosos.
Os ensaios foron moi graciosos e divertidos, e o final saíronnos moi ben, pero algo de nervios.
Os debuxos están xenial.
Estos dibujos estan impresionantes y las poesias tambien y los chistes
ResponderEliminarLo que más me gustó fueron las poesías y el chiste que contó Joel
ResponderEliminarEl chiste de Joel a mi me encanto las poesias tanbien me gustaron los ensayos aber cuando se bulben a repetir me encatooo me rei mucho
ResponderEliminarQué poesías máis bonitas, os debuxos tamén están fantásticos!!!!!!!
ResponderEliminarEl dibujo del niño saltando es precioso yo jamas seria capaz de hacer algo asi y ademas las greguerias son preciosas.
ResponderEliminar