Hoxe é o día mundial da poesía. Por iso na clase fixemos varios poemas para este día.
Só se elixiron 5 poesías. A profe Mary Carmen dixo que non debían ser cursis. Tamén quixo que aplicáramos os nosos sentimentos de nenos de 5º. A maioría foron poemas escritos en galego. Case todas as non elixidas eran cursiladas. Por iso non están agora no blogue. A profe tamén comentou que estamos feitos uns poetas. Case todas as poesías estaban ben, graciosas e simpáticas.
Eduardo Lores Baamonde e Anxo Vidal García 5º B
En Primavera
Unha tarde de primavera,
quedei durmida co son do vento,
pois era a miña nana,
e o trigal o meu leito.
Sara Mirón Caldas 5ºB
Unha aguia nas nosas vidas
Grazas á profe Mary
creamos unha aguia de lume,
que guiou as nosas vidas
polo mellor camino que existe.
E aínda que non sexa de carne e óso,
está dendro dos nosos corazóns,
porque con ela o noso destino sempre será mellor.
Sara Mirón Caldas 5ºB
As miñas palabras
As miñas palabras
están na gaiola do meu pensamento...
Con moito amor
solteinas ao mar
e formaron ondas
coma brillantes estrelas
que voaron sen parar.
Anxo Vidal Gacía 5º B
lOA DIBUJOS QUEDAN CHULISIMOS EN EL BLOG TIENEN MUCHO COLORIDO.
ResponderEliminarE ESCRITOMAL LA PRIMERA PALABRA ES: LOS
ResponderEliminarQue bonitas están as poesías con eses debuos a toda cor favorecen moitísimo, é que somos uns grandes artista tanto para os debuxos como para as poesías.
ResponderEliminar