viernes, 13 de noviembre de 2015

O Magosto Na Escola 2015

Ola! Somos Mario, Sabela e Lucía e imos contarvos a festa do noso magosto na escola.
Celebrámola hoxe, venres 13. Primeiro fixemos moitos xogos: O  paracaídas e o lanzamento de aneis no pabillón universitario e a corda e carreira de sacos no patio da escola.
Era emocionante choutar e choutar sen medo a mancarse.
Logo puxémonos negros a comer castañas. Ummm! que boas estaban! Aínda que había algunha que tiña algún que outro verme dentro...
Logo, como tiñamos tempo tamén xogamos a polis e ladróns! E algúns de nós puxémonos a tirar follas ao aire!
Pasámolo moi ben!
Cando subimos quixemos gardar na lembranza este día tan bo!
Entón dedicámonos a  ilustrar con imaxes o mellor magosto da nosa vida!!!
 Este debuxo de enriba é de Lucía Barreiro e o seguinte é de Angélica Badás.
 Así mirou Amelia o magosto:
 E así Rubén:
E Juan José Laverde:
E Brais García Alonso e Juanjo Carballido traballaron xuntos:
Mario Gómez Miranda, Sabela Lorenzo Figueroa e Lucía Sánchez Guerra. 5º A
CLICADE AQUÍ PARA MIRAR MÁIS FOTOS DO MAGOSTO 

9 comentarios:

  1. Me encantaron todas las fotos son muy bonitas

    ResponderEliminar
  2. teneis razón este magosto foy o mellor

    ResponderEliminar
  3. Moi ben encantoume que difrutarades do magosto como o fixen eu o ano pasado 2014-2015 vicos a tod@s

    ResponderEliminar
  4. Ummmmmmmm que ricas as castañas o magosto mais divertido

    ResponderEliminar
  5. Na primeira foto pillastes a Juanjo no aire

    ResponderEliminar
  6. ummmmmmmmm que ricas las castañas me relamo

    ResponderEliminar
  7. Que ben lo pasasamos no magosto!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  8. a min o xogo que mais me gustou foi a comba.

    ResponderEliminar
  9. as mellores castañas son as do director está claro¡

    ResponderEliminar