jueves, 19 de noviembre de 2015

Imos Ao Teatro: Espantallo Amigo

Ola, somos Xermán, Brais e Adrián e queremos contarvos o día que fomos ao teatro.
O mércores 18 de novembro fumos case toda a clase con case toda a escola ver unha peza teatral representada polos Quinquilláns.
A obra, como supoñedes polas imaxes, baseábase no libro de Xosé Neira Vilas " Espantallo Amigo".
Unhas semanas antes estivemos a ler o libro na aula e así enterámonos mellor de que ía todo.
Saímos da escola á hora do recreo e camiñamos ata O Teatro Principal que era onde se realizaba a función.
Pasamos por distintas rúas e lugares da nosa linda cidade, Pontevedra. Aquí estamos a pasar diante do Museo.
E aquí pasamos na Praza da Pedreira.

Aquí xunto a estatua de Valle Inclán, que estaba pasmado a mirar tantos rapaces e rapazas por alí.
Cando chegamos ao teatro a nós tocounos subir e, alí, estivemos esperando un tempiño, e por fin empezou.
Ao principio só había unha actriz sobre o escenario e despois chegou un actor que facía que non sabía o guión.
A continuación deu comezo a representación da historia e observamos que era un pouquiño diferente ao que tiñamos lido. Pero aínda así foi moi divertido e gustounos moito.
E cando terminou fumos outra vez en ringleira multicolor por Pontevedra adiante ata chegar á nosa clase.
 Alí, algúns debuxaron o que máis lles gustou da representación e nós, velaqui estamos escribindo isto.
 Xermán González Rivas, Adrián Fernández Fraguas e Brais Garcia Mejuto 5º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DO TEATRO 

18 comentarios:

  1. Pasamolo xenial no teatro a obra foi moi interesante :-)

    ResponderEliminar
  2. os de busos me encantaron

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Brais Garcia Alonso 5 ºA24 de noviembre de 2015, 12:22

      estou cotigo amelia son bonitos

      Eliminar
  3. A min encantoume a obra foi xenial¡, e os actores o interpretaron moi ben.

    ResponderEliminar
  4. Moi bonitos todos os debuxos e a obra foi moi entretida xa que o facian moi ben e temen moi orixinal.
    O camino a mi faceuseme un pouco pesado xa que lebaba muletas.
    Foi xenial!!!

    ResponderEliminar
  5. me encanto tanto la obra como los dibujos que son muy bonitos todos : )

    ResponderEliminar
  6. A mi me gusta mucho el dibujo de amelia

    ResponderEliminar
  7. Gracias Adrián.Todos los dibujos son moi bonitos.

    ResponderEliminar
  8. Estubo muy entretenido.Y el tiempo paso rapidisimo.

    ResponderEliminar
  9. Brais Garcia Alonso 5 ºA24 de noviembre de 2015, 12:19

    Hola . Os debuxos son todos moi bonitos pero o de o de amelia e anjelica e moi moi bonito.

    ResponderEliminar
  10. Los dibujos muy chulos.

    ResponderEliminar
  11. Xerman Gonzalez Rivas24 de noviembre de 2015, 12:23

    Cando escribin esto xunto cos meus compañeiros Brais Mejuto e Adrian Fernandez mo imaxinaba moito menos bonito, pero a profe o puxo moi bonito.

    ResponderEliminar
  12. noelia blanco obelleiro 5 A24 de noviembre de 2015, 12:27

    Encantoume a obra estuvo preciosa. Fixerono xenial.
    Bieenn.

    ResponderEliminar
  13. A obra era moi bonita e moi divertida e tamén un pouco graciosa : )

    ResponderEliminar
  14. Moitas grazas por vir con nós á eira do Tío Ramón de Reborneda. Para nós tamén foi moi divertido compartir con vós a nosa versión do Espantallo Amigo. Un abrazo, amigas e amigos!!
    OS QUINQUILLÁNS

    ResponderEliminar
  15. A verdade é que estivemos encantados aí na eira do Tío Ramón de Reborneda! Comendo figos e falando co Espantallo Amigo!
    Moitas grazas a vós polas palabras! Estivestes fantásticos, Quinquilláns! Xa nos veremos noutras ocasións! Bicos e apertas!
    Mary Carmen Moledo
    Titora 5º A

    ResponderEliminar