Hoxe venres 7 de
outubro á terceira hora baixamos as escaleiras e entramos na biblioteca para
repasar algunhas das normas esenciais para o seu funcionamento.
Ao chegar alí a profe Águeda deunos a
benvida e tamén nos explicou en que consistía o novo proxecto da biblioteca. Este ano leva por título “Emociónate con nós”
que como vos podedes dar de conta xira arredor dos sentimentos.
Sentimentos que neste primeiro trimestre imos
poder expresar con emoticonos que a todos nos gustan tanto.
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Que divertido vai ser poder crear eses emoticonos cos que poder expresar as nosas emocións!
Todos escoitabamos con moita atención
sentados e caladiños. Mais houbo un momento en que puidemos
dedicarnos a explorar un pouco pola biblioteca.
Gustounos moito iso de poder coñecer as
novas adquisicións. Tamén tomar contacto cos noso libros xa
coñecidos.
Rebuscar un pouco polos andeis...
Facernos confidencias respecto ao que
atopabamos de interesante...
Unha vez que voltamos á aula de clase a
nosa profe púxonos un vídeo onde se reflexaban algunhas das emocións que
podemos sentir nalgún momento.
Nunha determinada altura paramos de ver o vídeo
e tivemos que adiviñar a súa continuación. E... Sabedes que? Despois de facer varias hipóteses conseguímolo!
Pero claro... iso porque entre todos xuntos
todo se fai moito mellor!!!!
me gusto mucho habia libros interesantes
ResponderEliminarGustoume moito porque lemos cousas interesantes.
ResponderEliminar