jueves, 9 de junio de 2016

Visita Ao Museo: Castelao Artista

Ola, somos Vicente, Adrián e Daniel, alumnos de 5º A. Un día achegámonos ata O Museo de Pontevedra para disfrutar da Exposición: Castelao Artista.
Saímos da escola arredor das 11,45 e, claro, todos estabamos moi contentos.
Fomos dando un paseo falando tranquilamente e con calma baixo a sombra dos plátanos da avenida.
Ao chegar ao edificio do Museo, esperamos na porta ata que chegou o noso turno para entrar.
Xa dentro, recibiunos Cristian, o noso guía, que nos explicou todo con moito detalle, claridade e simpatía.
Unha cousa que nos chamou a atención foi o alto que se reprentaba Castelao a si mesmo nas caricaturas... Miña nai, que alto! Ata encendía o pitillo nas farolas da rúa!
Usaba moita cor nos seus cadros.
Tamén lle gustaba facer unha crítica da sociedade da súa época.
Nos seus cadros representou case todas as clases sociais repetindo personaxes dos cegos, borrachos, mariñeiros, labregos...
E non se esquecía dos emigrantes, tanto os que voltaron pobres...
      Como os que fixeron “As Américas”.
           E non  podían faltar as festas e romerías. 
Despois de marabillarnos con toda a súa obra exposta, subimos a outro andar e curioseamos por varias das súas pertenzas: libros, plumas, lentes, debuxos...
            E sorpendeunos ver alí as máscaras que castelao ideou para a súa obra teatral “Os Vellos Non Deben Namorarse”.
Despois, cando regresamos á escola, estivemos un bo rato lembrando toas esas marabillas dos cadros, debuxos e demais do noso gran artista: Castelao.
Daniel Rodríguez García, Vicente Martí Pesqueira e Adrián Fernández Fraguas. 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA VISITA 

2 comentarios:

  1. Bravo, bravo, encantoume a visita e o noso guia era moi simpatico .
    Agora dame curiosidade e quero aprender máis de castelao.

    ResponderEliminar
  2. Lucia Barreiro 5ºA14 de junio de 2016, 20:42

    eu estou de acordo coa miña compañeira Nardos eu teño curiosidade por Castelao, e o guía caeume moi ben, foi unha saída encantadora

    ResponderEliminar