jueves, 23 de junio de 2016

Espallando Maxia No Escenario Con Castelao

O día 21 de xuño foi para nós un día espectacular!
Ás nove e media en puntiño fomos ao salón de actos para facer que a maxia resplandecera sobre o escenario.

Por certo que os nosos compañeiros Daniel e Noelia foron os que se encargaron da presentación do festival e fixérono de maravilla!
As primeiras en actuar foron as nosas grandes actrices Lucía B., Angélica e Sabela.
Elas as tres representaron a peza titulada Imitose.
Unha obra realizada con moito entusiasmo pola súa parte e onde ao final todo o público quedou infectado!
E é que elas contaxiáronnos coa súa vitalidade!
A nosa seguinte actuación foi a escenificación de unha escolma de Cousas da Vida de Castelao, feita pola nosa profe Mary Carmen.
Pasámolo tan ben actuando que ata o mesmo Castelao baixou do ceo para unirse a nós.
E axudarnos con estas Cousas da Vida, da vida de entón, e da vida de agora.
Onde se ve a sabedoría e retranca das mulleres galegas.
Tamén a agudeza dos homes...
A picaresca dos políticos...
A inxenuidade dos nenos...
Persoas ás que lles gusta moito o viño...
A dualidade pobreza, riqueza...
O pago en especies, sobre todo co famoso pernil do porco...
E moitas máis Cousas da Vida.
Que quedarán para sempre na nosa memoria e que levaremos sempre moi preto do corazón por facernos vivir unha experiencia única e inesquecible!!
 Lucía Barreiro Lema, Angélica Badás Cimadevila e Amelia García García 5º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS

3 comentarios:

  1. Noelia Blanco Obelleiro23 de junio de 2016, 15:29

    Qué ben o fixemos jajaj saiunos xenial. Felices vacacións Profe que un descansillo nunca está de máis. Feliz verán a todo o mundo.

    ResponderEliminar
  2. Lucia Barreiro 5ºA27 de junio de 2016, 18:11

    Estou de acordo con Noelia, e é verdade tomate un descansiño este veran, e aver con que obras nos sorprendes o ano que ven!!!

    ResponderEliminar
  3. Fixestes todos un bo traballo e a profe tamen por organizar e cordinar todo enhoraboa a todos

    ResponderEliminar