miércoles, 20 de noviembre de 2013

Paseo Por Pontevedra, A Nosa Cidade

Nesta mañá moi fría saímos da escola para dar un paseo pola nosa cidade, Pontevedra.
O motivo foi ir coñecer un pouco da obra que o arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero deixou na nosa cidade. Todo isto polo feito de cumprirse este ano o Centenario do seu Falecemento.
Como dicimos, a mañá estaba moi fría pero pasámolo ben. Saímos da escola e cada dúas persoas tiñamos que ir marcando nun plano de Pontevedra, as rúas polas que iamos pasando, tanto no traxecto de ida coma no de volta.
De paso tamén admiramos os sitios, edificios e prazas polas que pasabamos, decatándonos, unha vez máis, do bonita que é a nosa cidade.
Chegados á Avenida de Santa María fomos recibidos por un monitor chamado Bernal que nos foi explicando un pouco da vida e obra do xenial arquitecto coñecido como Sesmeros.
Non ficamos alí estáticos, menos mal, co frío que estabamos a sentir, senon que fomos visitando os lugares e prazas en donde había unha construción deseñada por Sesmeros.
Aprendemos moitas cosas novas, como que obras súas son varios edificios emblemáticos da cidade, entre eles O Palacete das Mendoza, A Casa Do Concello, O Pazo da Deputación...,
Tamén o deseño da Alameda de Pontevedra que leva o seu nome... En fin, podemos dicir que, daquela,  modernizou Pontevedra.
A nós pareceunos todo moi interesante, e o edificio que máis nos gustou foi a Casa do Concello que din que foi deseñada a imitación dun hotel francés.
De volta á escola xa pudemos entrar en calor xogando no recreo baixo os raios do espléndido sol que a esa hora xa brillaba no patio cuberto coa alfombra renxente das follas caídas.
Irea Torres Fontán, Ester Haxihjahja e Sandra Rodríguez Torres 5º B
CLICAR AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO PASEO POR PONTEVEDRA 

9 comentarios:

  1. lo pasamos muy bien y fue divertido caminar por las calles de Pontevedra y al mismo tiempo ir marcando en el mapa las calles por donde pasábamos pero al llegar al cole estábamos muy cansados y habíamos pasado mucho frio !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. paseino moi ben o monitor explicou xenial pero o que mais me gustou foi estar cos amigos

    ResponderEliminar
  3. Se nota que lo pasasteis genial buffff lo que me perdi.

    ResponderEliminar
  4. nos lo pasamos genial pero hacia un poco de frío :-)

    ResponderEliminar
  5. eu me o pasei moi ben os meus compañeiros non sei pero segura que tamen .
    me gustou andar polas rúas de Pontevreda e mentras aprender cousas novas e moi chulas .É tamen a foto de Paula é Diego xuntos e moi bonita

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. eu tamen paseino ben.E tes razón Alicia a foto de Paula e Diego está moi bonita pero o que máis me gustou foron ver os edificios.

      Eliminar
  6. Fue un día genial porque estuvimos viendo edificios aunque hacía un poco de frío lo pasamos en grande.

    ResponderEliminar