jueves, 4 de junio de 2015

De Excursión Ao Centro Etnográfico Do Río Mandeo En Teixeiro, Curtis

O martes 2 de xuño fomos de excursión ata O Centro Etnográfico do Río Mandeo en Teixeiro, Curtis. O diseño dos arquitectos fai que por fóra as súas paredes semellen palleiros.
Alí visitamos as instalacións que, por certo, están a un alto nivel tecnolóxico en canto ás exposicións e maquetas que alí se poden ver. Gustounos especialmente o poder ver como era un castro tal cual como cando estaban en pleno apogeo na Idade Do Ferro.
E claro, tamén cando pasabamos por diante do ordenador e nos poñía o casco dun guerreiro romano.
Tamén realizamos varias actividades. Para iso dividíronnos en tres grupos que iamos rotando para pasar por todo o que nos mandaban facer. Cada grupo tiña o nome dunha cor que eran laranxa, amarela e vermella.
Como xa dixemos turnabámonos nsas actividades. Por exemplo primeiro o grupo amarelo fixo o rastreo para a búsqueda duns sobres que estaban agochados polo bosque.
E tamén tiñan que contestar algunhas preguntas e adiviñanzas e incluso contar chistes.
O grupo laranxa fixo xogos populares como os bolos, a coller na boca e o pano.
¡Algúns corrían que parecían lebres!
O grupo vermello fixo un xogo no que tiñan que ordenar e completar refráns para logo escribilos nunhas libretas.
Pero o mellor foi na hora da comida. Comemos nun xardín, case que devorando todo o que levabamos!
 ¡Tiñamos unha fame negra!
E despois de sosegado o estómago algúns rapaces xogaron ao fútbol, pero a maioría xogamos todos xuntos coa nosa profesora Mary Carmen. Foi chulísimo!
Despois fixemos fotos en grupo para recordar a excursión e ter moitas lembranzas para máis tarde!
 Será algo inesquecible!

Ester haxhijahja, Zaira Núñez Vidal e Pablo Murillo Mateos 6ºB

1 comentario:

  1. Lagos en la foto cuando estaban jugando al pañuelo parece Michel Jakson

    ResponderEliminar