viernes, 12 de diciembre de 2014

Viaxe En Tren A Santiago De Compostela

O día 18 de novembro despertamos moi nerviosos porque tiñamos unha visita a Santiago de Compostela.
Todos nos levantamos de mañá moi cedo para ir á estación. Mentras chegaba o tren estivemos xogando ata que chegou. Puxémonos por parellas, entramos no tren e fomos cara a Santiago. Na viaxe pasamos por moitos sitios con paisaxes moi bonitas, pobos, estacións, etc.
Cando chegamos fomos directamente ao Parlamento de Galicia. Alí esperábanos Higinio para ensinarnos todas as instalacións. Primeiro vimos un vídeo e logo fomos á biblioteca e alí explicounos como traballaban os deputados e realizamos un debate como se nós fósemos políticos. Foi divertido!
Despois apareceu Patricia Vilar que é da nosa cidade e que nos acompañou ata O Salón onde se debaten todas as leis galegas. Algúns pudemos sentarnos nos escaños do Goberno Galego.
Ao saír dirixímonos ata a Praza da Quintana e alí merendamos nun entorno fantástico e pacífico. Tiñamos tanta fame!!!
Logo fomos ata a Praza do Obradoiro e entramos na catedral. Todos pensamos que é espectacular, e grandísima!!! Algúns de nós fomos coa nosa profe Mary Carmen abrazar ó Apostolo Santiago. Que emocionante!
E xa tiñamos que voltar a Pontevedra. Pero antes aínda tivemos tempo de parar nun parque. Alí xogamos un montón e botamos fora moita adrenalina!
Ao regresar no tren tivemos algún problema cos asientos e algúns de nós tivemos que sentarnos noutro vagón separados do grupo. Aínda así foi un día divertido e emocionante!!! 
Aida Moreda Romero e Pablo Murillo Mateos 6ºB
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

3 comentarios:

  1. Esta escursión foi a mellor de todos os anos, encantoume!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola profesora, espero q te acordes de nos, agora estamos en tecnoloxía e coma xa acabamos o tema podemos entrar no q queramos e a min ocurriuseme visitar o blog. Xa vexo q é un éxito e alegrome moito.
    Votamoste d menos, o istituto esta ben, pero nada comparado co colexio. Espero verte pronto. Moitos bicoss

    ResponderEliminar
  3. Ola, Dalila!
    Claro que me lembro de vós! E alédame moito saber de ti!
    Vós, as primeiras Aguias de Lume, sabedes que no meu pensamento sempre vai haber un recunchiño para vós! E é que xuntos pasamos moitos momentos, moitas emocións inesquecibles...
    Bicos para ti e para todos os demais!

    ResponderEliminar