A Illa de Arousa

O mirador do Santo, que é o punto máis alto, atópase ao norte da Illa e dende alí pódense contemplar o pobo, o peirao do Xufre e o do Campo, a ponte, Vilanova de Arousa e as bateas que están ó redor da Illa.


A zona Sur da Illa está ocupada polo Parque Natural de Carreirón. Está catalogado como zona de protección para as aves, polas poblacións de garza real, entre outras aves que habitan na Illa. Dentro do parque hai unha lagoa de auga doce e ó lado, un Muiño de Mareas, que está habitado.


Cando estamos na praia, rara é a vez que non vemos pasar unha dorna ou outro barco tradicional, coas súas velas brancas ondeando ao vento. Outras embarcacións percorren as súas augas para practicar o esquí acuático, submarinismo, a pesca o piragüismo ou simplemente para gozar das praias, do sol e do mar.
Aldara Fernández Fdez 5º B
A Praia Pragueira

Pero nunca lles fago dano, sempre os volvo deixar no seu sitio.
Hai veces que a auga está conxelada e outros días está morne. A min gústame que estea temperada pero cando está fría é divertido porque cando vou camiñando co meu pai pola orilla, el colle auga sen que me dea conta e bótama por enriba.
Nesta praia sempre me sinto moi a gusto. É a miña praia!
Antón Freire Barcia 5º B
A praia Lapamán

Algunhas veces apetéceme ir ás dunas pero meus pais non me deixan pisalas porque se non desfanse. Ás veces atopo nenos e xogo con eles aínda que non sexan meus amigos.
Estou esperando ao verán para ir outra vez á praia Lapamán e xogar cos meus amigos.
Nicolás Regueira Piquenque 5º B
A Praia Das Catedrais

Cando fun cos meus pais bañámonos na praia e tamén paseamos polas covas. Cando paseabamos por unha atopabamos outra. Chámase Praia das Catedrais polas ondulacións e ocos feitos pola forza da auga do mar que teñen as rochas. Gustoume moito o lugar e recoméndollea a todo o mundo.
Anxo Vidal García 5º B
A Praia Dos Xigantes
Sitúase en Santiago del Teide, dentro da illa de Tenerife.
Ten a area moi negra . Ó fondo átopase un acantilado xigante de 300 m de altura que se chama Acantilado de los Gigantes. En vez de gaivotas por alí voan pombas. Ten un un poboado mariñeiro e un porto deportivo onde hai todo tipo de embarcacións.

Podes coller unha gamela para facer fotografías no fondo do mar e tamén podes ver os fondos mariñeiros nun Catamarán.
Hai un montón de rochas con moitos mexillóns.
Helena Pascual Tajes 5ºB
Esas redacións sobre praias estan ben, pero que digo xenial e esas preciosas imaxes de alucine como a de Anxo que non fun pero gustariame coñecela, outras como a de Nico xa a coñezo.
ResponderEliminarAs redacións están moi ben, gustaríame coñecer todas as praias que non coñezo coma a de Anxo!!!!
ResponderEliminarLA playa de ANTON ES MUY BONITA.ME gustan todas.
ResponderEliminaras imaxes son moi bonitas e as redaccions estan moi ben =)
ResponderEliminar