domingo, 26 de junio de 2016
sábado, 25 de junio de 2016
jueves, 23 de junio de 2016
Espallando Maxia No Escenario Con Castelao
O día 21 de xuño
foi para nós un día espectacular!
Ás nove e media
en puntiño fomos ao salón de actos para facer que a maxia resplandecera sobre o
escenario.
Por certo que os
nosos compañeiros Daniel e Noelia foron os que se encargaron da presentación do
festival e fixérono de maravilla!
As primeiras en actuar
foron as nosas grandes actrices Lucía B., Angélica e Sabela.
Elas as tres
representaron a peza titulada Imitose.
Unha obra
realizada con moito entusiasmo pola súa parte e onde ao final todo o público quedou
infectado!
E é que elas
contaxiáronnos coa súa vitalidade!
A nosa seguinte
actuación foi a escenificación de unha escolma de Cousas da Vida de Castelao,
feita pola nosa profe Mary Carmen.
Pasámolo tan ben actuando que ata o mesmo
Castelao baixou do ceo para unirse a nós.
E axudarnos con estas Cousas da Vida, da
vida de entón, e da vida de agora.
Onde se ve a sabedoría e retranca das
mulleres galegas.
Tamén a agudeza dos homes...
A picaresca dos políticos...
A inxenuidade dos nenos...
Persoas ás que lles gusta
moito o viño...
A dualidade pobreza, riqueza...
O pago en especies, sobre todo co famoso
pernil do porco...
E moitas máis Cousas da Vida.
Que quedarán para sempre na nosa memoria e
que levaremos sempre moi preto do corazón por facernos vivir unha experiencia única
e inesquecible!!
Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Amelia García García 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOSmiércoles, 22 de junio de 2016
Cómic: Cousas Da Vida
Estes días estivemos a traballar e a divertirnos con Castelao e as súas Cousas da Vida. E aquí vos deixamos a nosa particular visión. en forma de cómic.
jueves, 16 de junio de 2016
Tamén Somos Conductores, Ciclistas E Peóns
Hai unha semana tivemos unha saída moi bonita!
E é que nos desprazamos ata as instalacións de
Educación Vial do Concello de Pontevedra en Mollabao.
Saímos da escola ás 9 en puntiño.
Pasamos por diante do 6º Edificio do Museo de
Pontevedra.
Atravesamos os Arcos de San Bartolomé.
Admiramos a fermosa Praza da Leña.
Impresionounos coma sempre o entorno de San
Francisco.
E sentimos o raro silencio da deserta Praza da Ferrería.
Case eramos os únicos a transitar por alí!
Na rúa da Oliva xa había máis animación.
E na Praza de san José velaí estaban xa os
tertulianos coa súa conversa.
Ale! Que xa non falta moito!
E a fume de carozo enseguida demos chegado ao
noso destino!
Alí dividíronnos en tres grupos e xa comezou a
diversión!
Tiñamos que turnarnos e mentres uns se convertían
en conductores...
Outros eramos ciclistas.
E aínda estaba o grupo dos peóns.
Tiñamos que recorrer un circuíto no que había
semáforos, pasos de peóns...
E a verdade é que aprendemos moitas cousas
sobre seguridade vial.
Pero todos coincidimos en que a mellor
experiencia era conducir os Karts!
E pasámolo tan ben que estamos desexando poder
repetir!
A viaxe de volta á escola fixémola polo paseo
pegado ao río Lérez.
Pasamos debaixo da Ponte da autopista.
E menos mal que atopamos unha fonte que si
tiña auga. Así puidemos refrescarnos e beber porque a verdade é que estabamos
todos moi sedentos!
Tamén tivemos ocasión de mirar como se entrenan os nosos piragüístas.
Ascendemos pola pasarela de madeira...
que nos conducía a través da Ponte de Barca.
E que nos deixou diante do Club Náutico.
Non dubidamos en pasar a Ponte das
Correntes.
E alegrámonos moito cando divisamos a Ponte Do
Burgo.
A mulleriña seguía coas súas galiñas diante da
Praza de Abastos.
E nós por fin chegamos á escola para poder
disfrutar da merenda! Que fame tiñamos!
Nardos Dueñas Ramallo, Nerea Ferreira Ríos, Amelia García García e Xermán González Rivas 5º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)