Esta semana celebrouse en Pontevedra o V Encontro da Rede Galega de Escolas Asociadas á UNESCO.

Un dos obxectivos é fomentar o entendemento entre culturas, para iso colaboramos en moitas actividades: realizamos experimentos diversos, coñecemos a arte das palilleiras, sumerxímonos no "yogote" (unha actividade na que aprendemos diferentes idiomas) , elaboramos manifestos,vídeos e o máis divertido para nós foi o taller de percusión onde tentamos aprender a tocar diferentes instrumentos como as culleres de pau, o pandeiro, os ferriños, a pandereta...
Case todas as actividades realizábanse no Pazo da Cultura de Pontevedra, e tamén fixemos diversas saídas. Así, o martes, pola mañá demos unha camiñada polo casco antigo da cidade que resultou moi emocionante.
Xa no mércores, o día da clausura, unha representación dos nove centros participantes, rematamos realizando unha interpretación diante do noso alcalde.

Nós, os que actuamos estabamos con moitos nervios porque tiñamos que facelo diante de moito público. Ao final pasámolo estupendamente ben e rematamos bailando o "Chipi, Chipi" que fixo furor durante os tres días que durou o encontro.
Encantounos a experiencia e estamos dispostos a repetir o ano que ven!
Diego Santiago Martínez, Alicia Piñeiro Pardo 5º B Laura Fontán Cacheda e Belén Garrido Martínez 5º A
CLICAR AQUÍ E VER MAIS FOTOS DA CLAUSURA