viernes, 12 de junio de 2015

Festa Do Deporte Na Escola

No día de onte tivemos A Festa Do deporte na escola.
O alumnado de 6º fomos os grandes protagonistas do evento xa que eramos os xogadores de todas as modalidades deportivas que celebramos.
E o resto da escola era o público que se acercou ata alí para animarnos.
Foi moi divertido xogar contra 6º A con todos os compañeiros.
O resultado é o de menos. Foi bonito estar alí todos xuntos nun dos nosos últinmos días na escola.
O mellor foi que participamos. A nosa Profe Mary Carmen deunos os parabéns e dixo que loitamos moi ben, un verdadeiro equipo ata o final e que nunca nos rendemos.
Así estabamos na clase antes do partido.
Durante o partido.
 Na entrega de medallas.
Despois da entrega de medallas, algo cansos logo do traballo ben feito.


E todos contentos despois de pasada toda a xornada.
Ester Haxhijahja 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS 

No hay comentarios:

Publicar un comentario