viernes, 29 de noviembre de 2013

V Encontro Rede De Escolas UNESCO

Esta semana celebrouse en Pontevedra o V Encontro da Rede Galega de Escolas Asociadas á UNESCO.
O motivo era convivir e traballar en equipo con as escolas asociadas. Da nosa escola participamos 20 nenos e nenas.
Un dos obxectivos é fomentar o entendemento entre culturas, para iso colaboramos en moitas actividades: realizamos experimentos diversos, coñecemos a arte das palilleiras, sumerxímonos no "yogote" (unha actividade na que aprendemos diferentes idiomas) , elaboramos manifestos,vídeos e o máis divertido para nós foi o taller de percusión onde tentamos aprender a tocar diferentes instrumentos como as culleres de pau, o pandeiro, os ferriños, a pandereta...
Case todas as actividades realizábanse no Pazo da Cultura de Pontevedra, e tamén fixemos diversas saídas. Así, o martes, pola mañá demos unha camiñada polo casco antigo da cidade que resultou moi emocionante.
Xa no mércores, o día da clausura, unha representación dos nove centros participantes, rematamos realizando unha interpretación diante do noso alcalde.
Como non podiamos mostrar todo o que aprendemos pois falamos algunhas palabras en diversos idiomas, e tocamos diferentes instrumentos de percusión.
Nós, os que actuamos estabamos con moitos nervios porque tiñamos que facelo diante de moito público. Ao final pasámolo estupendamente ben e rematamos bailando o "Chipi, Chipi" que fixo furor durante os tres días que durou o encontro.
Encantounos a experiencia e estamos dispostos a repetir o ano que ven!
Diego Santiago Martínez, Alicia Piñeiro Pardo 5º B Laura Fontán Cacheda e Belén Garrido Martínez 5º A
CLICAR AQUÍ E VER MAIS FOTOS DA CLAUSURA

9 comentarios:

  1. Encantoume verte profe, e ter a oportunidade de coñecer aos teus novos alumnos!! Bicos e apertas...

    ResponderEliminar
  2. lo pasamos muy bien durante esos tres días .Hicimos muy buenos amigos y fue una experiencia muy bonita ¡¡¡¡¡el próximo año espero volver!!!!!
    Ah y lo malo fue que hizo muchísimo frío!!

    ResponderEliminar
  3. nos lo pasamos genial aciendo las actividades y tambien bailando el ''chipi chipi''

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. sobre todo bailando el ``CHIPI CHIPI ´´

      Eliminar
  4. Ola Sara!!! Adorei poder verte e Encantoume recibir os teus abrazos e bicos! Xa os estaba a botar en falta!
    Moitos bicos e a pertas tamén para ti, guapísima!!!
    Mary Carmen

    ResponderEliminar
  5. encantoume ir a UNESCO porque foi unha esperiencia moi bonita e é unha pena que pao ano que ven non se celebre ,ha e tedes razón o mellor foi bailar o " CHIPI , CHIPI "

    ResponderEliminar
  6. Fue muy divertido ir a la Unesco porque vimos a muchas personas actuar

    ResponderEliminar
  7. Si fue muy divertido y lo que más me gusto fue ver cuando mis compañeros hablaban con niños de otros coles fue bastante divertido me lo pase genial.

    ResponderEliminar