viernes, 21 de febrero de 2014

Os Nosos Lugares Favoritos

Salcedo
Un dos meus lugares favoritos é unha aldea chamada Salcedo. Alí hai tres vías de tren con pedras, e a min encántame coller a miña bicicleta e dar un paseo polo seu camiño de area. Se vas por alí encontras varios tipos de árbores e de paxaros.
Hai varias leiras que son unha preciosidade. Están cultivadas e nelas hai plantadas moitos legumes. Encántame ver como os tractores e a xente van botando as sementes para que logo medren as patacas, o millo...
Cando miro os espantallos danme un pouco de medo, pero aguántome e sigo firme.
Hai uns buratos grandes debaixo das vías porque detrás das fincas hai unha preciosa vila e díxome meu avó que os buratos serven para que pasen as persoas da vila.
Detrás das fincas discorre un fermoso río: O río dos Gafos. Por alí pasa cada peixe máis grande... E tamén algúns máis pequeniños... Tamén me gusta observar os diferentes parrulos a nadar na auga do río. Eu sempre vexo pontes de todo tipo e un camiño para pasar o río. Pero o máis bonito é observar a natureza e ver as plantas florecer.
Aida Moreda Romero 5º B

Un Lugar Segredo
Eu teño unha casa en Campo Lameiro. É de madeira e moi acolledora. Ten un xardín enorme e nel atópase unha piscina onde me baño cos meus curmáns. 
Despois de bañarnos imos a un bosque cercano onde temos un lugar segredo. Nunha póla podedes ver unha arrandeeira que fixemos nós cunha corda e unha roda.
Tamén fixemos unha cabana de madeira onde merendamos e falamos.
No bosque é moi divertido cando xogamos ás agachadas porque hai moitos piñeiros e é moi difícil encontrarnos uns ós outros.
Tamén hai un regueiro onde pescamos cágados e despois soltámolos.
Gustame moito ese lugar e sempre será o meu lugar favorito.
Elisa Acuña Pereira 5ºA

A Praia De Lagos
A praia de Lagos gústame porque o clima é cálido e os días longos. Nela podo pescar, observar os animais e, ás veces, ata podo tocalos. Os paxaros rechouchían nas árbores frondosas, nos eucaliptos, nos carballos...
Cando nado na súa auga cristalina as algas tócanme e a min dame un pouco de noxo. Alí, as rochas da praia fan formas, e ás veces, ata me imaxino que son nubes, pero duras e na terra.

Nas rochas escarpadas hai cangrexos e, ás veces, ata centolas, bois de mar, etc.
A praia de Lagos chámase así porque cando baixa a marea fórmase coma unha especie de lago, xa que hai unha serie de rochas xuntas, e a marea baixa, pero moita auga non pode saír do sitio.
A praia atópase no concello de Bueu, preto do Cabo de Udra, pero na ría de Aldán. Alí, o meu pai, miña nai, o meu irmán e mais eu pasámolo moi ben.
Adrián López Fernández  5º B

As Covas De Xeo
Cando fun ás Covas de Xeo preto de Salzburgo, en Austria, tivemos que subir por un teleférico. Desde o teleférico víase unha montaña rochosa e luminosa. Cando chegamos ás covas primeiro encontramos un arco natural cunhas portas altas coma xigantes. Para camiñar dentro das covas e poder ver tivemos que ir con candís pero cando abrimos as portas os candís apagáronse polo aire que facía no interior. Cando abrín os ollos para ver esa marabilla, puden contemplar unha cova con xeo polo chan e por unhas paredes. 
Despois de andar un rato vimos unha estatua de xeo en forma dun oso, todo feito pola natureza. Tivemos que baixar por escaleiras que estaban clavadas no xeo e para a volta pasamos por un túnel estreito. Ese mesmo día foi o mellor da miña vida.
Yago AlvariñasTilve 5º A
 
O  Pobo Fantástico
Un  dia eu fun a un lugar moi, pero que moi bonito! Alí, de primero vin un campo cheo de flores. Entre tantas flores puiden mirar uns xirasoles, algunhas margaridas, unhas papoulas e unha que outra rosa branca. 
De segundo vin un grande arco da vella. Que colorido estaba!
Os paxaros verdes, vermellos e amarelos voaban polo ceo e eu oía o seu rechouchío… 
Así que eu o primeiro que quería ao sair do coche era ir xogar. Entón  intentei chegar ó pobo onde os nenos estaban xogando ás agachadas. Pero nese momento miña tía chamoume e tiven que irme.
E xa no terceiro momento, pola noite, eu acerqueirme á ventá e vin no horizonte as nubes laranxas, amarelas e vermellas. Claro, era o solpor!
Yerai Loureiro Alonso  5º B

Pensar En Raxó
Cando fai mal tempo, penso cando chegará o ansiado verán e no ben que o paso en Raxó.
Só de pensalo pónseme un sorriso na cara. E é que Raxó é un pobo moi bonito. Nel atopamos catro praias, unhas máis grandes cás outras. Adoitamos ir á primeira, porque aínda que teña bastantes pedras, a min é a que máis me gusta. Nela imos pescar ás rochas, bañámonos e xogamos con almofadas inchables, coas canoas, tomámolo sol...
Pero onde mellor o paso é no parque.    
Alí hai varios columpios, tres arrandeeiras, dous bancos... E o máis importante son as pistas, que teñen dúas porterías e unha canastra en cada lado. Alí xogo coa miña curmá e as miñas amigas ao fútbol e a baloncesto. ¡¡¡Pasámolo xenial!!!
Belén Garrido Martínez 5º A

A Praia Dos Ríos
No verán vou a esa praia e o meu corazón salta de ledicia. Non só polas ondas que rompen na beiramar, senon tamén polos ríos onde a auga case sempre nos chega polos xeonllos. Pero cando a marea sobe, a auga chega pola barriga, e os nenos pequenos non poden estar alí, porque se non, afogan.
O que me sorprende é o mar e as súas ondas, porque ás veces son pequenas e outras veces grandes. E por suposto a marabillosa cor azul do mar.
Cando xa son as seis, acostumo ir ás rochas que hai ó fondo da praia onde atopo cangrexos, cunchas, etc. Pero hai que ter coidado ó apañar os cangrexos, porque se te descoidas, cóllenche o dedo coas pinzas.
Por último tírome na toallla ata as oito e media, e así acaba un día espectacular.
Diego  Santiago Martínez 5º B

O Meu Espazo Natural
O meu espazo preferido queda en Salcedo. Un día de verán fun alí cos meus amigos, pasear polo monte para explorar. Meténdonos entre árbores e arbustos encontramos o meu sitio preferido. Ese sitio contén varias marabillas: unhas árbores onde os paxariños cantan e se divirten, un regueiro con pequenas fervenzas formadas por pedras, onde un día ata caín..., un pequeno prado onde as bolboretas voan e saltan de flor en flor...
Na primavera ese lugar énchese de cores moi bonitas: verde do prado, vermello, violeta, o azul do ceo e o branco das nubes...
Alí, no verán, poño unha toallla, unha manta, un mantel... E séntome a ler e escoitar música, ou simplemente paso o tempo a encontrar tesouros naturais.
Gústame ir porque sinto tranquilidade, alí no meu espazo, cun sorriso cara á natureza ou collendo un toque de serenidade dos animais...
Estou esperando as vacacións para poder seguir disfrutando do que acabo de contar...
Lía Ferreira Rosón 5º A

Béjar E A Súa Paisaxe
O pobo da miña nai chámase Béjar e está situado na provincia de Salamanca. 
É tan verde e tan bonito que me lembra a Galicia. O meu sitio favorito é o Pazo dos Zúñiga que está rodeado dunha murallla derruída. Gústame porque me parece interesante pensar como era antes a vida nestes lugares.
Detrás do pazo están os restos dunha muralla romana, e detrás da igrexa un piñeiral onde me gusta oir o rechouchío dos paxaros. Así síntome tranquilo. Tamén me gusta a fonte de pedra e o templete de música moi bonito, cun debuxo moi colorido.
Pablo Murillo 5º B

A Paisaxe Que Máis Me Gusta
Na paisaxe que máis me gusta hai catro praias seguidas. Na primeira praia hai un porto pequeno e alí de vez en cando a xente vai pescar peixes, chocos...
Gústame moito porque na praia hai moitos barcos e de vez en cando ata aparecen arroaces! Gústame sobre todo no verán porque podes ir á praia todos os días e á tardiña contemplar o fermoso solpor cheo de colorido.
Ao lado dunha das praias nunha rocha moi grande, enriba, hai un parque pequeniño onde se pode xogar, claro. Tamén noutra praia hai un mirador con moita vexetación e tres bancos.
Alí, paso as vacacións de verán nun piso moi fresquiño. Gústame cando celebramos o San Xoán pola noite na area da praia aínda que cadre marea alta.
E xa vou dar a despedida. Espero que vos guste.
Sandra Rodríguez Torres 5º B

A Viaxe A Asturias
Eu fun a Asturias pasar uns dias porque o meu pai foi correr unha carreira cos seus amigos. Alí, puiden efectivamente, ver o meu pai correr pola montañas cobertas de moita neve. E tamén, o meu pai e mais eu, corremos un pouco despois da súa carreira. 
Logo fun xogar un pouco no xardín da casa que nos tocou. Tamén puiden plantar unha flor moi bonita, era unha rosa amarela. En Suarias, que así se chamaba o lugar, comemos nun restaurante e despois comprei un asubío de madeira e un chaveiro cun boneco de vaca. Noutro sitio de Suarias saquei unha foto coas  montañas todas cheas de neve. E non me esquecín de comprar un colar moi bonito de cor branca que tiña a forma de golfiño. 
Cando nos viñamos para a casa, antes de chegar, aínda vin o Mar Cantábrico!
Encantoume ir a Asturias ..... Estou desexando ir outra vez!
Zaira Núñez Vidal 5ºB

A Praia De Foxos Na Lanxada
No verán imos pasar as vacacións á casa dos meus avós na Lanzada.
É unha praia das máis famosas de Galicia e está situada no concello turístico do Grove. A súa area é branca, e ten uns paseos de madeira moi longos de case dous quilómetros onde podes camiñar sen poñer os pés na area.
A mim gústame moito a praia porque me relaxa moito o son das ondas do mar. Ademais tamén fago surf e xogo coa miña pandilla de amigos do verán que veñen de diferentes localidades e pasámolo xenial.
¡Os días de vacacións do verán pasan voando! ¡¡Que fermoso é o verán!!
Pablo Dopazo Lois 5º A

No Verdugo
No río Verdugo pásoo moi ben. No verán encántame ir coas miñas curmás. O río Verdugo está ao lado do centro penitensario de A Lama. Que medo! Pero tamén, está ao lado da finca privada onde eu vou e que só pode ser utilizada polos clientes. Alí, ás veces, celébranse festas no río e mola moito.
Pero o máis raro é que sexa o meu lugar favorito xa que sempre me pican as abellas... 
Cando estou alí, encántame tumbarme na toalla e oir o rechouchío dos paxaros e poder durmir alí, tranquilamente debaixo dos carballos e dos amieiros.
Nicole Dayana López Andrade 5º B

Isto É Coma Estar Na Casa
O 20 de xuño de 2010, fun aos Picos de Europa. Foi unha experiencia boísima. Alí podías ver un rechamante branco nas montañas e aínda que teñas que subir moitas escaleiras para chegar, merece a pena viaxar ata alí. A paisaxe está formada por unhas montañas que no inverno acaban en pico pola neve que se vai acumulando.
Eu, cando fun, escoitaba unhas pequenas pingas: eran as folerpas de neve que caían na montaña. As pingas apoiábanse moi de vagar e facían un ruidiño coma un axóuxere sacudido pola man dun meniño.
Fun cos meus pais e meus irmáns, e desde aquel día esas vistas non se me borraron dos ollos. Xa ao atardecer tamén puiden escoitar un lobo oubear alá ao lonxe nas montañas. Neses días notaba sobre todo que ao respirar estaba na natureza.
Alicia Boullón García 5º A

O Mellor Lugar Do Mundo
O mellor sitio do mundo para min encóntrase no Parque de San Lázaro en Ourense. Cando estou alí sinto emoción, ledicia, paixón... Encántame ir e estar alí!
E falando diso, vou ir en Semana Santa. E teño moitísima sorte porque a miña tía vive alí e en ocasións especiais vou.
O último día que fun, chovía, así que non puiden saír... Deume tanta pena que pensei:
- Para unha vez que estou aquí... E que chova...
Alí pásoo xenial xogando cos nenos ourensáns ao fútbol, nos columpios...
Resumindo, Ourense é o lugar máis marabilloso do mundo! Ourense encanta e é unha chulada! En dúas palabras, Ourense é estupendo e marabilloso!
Kedus José Dueñas Ramallo 5º B

A Praia De Area Grande
O meu lugar favorito é a praia de Area Grande, situada en San Vicente do Mar no concello do Grove.
Esta praia está chea de rochas, cada unha coa súa forma. Por exemplo hai unha con forma de can pola que se pode pasar por debaixo. 
A min o que máis me gusta desa praia é o mar coas súas ondas, para poder nadar. Nela hai pedaletas, unha especie de barcas con pedais.
Hai que ter moito coidado coa comida, porque cando te descoidas, xa cha zamparon as gaivotas.
Nesta praia a zona de area xúntase co monte no que hai moitos piñeiros.
Meus pais e mais eu sempre que imos a esta praia quedamos a comer debaixo dun piñeiro.
Que ben que ten tantos piñeiros, porque co calor que fai no verán... Non se pode nin pisar a area!!!
Álvaro Calvo Lesende 5º A

Disfrutando Na Praia
Um dia na praia facía un vento terrible e no mar había moita oleaxe, pero tamén moito calor. Foi un día moi especial para min, gustoume moito porque o pasei ben cos meus curmáns. Tiñamos moitas colchonetas, e ata un colchón inchable! Así fomos nel ata un barco que estaba no muelle! ¡Que medo!, dicía meu curmán. Non tocabamos fondo pero... Pensabamos que sabendo nadar... Non habería perigo!
Unha ou dúas horas máis tarde o meu irmán comprou unha viaxe en pedaleta, chamou a Mirian e a Xulito e alá fomos mar a fóra...  O pillabán de meu irmán, xunto con Mirian e Xulito intentaban facer volcar a pedaleta!... Caímos tres veces e houbo unha vez en que a pedaleta íanos cair enriba... Afortunadamente, meu irmán nadou rápido e colleuna! ¡Que susto! Ademais, se quedamos sen ela tiñamos que pagar máis diñeiro!
Adrián Lagos Piedras 5º B

14 comentarios:

  1. Hala!!!Cuantos lugares, cuanto he descubierto, pero q precisidades de dibujos y de fotos,se nota q han trabajado mucho!!!

    ResponderEliminar
  2. Que bonitos todos!!!! todos me gustan mucho, pero el que más me gusta es el de Alicia Boullón.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Yo ya me estoy imaginando los lugares tan bonitos.

      Eliminar
    2. La verdad son todos unos lugares preciosos

      Eliminar
  3. me encantan los lugares ,estan genial.me los imagino solo leyendolo.Laura ten razon o de Belén é moi bonito

    ResponderEliminar
  4. y el se Alicia tambien

    ResponderEliminar
  5. si teneis razón son los mejores lugares del mundo yo cuando los mire alucine porque los dibujos son fantasticos las redacciones también y las fotos aun mejor.

    ResponderEliminar
  6. Tienes razón Sandra estos lugares son una pasada casi me desmallo al verlos.

    ResponderEliminar
  7. Que bonitos son todos por dios!!!!

    ResponderEliminar
  8. Os lugares dos que falades son todos moi lindos pero o que máis me gusta son os vosos relatos. Están feitos con sentimento, pódese ler como disfrutastes neles.
    Non esquezades nunca eses lugares especiais, cerca ou lonxe, que podedes visitar aínda que sexa no voso recordo, porque todos precisamos dun rinconciño no que sentirnos a gusto e que sexa "de algún xeito noso".
    un bico grande e seguide escribindo por favor
    águeda

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Adrián Lagos 5º B24 de febrero de 2014, 20:09

      Muchísimas gracias profe Águeda nos encanta que sigas comentando en nuestro blog besos y saludos.

      Eliminar
  9. Gracias profe Águeda eres muy buena y me alegro que te guste nuestro blogue besos y abrazos 💕💋

    ResponderEliminar
  10. me han encantado lo luguares favoritos

    ResponderEliminar
  11. Adrián Lagos 5º B24 de febrero de 2014, 20:06

    No tengo palabras son todos tan bonitos.

    ResponderEliminar