Mentres Ramiro durmía, o peixiño vermello
saltou do acuario e deslizouse entre estanterías e libros.
Mentres Ramiro
intentaba atopalo o peixiño escalaba un gran estante. Cando Ramiro o encontrou
non o podía alcanzar.
Pero o peixiño empezou a saltar de estante
en estante ata que Ramiro o colleu e meteuno no acuario.
Pero de repente dérase conta de que estaba
soñando e espertou.
O peixiño estaba alí!
Vicente Martí Pesqueira 6º A
O peixe máxico de Ramiro
Ramiro beliscouse para ver se era un soño
ou que era o que lle estaba a pasar.
Estaba tremendo e nervioso. Para calmarse
Ramiro decidiu ler o libro que tiña diante.
¡De súpeto todas as letras do libro
desapareceron!
Ramiro atónito, mirou para o libro e
apareceron uns pictogramas de frechas que parecían querelo guiar ata unha
porta.
El foi, abriuna e...
- Ramiro que estás a facer? Ahí non se pode
entrar!
Resulta que o seu peixiño estaba alí. Ramiro
preguntábase que facía alí, e a señora da limpeza dixolle:
- ¡Ah, estabades buscando este peixe? É que
pensei que alguén o perdera e... Como o atopaches ? Ramiro respondeu:
- O peixe chamoume!
E dende aquela Ramiro dá por feito que ten
un peixe máxico!!
Lucía Barreiro Lema 6º A
A morte do peixe de Ramiro
O avó Ramiro encontra a Ramiro durmido. Encende
a luz e ve o peixe vermello no chan pero só estaba o esqueleto xa que o gato
Lucifer, a mascota da biblioteca, papouno. Pero non só iso senón que tamén
bebeu a auga do acuario mollando o libro que lle lera ao peixe vermello.
Ramiro cando espertou, todo enfurruñado
botou o gato para a rúa e escribiu un libro sobre todo o que acontecera..
Ramiro moi preocupado, comezou a buscar por
todas partes, ata que ao final atopou unha porta que contiña moitos xoguetes.
Ramiro pensou:
-Debe estar aquí!
Comezou a buscar por todas partes, ata que
desilusionado pensou que o peixiño non ía aparecer nunca.
Nese momento espertou e atopou o seu
peixiño, nun andel da biblioteca! Todo fora un soño!
Angélica Badás Cimadevila 6º A
O misterio do peixe
Ramiro non esperaba que o seu peixe fora
desaparecer.
Ramiro foi correndo ato o seu avó. E atopou que Ramiro avó estaba escondendo algo misterioso...
Ramiro foi correndo ato o seu avó. E atopou que Ramiro avó estaba escondendo algo misterioso...
- Estás a esconder o meu peixe?
O avó avergoñado dixo:
- Eu, eu non teño nada!
Pero Ramiro estaba seguro de que o seu avó
tiña o seu peixiño vermello, porque cando o levou para a casa o avó berrara:
- Ramiro, xa che dixen que peixes na casa,
non!!!
Cando Ramiro avó marchou o neto aproveitou
para rebuscar no caixón do seu avó, e... sabedes que atopou? Si... atopou o seu
peixiño... Pero... morto!
Pero resultou que o avó marchara porque
queríalle mercar un peixe novo e vermello ao seu neto, porque matárao sen
querer.
O avó chegou á biblioteca e Ramiro estaba
esperándoo para botarlle unha pequena regueifa.
O avó Ramiro pediulle moitas desculpas, e
díxolle que tiña outro peixiño vermello.
O neno foi darlle unha aperta e tamén as grazas.
O neno foi darlle unha aperta e tamén as grazas.
E dende entón Ramiro acostumouse a aquel
outro peixiño vermello.
Amelia García García 6º A
O misterio do peixe
Ramiro púxose todo nervioso buscando e
rebuscando, mirando por aquí por alá e como non o atopaba púxose a chorar e chorou
tanto que case, case inunda a biblioteca.
Ata que se deu de conta de que era de noite
e... claro ¡A biblioteca pechara!
Pensou:
- Ó mellor o avó Ramiro levou o peixe.
Pero era de noite e como era a primeira vez
que ía á biblioteca non sabía moi ben o camiño. Tiña medo pero sen pensalo dúas
veces saíu pola venta dun chimpo.
Nerea Ferreira Ríos 6º A
O peixiño vermello
-Sigue lendo, eu serei o protagonista desta
fermosa historia.
Ramiro continuou a lectura.
O seu amigo era un peixe que escapara do
seu cativerio e realizaba unha longa viaxe por lugares fermosos facendo moitos
amigos e vivindo grandes aventuras.
En canto rematou de ler, Ramiro escoitou
que o chamaban.
Era hora de voltar á casa.
Sabela Lorenzo Figueroa 6º A
Ramiro e o peixe vermello
O neno preocupado e moi asustado comezou a chamar polo seu avó e polo peixiño. Ninguén contestaba.
O neno preocupado e moi asustado comezou a chamar polo seu avó e polo peixiño. Ninguén contestaba.
Así foi como Ramiro se deu conta de que
pecharan a biblioteca deixándoo a el dentro.
O rapaz respirou fondo e conseguiu manterse
entretido e tranquilo lendo as historias dos libros da biblioteca.
Mentres o avó e o peixiño vermello
decatáronse, ao chegar a casa, que Ramiro faltaba.
E tan axiña como puideron chegaron á
biblioteca para recoller o rapaz.
Noelia Blanco Obelleiro 6º A
Ramiro e o seu dilema
Tras horas e horas buscando o peixiño deuse
de conta de que había unha porta. Na porta había unha imaxe dun diamante como a
súa cabeza de grande.
Pasou pola porta e díxolle unha voz:
– Esperta...
E de súpeto espertou pero estaba nunha sala
escura.
No centro había unha escada iluminada por
unha luz.
Tentou subir pola escaleira pero caeu e
caeu e seguiu caendo e caendo...
E a voz falou de novo:
– Podes elixir só unha cousa!
Ramiro sen pensalo dúas veces colleu o seu
peixiño e marchou de volta para a casa.
Sempre hai que valorar máis un ser vivo que
un ben material.
Xermán González Rivas 6º A
Ramiro e o seu peixe
Ramiro empezou a buscar recuncho por
recuncho, libro por libro, estante por estante e decidiu pedirlle axuda o seu
avó.
Buscaron por todos os lugares da biblioteca
ata que se cansaron. Descansaron uns minutos e seguiron buscando. Ao cabo
dunhas horas déronse por vencidos.
E ao final resultou que o peixe estaba ó
lado del.
Ramiro, agora, todos os días vai á
biblioteca e le un libro para el e para o seu peixe.
Brais García Alonso 6º A
O peixe cociñado
Cando o neno quedou durmido o avó colleu o
acuario, sacou o peixe e quitou do mostrador unha pequena prancha de cociñar.
Cociñou nela o peixiño vermello e despois
papouno, e tirou a auga pola ventá.
Cando o neno espertou buscou por todos os
sitios da biblioteca ata que escoitou ao avó eructar e soltar unha espiña da
boca.
Entón Ramiro pediulle comprar outro peixe. O
avó comproullo e todos foron felices.
Daniel Rodríguez García 6º A
E aínda temos máis peixiños vermellos como este de Rubén:
CLICAR AQUÍ E MIRAR TODOS OS PEIXES
E aínda temos máis peixiños vermellos como este de Rubén:
CLICAR AQUÍ E MIRAR TODOS OS PEIXES
Son todas moi boas e os debuxos tamen excepto o meu. :C
ResponderEliminarAcada peixiño tocoulle un destino,¡pobriños¡
ResponderEliminar