Salcedo
Un dos meus lugares favoritos é unha aldea chamada
Salcedo. Alí hai tres vías de tren con pedras, e a min encántame coller a
miña bicicleta e dar un paseo polo seu camiño de area. Se vas por alí
encontras varios tipos de árbores e de paxaros.
Hai varias leiras
que son unha preciosidade. Están cultivadas e nelas hai plantadas
moitos legumes. Encántame ver como os tractores e a xente van botando
as sementes para que logo medren as patacas, o millo...
Cando miro os espantallos danme un pouco de medo, pero aguántome e sigo firme.
Hai
uns buratos grandes debaixo das vías porque detrás das fincas hai unha
preciosa vila e díxome meu avó que os buratos serven para que pasen as
persoas da vila.
Detrás das fincas discorre un fermoso río: O río
dos Gafos. Por alí pasa cada peixe máis grande... E tamén algúns máis
pequeniños... Tamén me gusta observar os diferentes parrulos a nadar na
auga do río. Eu sempre vexo pontes de todo tipo e un camiño para pasar o
río. Pero o máis bonito é observar a natureza e ver as plantas
florecer.
Aida Moreda Romero 5º B

Un Lugar Segredo
Eu teño unha casa en Campo Lameiro. É de
madeira e moi acolledora. Ten un xardín enorme e nel atópase unha
piscina onde me baño cos meus curmáns.
Despois de bañarnos imos a un
bosque cercano onde temos un lugar segredo. Nunha póla podedes ver unha arrandeeira que fixemos nós cunha corda e unha roda.
Tamén fixemos
unha cabana de madeira onde merendamos e falamos.
No bosque é moi divertido cando xogamos ás agachadas porque hai moitos piñeiros e é moi difícil encontrarnos
uns ós outros.
Tamén hai un regueiro onde pescamos cágados e despois soltámolos.
Gustame moito ese lugar e sempre será o meu lugar favorito.
Elisa Acuña Pereira 5ºA
A Praia De Lagos
A praia de Lagos gústame porque o clima é
cálido e os días longos. Nela podo pescar, observar os animais e, ás
veces, ata podo tocalos. Os paxaros rechouchían nas árbores frondosas,
nos eucaliptos, nos carballos...
Cando nado na súa auga cristalina
as algas tócanme e a min dame un pouco de noxo. Alí, as rochas da praia
fan formas, e ás veces, ata me imaxino que son nubes, pero duras e na
terra.
Nas rochas escarpadas hai cangrexos e, ás veces, ata centolas, bois de mar, etc.
A
praia de Lagos chámase así porque cando baixa a marea fórmase coma unha
especie de lago, xa que hai unha serie de rochas xuntas, e a marea baixa,
pero moita auga non pode saír do sitio.
A praia atópase no
concello de Bueu, preto do Cabo de Udra, pero na ría de Aldán. Alí, o meu
pai, miña nai, o meu irmán e mais eu pasámolo moi ben.
Adrián López Fernández 5º B
As Covas De Xeo

Cando fun ás Covas de Xeo preto de Salzburgo, en Austria, tivemos que subir por
un teleférico. Desde o teleférico víase unha montaña rochosa e
luminosa. Cando chegamos ás covas primeiro encontramos un arco natural cunhas portas
altas coma xigantes. Para camiñar dentro das covas e poder ver tivemos que ir con candís pero cando abrimos as portas
os candís apagáronse polo aire que facía no interior. Cando abrín os ollos para ver
esa marabilla, puden contemplar unha cova con xeo polo chan e por unhas paredes.
Despois de andar un rato vimos unha estatua de xeo en forma dun oso, todo
feito pola natureza. Tivemos que baixar por escaleiras que estaban
clavadas no xeo e para a volta pasamos por un túnel estreito. Ese
mesmo día foi o mellor da miña vida.
Yago AlvariñasTilve 5º A
O Pobo Fantástico
Un dia eu fun a un lugar moi, pero que
moi bonito! Alí, de primero vin un campo cheo de flores. Entre tantas flores puiden mirar uns xirasoles, algunhas margaridas,
unhas papoulas e unha que outra rosa
branca.
De
segundo vin un grande arco da vella. Que colorido estaba!

Os paxaros verdes, vermellos e amarelos voaban polo ceo e eu oía o seu rechouchío…
Así que eu o primeiro que quería ao sair do coche era ir xogar. Entón intentei chegar ó pobo onde os nenos estaban
xogando ás agachadas. Pero nese momento miña
tía chamoume e tiven que irme.
E xa no terceiro momento, pola noite,
eu acerqueirme á ventá e vin no horizonte as nubes laranxas, amarelas e
vermellas. Claro, era o solpor!
Yerai Loureiro Alonso 5º B
Pensar En Raxó
Cando fai mal tempo, penso cando chegará o ansiado verán e no ben que o paso en Raxó.

Só
de pensalo pónseme un sorriso na cara. E é que Raxó é un pobo moi
bonito. Nel atopamos catro praias, unhas máis grandes cás outras. Adoitamos ir á primeira, porque aínda que teña bastantes pedras, a min é a
que máis me gusta. Nela imos pescar ás rochas, bañámonos e xogamos con
almofadas inchables, coas canoas, tomámolo sol...
Pero onde mellor o paso é no parque.
Alí
hai varios columpios, tres arrandeeiras, dous bancos... E o máis
importante son as pistas, que teñen dúas porterías e unha canastra en
cada lado. Alí xogo coa miña curmá e as miñas amigas ao fútbol e a
baloncesto. ¡¡¡Pasámolo xenial!!!
Belén Garrido Martínez 5º A
A Praia Dos Ríos

No verán vou a esa praia e o meu
corazón salta de ledicia. Non só polas ondas que rompen na beiramar,
senon tamén polos ríos onde a auga case sempre nos chega polos xeonllos. Pero cando a marea sobe, a auga chega pola barriga, e os nenos pequenos
non poden estar alí, porque se non, afogan.
O que me sorprende é o
mar e as súas ondas, porque ás veces son pequenas e outras veces
grandes. E por suposto a marabillosa cor azul do mar.
Cando xa son
as seis, acostumo ir ás rochas que hai ó fondo da praia onde atopo
cangrexos, cunchas, etc. Pero hai que ter coidado ó apañar os cangrexos,
porque se te descoidas, cóllenche o dedo coas pinzas.
Por último tírome na toallla ata as oito e media, e así acaba un día espectacular.
Diego Santiago Martínez 5º B
O Meu Espazo Natural
O meu espazo preferido queda en Salcedo.
Un día de verán fun alí cos meus amigos, pasear polo monte para
explorar. Meténdonos entre árbores e arbustos encontramos o meu sitio
preferido. Ese sitio contén varias marabillas: unhas árbores onde os
paxariños cantan e se divirten, un regueiro con pequenas fervenzas
formadas por pedras, onde un día ata caín..., un pequeno prado onde as
bolboretas voan e saltan de flor en flor...
Na primavera ese lugar énchese de cores moi bonitas: verde do prado, vermello, violeta, o azul do ceo e o branco das nubes...
Alí,
no verán, poño unha toallla, unha manta, un mantel... E séntome a ler e
escoitar música, ou simplemente paso o tempo a encontrar tesouros
naturais.
Gústame ir porque sinto tranquilidade, alí no meu
espazo, cun sorriso cara á natureza ou collendo un toque de serenidade
dos animais...
Estou esperando as vacacións para poder seguir disfrutando do que acabo de contar...
Lía Ferreira Rosón 5º A
Béjar E A Súa Paisaxe

O pobo da miña nai chámase Béjar e está
situado na provincia de Salamanca.
É tan verde e tan bonito que me
lembra a Galicia. O meu sitio favorito é o Pazo dos Zúñiga que está
rodeado dunha murallla derruída. Gústame porque me parece interesante
pensar como era antes a vida nestes lugares.
Detrás do pazo están
os restos dunha muralla romana, e detrás da igrexa un piñeiral onde me
gusta oir o rechouchío dos paxaros. Así síntome tranquilo. Tamén me
gusta a fonte de pedra e o templete de música moi bonito, cun debuxo moi
colorido.
Pablo Murillo 5º B
A Paisaxe Que Máis Me Gusta
Na paisaxe que máis me gusta hai
catro praias seguidas. Na primeira praia hai un porto pequeno e alí de
vez en cando a xente vai pescar peixes, chocos...

Gústame moito
porque na praia hai moitos barcos e de vez en cando ata aparecen
arroaces! Gústame sobre todo no verán porque podes ir á praia todos os
días e á tardiña contemplar o fermoso solpor cheo de colorido.
Ao
lado dunha das praias nunha rocha moi grande, enriba, hai un parque
pequeniño onde se pode xogar, claro. Tamén noutra praia hai un mirador
con moita vexetación e tres bancos.
Alí, paso as vacacións de
verán nun piso moi fresquiño. Gústame cando celebramos o San Xoán pola
noite na area da praia aínda que cadre marea alta.
E xa vou dar a despedida. Espero que vos guste.
Sandra Rodríguez Torres 5º B
A Viaxe A Asturias
Eu fun a Asturias pasar uns dias porque o
meu pai foi correr unha carreira cos seus amigos. Alí, puiden efectivamente, ver o meu pai
correr pola montañas cobertas de moita neve. E tamén, o meu pai e mais eu, corremos un
pouco despois da súa carreira.

Logo fun xogar un pouco no xardín da casa
que nos tocou. Tamén puiden plantar unha flor moi bonita, era unha
rosa amarela. En Suarias, que así se chamaba o lugar, comemos nun restaurante e despois comprei un
asubío de madeira e un chaveiro cun boneco de vaca. Noutro sitio de
Suarias saquei unha foto coas montañas todas cheas de neve. E non me esquecín de comprar un
colar moi bonito de cor branca que tiña a forma de golfiño.
Cando nos viñamos para a casa,
antes de chegar, aínda vin o Mar Cantábrico!
Encantoume ir a Asturias
..... Estou desexando ir outra vez!
Zaira Núñez Vidal 5ºB
A Praia De Foxos Na Lanxada

No verán imos pasar as vacacións á casa dos meus avós na Lanzada.
É
unha praia das máis famosas de Galicia e está situada no concello
turístico do Grove. A súa area é branca, e ten uns paseos de madeira moi
longos de case dous quilómetros onde podes camiñar sen poñer os pés na area.
A mim gústame moito a praia
porque me relaxa moito o son das ondas do mar. Ademais tamén fago surf e
xogo coa miña pandilla de amigos do verán que veñen de diferentes
localidades e pasámolo xenial.
¡Os días de vacacións do verán pasan voando! ¡¡Que fermoso é o verán!!
Pablo Dopazo Lois 5º A
No Verdugo

No río Verdugo pásoo moi ben. No verán encántame ir
coas miñas curmás. O río Verdugo está ao lado do centro penitensario de A
Lama. Que medo! Pero tamén, está ao lado da finca
privada onde eu vou e que só pode ser utilizada polos clientes. Alí, ás veces, celébranse festas no río e mola moito.
Pero o
máis raro é que sexa o meu lugar favorito xa que sempre me pican as
abellas...
Cando estou alí, encántame tumbarme na toalla e oir o rechouchío dos paxaros e
poder durmir alí, tranquilamente debaixo dos carballos e dos amieiros.
Nicole Dayana López Andrade 5º B
Isto É Coma Estar Na Casa

O 20 de xuño de 2010, fun aos Picos
de Europa. Foi unha experiencia boísima. Alí podías ver un rechamante
branco nas montañas e aínda que teñas que subir moitas escaleiras para
chegar, merece a pena viaxar ata alí. A paisaxe está formada por unhas
montañas que no inverno acaban en pico pola neve que se vai acumulando.
Eu, cando fun, escoitaba unhas pequenas pingas: eran as folerpas de neve
que caían na montaña. As pingas apoiábanse moi de vagar e facían un
ruidiño coma un axóuxere sacudido pola man dun meniño.
Fun cos
meus pais e meus irmáns, e desde aquel día esas vistas non se me borraron
dos ollos. Xa ao atardecer tamén puiden escoitar un lobo oubear alá ao
lonxe nas montañas. Neses días notaba sobre todo que ao respirar estaba
na natureza.
Alicia Boullón García 5º A
O Mellor Lugar Do Mundo
O mellor sitio do mundo para min encóntrase no Parque de San Lázaro en Ourense. Cando estou alí sinto emoción, ledicia, paixón... Encántame ir e estar alí!

E falando diso, vou ir en Semana Santa. E teño moitísima sorte porque a miña tía vive alí e en ocasións especiais vou.
O último día que fun, chovía, así que non puiden saír... Deume tanta pena que pensei:
- Para unha vez que estou aquí... E que chova...
Alí pásoo xenial xogando cos nenos ourensáns ao fútbol, nos columpios...
Resumindo, Ourense é o lugar máis marabilloso do mundo! Ourense encanta e é unha chulada! En dúas palabras, Ourense é estupendo e marabilloso!
Kedus José Dueñas Ramallo 5º B
A Praia De Area Grande
O meu lugar favorito é a praia de Area Grande, situada en San Vicente do Mar no concello do Grove.
Esta praia está chea de rochas, cada unha coa súa forma. Por exemplo hai unha con forma de can pola que se pode pasar por debaixo.

A min o que máis me gusta desa praia é o mar coas súas ondas, para poder nadar. Nela hai pedaletas, unha especie de barcas con pedais.
Hai que ter moito coidado coa comida, porque cando te descoidas, xa cha zamparon as gaivotas.
Nesta praia a zona de area xúntase co monte no que hai moitos piñeiros.
Meus pais e mais eu sempre que imos a esta praia quedamos a comer debaixo dun piñeiro.
Que ben que ten tantos piñeiros, porque co calor que fai no verán... Non se pode nin pisar a area!!!
Álvaro Calvo Lesende 5º A
Disfrutando Na Praia
Um dia na praia facía un vento terrible e no mar había moita
oleaxe, pero
tamén moito calor. Foi un día moi especial para min, gustoume moito porque o
pasei ben cos meus curmáns. Tiñamos moitas colchonetas, e ata un colchón
inchable! Así fomos nel ata un barco que estaba no muelle! ¡Que medo!, dicía meu curmán. Non tocabamos fondo pero... Pensabamos que sabendo nadar... Non habería perigo!
Unha ou dúas horas máis
tarde o meu irmán comprou unha viaxe en pedaleta, chamou a Mirian e a Xulito e alá fomos mar a
fóra... O pillabán de meu irmán, xunto con Mirian e Xulito intentaban facer volcar a pedaleta!... Caímos
tres veces e houbo unha vez en que a pedaleta íanos cair enriba... Afortunadamente, meu irmán nadou rápido e
colleuna! ¡Que susto! Ademais, se quedamos sen ela tiñamos que pagar máis diñeiro!
Adrián Lagos Piedras 5º B