E hoxe, As Aguias de Lume, estamos aquí de novo para desexarvos boas festas e toda a felicidade do Mundo!
CLICADE EN CADA FOTOGRAFÍA PARA VER DIFERENTES PRESENTACIÓNS DO INVERNO E DO NADAL
miércoles, 23 de diciembre de 2015
sábado, 19 de diciembre de 2015
Palabras De Nadal De 5º A Para O Mundo
E aquí vos deixamos as palabras de 5º A, As Aguias de Lume, cos nosos desexos para todos vós neste Nadal 2015!

O Nadal acende un sorriso!
Acende a luz dos
teus ollos!
Acende felicidade!
Que Papá Noel
traia agasallos cheos de fantasía para soñar!
Que o ano que
está por vir estea cheo de amor e saúde.
Feliz Nadal
porque hai que disfrutar e ter sempre un sorriso na cara.
Noelia Blanco
Obelleiro
Vanse algunhas
pombas
E chegan outras
de paz,
Que se apoian nos
abetos de Nadal!
Chea de neve,
feita de felicidade!
Bonecos todos
brancos
Alóngaselles o
nariz
E pónselles
laranxa
Os agasallos dos
nenos
Non son xoguetes...
É diñeiro!
Pero non para
eles:
Para a xente que
nada ten!
Brais García
Mejuto
O Nadal está a chegar!
É un tempo para non
pelexar!
O Nadal ven con
moita felicidade
e moita graza!
e moita graza!
Todos temos que rir
e levarnos ben!
Todos a
disfrutar,
A pasalo ben e
con moita ledicia!
Kike Jiménez Alonso
O Nadal é un
tempo
Un tempo de
felicidade,
Un tempo do que
agroma
A máis forte
irmandade!
O Nadal é un
tempo
Un tempo de
familia,
Un tempo de
prosperidade!
XermánGonzález Rivas
Benvido Nadal que
moita felicidade nos traes e tamén moitos agasallos cheos de ilusión e... amor,
moito amor e felicidade!
Que todos os nenos
e nenas disfrutemos deste Nadal como moitos que virán!
Lucía Barreiro
Lema
Con moitos
agasallos cheos de amor!
Reúnete coa
familia
Nunha cea moi
especial!
É así o meu Nadal:
As rúas énchense
de ledicia
Cando no 25 de
decembro
Chega Papá Noel
Esparexendo pós
máxicos
Que se converten
en
árbores de chocolate
E as flores en
galletas.....
Adrián Fernández
Fraguas
Bo Nadal!
Cheo de
felicidade!
Que haxa moitos
agasallos cheos de sorrisos,
De boas festas
para todos!
Pero estar coa
familia é o mellor agasallo de todos!
Vicente Martí
Pesqueira
Unha ledicia para
a familia
Un desexo de
sorrisos!
Cando cae a neve,
E todo se volve
branco
Cando en Noiteboa
estás ledo e feliz!
Cando soan as
badaladas
E celebras o
feliz Ano Novo
Cos teus
familiares.
Deséxoche un Bo
Nadal!
E un Bo Ano Novo!
Lucía
Sánchez Guerra
O Nadal xa chega
cheo de felicidade!
Con sorrisos e
mais agasallos de amor e solidariedade!
En familia
pasámolo xenial
Todo é sorrisos
por alí e por alá!
Feliz Nadal
Nardos Dueñas Ramallo
O Nadal, as
follas no chan
Cheas de
felicidade
E os sorrisos
polo aire
Sempre estarán!
Brais García
Alonso
Non te rendas nunca!
Continúa coas
túas ideas xeniais!
No Nadal poden
facerse todas
Realidade!
O Nadal é para
disfrutar,
Lémbrao sempre!
Feliz Nadal!
Angélica Badás Cimadevila
Chega O Nadal!
Que nos traia
harmonía e prosperidade!
Que en cada unha
das casas do mundo
Haxa ilusión
E verdadeira
emoción.
É tempo de
compartir uns cos outros
E axudarnos e
conseguir
Que acabe a violencia
E que comece o
Amor!
Juan José Laverde
Villa

Bo Nadal a todo o
mundo!
Ven onda nós e
axúdanos
a que o mundo teña felicidade e amor!
Que os nenos
teñan agasallos
de felicidade no Nadal!
Amelia García García
lunes, 7 de diciembre de 2015
En Culturgal Coñecemos Os FORMIG4S
Ola! Somos Nardos e
Juan José e queremos comentarvos como coñecemo OS FORMIG4S na nosa saída cultural do día 4 de decembro.
Nese día, sobre as 11,30 h. saímos da escola en dirección á Ponte dos Tirantes.
Estaba bo día e o Río Lérez amosaba unha superficie lisa e tranquila na que un piragüista remaba relaxadamente.
Desde a ponte xa se vía o noso destino: O Pazo de Congresos.
Alí, no Pazo, era onde se estaba a celebrar Culturgal, a feira das industrias culturais.
E foi alí onde coñecemos a FORMOS4, FORX4N, FORNEL4
e FORM4IL os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai
ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e
complicados.
Hai tres libros no mercado nos que as súas aventuras suceden en diferentes lugares como París, Barcelona ou Nova Iorque. E estade atentos porque próximamente saen as súas fazañas en Toquio!
Foi unha saída moi interesante porque coñecemos ao aoutor dos libros PeRE ToBaruela e ao ilustrador AndRés mEixide.
Por alí andaban tamén os das noticias, as marionetas dos Bolechas, ... Regaláronnos caramelos e imáns para a
nevera e tomáronos unhas fotos posando como top models...
Pasámolo moi ben e despois regresamos tranquilamente outra vez pola Ponte dos Tirantes ata a escola.
domingo, 6 de diciembre de 2015
Visitando O Ártico
Que tal? Somos Lucía e Amelia e imos contarvos a visita que fixemos o xoves día 3.
Saímos da escola ás 12:30 h, todos contentos porque nos gusta de vez en cando non ter que estar sempre na clase alí sentados.
Polo camiño fixámonos nas bonitas cores que as árbores nos presentan este outono.
Pasamos polos arredores da Praza de Abastos e encontramos esta mulleriña dando de comer ás galiñas:
Asombramos a Valle Inclán vendo pasar tantos rapaces e rapazas pola súa beira.
E atravesamos por debaixo da casa do Arco.
E así, camiñando, chegamos ata o centro de Pontevedra. Na Praza de España esperábanos unha gran carpa que acollía a exposición "O Ártico Rompe".
Xa no interior recibiunos unha moza moi simpática chamada Ana, que nos guiou e acompañou ata o final da exposición.
En primeiro lugar amosounos nunhas pantallas imaxes de animais do Ártico, focas, osos polares, o raposo do Ártico, ...
Unha curiosidade que aprendemos dos osos polares é que non son brancos, non, son negros! E o seu pelo tampouco é branco senon transparente! A todos nos colleu de sorpresa e pareceunos alucinante!
Gustounos moito a exposición. Podías ver, escoitar e tamén podías tocar. Por exemplo estivemos tocando unhas placas de diferentes cores, a branca era a máis fría, e a negra a máis quente, e outras máis cousas...
A nós encantounos ver as auroras boreais, son preciosas!!! E tamén coñecer algo da vida das persoas que habitan naquel territorio. Foi unha actividade moi interesante!!!
Amelia García García e Lucía Barreiro Lema 5ºACLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA VISITA
jueves, 26 de noviembre de 2015
Grandes Descubridores
Hoxe deixámosvos unhas investigacións sobre Grandes Descubridores da Historia. Xa Sabedes: Clicade en cada foto ou gif para que comecen as diferentes presentacións.
jueves, 19 de noviembre de 2015
Imos Ao Teatro: Espantallo Amigo
Ola, somos Xermán, Brais e Adrián e queremos contarvos o día que fomos ao teatro.
O mércores 18 de novembro fumos case toda a clase con case toda a escola ver unha peza teatral representada polos Quinquilláns.
A obra, como supoñedes polas imaxes, baseábase no libro de Xosé Neira Vilas " Espantallo Amigo".
Unhas semanas antes estivemos a ler o libro na aula e así enterámonos mellor de que ía todo.
Saímos da escola á hora do recreo e camiñamos ata O Teatro Principal que era onde se realizaba a función.
Pasamos por distintas rúas e lugares da nosa linda cidade, Pontevedra. Aquí estamos a pasar diante do Museo.
E aquí pasamos na Praza da Pedreira.
Aquí xunto a estatua de Valle Inclán, que estaba pasmado a mirar tantos rapaces e rapazas por alí.
Cando chegamos ao teatro a nós tocounos subir e, alí, estivemos esperando un tempiño, e por fin empezou.
Ao principio só había unha actriz sobre o escenario e despois chegou un actor que facía que non sabía o guión.
A continuación deu comezo a representación da historia e observamos que era un pouquiño diferente ao que tiñamos lido. Pero aínda así foi moi divertido e gustounos moito.
E cando terminou fumos outra vez en ringleira multicolor por Pontevedra adiante ata chegar á nosa clase.
Alí, algúns debuxaron o que máis lles gustou da representación e nós, velaqui estamos escribindo isto.
Xermán González Rivas, Adrián Fernández Fraguas e Brais Garcia Mejuto 5º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO TEATRO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)