miércoles, 17 de diciembre de 2014

Probas Para Superar O "Virus Lingüísticus"

O outro día na clase esperamos entusiasmados a que nos chamaran para facer unha xincana lingüística.
Cando chegamos ao ximnasio 3 doutoras explicáronnos que anda por aí un virus moi perigoso e tamén nos dixeron cales eran os síntomas do "virus Lingüísticus".
Tamén nos comentaron que tíñamos que facer unhas probas para ver se estabamos contaxiados. As actividades eran tres. Unha de Mentalidade. Nela había que cruzar unha barreira de persoas sen que nos pillaran e poñer os nomes dos ósos do noso corpo... Costouno moito!!!
Na proba de Resistencia contabamos unha adiviña e para dicir a resposta tiñamos que meter unha pelota polo burato do paracaídas. Foi bastante entretido!
Por último a proba de Velocidade. Esta era a máis complicada porque tiñamos cada un un número e se dicían o noso número os nosos compañeiros tiñan que abrir as pernas e nós pasabamos por debaixo e ademáis coller unhas letras para despois formar palabras con elas.
E despois de facer as probas resultou que sí estabamos contaxiados polo que temos que continuar a falar en galego e ademais dicir trabalinguas moi difíciles.
Diego Santiago Martínez, Zaira Núñez Vidal e Adrián Lágos Piedras 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario