miércoles, 18 de diciembre de 2013

Tamén Somos Contacontos

O outro día a nosa profe Mary Carmen deunos a noticia de que na hora de lectura iamos ter que ler uns contos a outros cursos da escola.
Nós quedamos moi contentos: Iamos poder ser Contacontos!!!!
Ao principio formamos equipos de 2 persoas, pero como había moito texto e pouco tempo para ensaiar, ao final estabamos 3 en cada equipo. Ás veces practicabamos no recreo, e outras veces na clase de Lingua Galega.
E, hoxe por fin, chegou o día. Paula, Alicia e Zaira foron contar O Apalpador E A Castaña Máxica a 5 Anos B, Irea, Sandra e Aida tiveron que ir co seu conto, Un Agasallo Diferente a 1º B, Tarde De Circo foi narrada en 3º B por Diego, Marcos e Ester, e finalmente Adrián López, Pablo e Adrián Lagos relataron A Caixa De Cartón para o alumnado de 4º B.
Como imaxinades, todos estabamos moi nerviosos e mesmo sentiamos algo de vergoña, pois era a primeira vez que actuabamos ante un público. Mas tamén sentimos a ledicia de poder estar a contar estas historias tan bonitas, algunhas simpáticas, algunha triste, pero todas emocionantes. Mesmo houbo quen para a súa actuación, xa que falaban dun aniversario, elaboraron magdalenas caseiras e ofrecéronllas ao seu público ao final da representación. Quedaron encantados, claro!!!!!
Os nervios tamén estiveron presentes, e claro, ao ser en directo, tamén houbo quen comeu algunha liña do texto, e, ao perder a orde da lectura, tivemos que improvisar, pero saímos moi ben do paso!
En definitiva que o pasamos moi ben, e o público tamén. Ata nos pediron que voltemos outro día!
E de verdade que estamos á espera de que isto poida volver a pasar. Unha experiencia emocionante!!!!!
Irea Torres Fontán, Ester Haxhijahja, Zaira E. Núñez Vidal, Aida Moreda Romero e Adrián Lagos Piedras 5º B
CLICAR AQUÍ E VER MAIS FOTOS DOS CONTACONTOS 
E tamén vos deixamos un vídeo de "Un Agasallo Diferente". Esperamos que vos guste!!!

5 comentarios:

  1. Estos cuentos que leímos fue unas de las experiencias mas divertidas de mi vida y por supuesto lo mejor fue que los niños nos aplaudieran y que nos dijeran que querían que volviéramos otro día.

    ResponderEliminar
  2. Me lo pasé genial contando un cuento a los niños de1B.¡Esta profe es la mejor!además nos ayudó a practicar y a mejorar la lectura.

    ResponderEliminar
  3. Fue bastante divertido aún que Pablo se equibocara y se saltara una pagina pero no pasa nada eso le pasa a qualquiera.

    ResponderEliminar
  4. Fue mui guai nos lo pasamos muy bien.

    ResponderEliminar
  5. Tiñan unha bo pinta mmm...

    ResponderEliminar