O venres 20 de xaneiro saímos do centro para
ir ver unha exposición sobre a obra do escultor galego Francisco Leiro.
Era nas instalacións do Café Moderno de
Pontevedra.
Para chegar ata alí fomos andando desde a
escola.
É inverno e as árbores das prazas aínda están
núas, sen follas.
Sempre nos gusta pasar por diante do noso
museo, O Museo de Pontevedra.
Atravesar os Arcos de San Bartolomé.
Percorrer as nosas bonitas rúas de edificios
de pedra.
Era cedo e A Praza da Leña aínda non estaba
ocupada. Así puidemos contemplala en todo o seu esplendor.
A Praza da Ferrería permanecía solitaria.
Os camelios diante de San Francisco presentaban un aspecto apagado
polas últimas xeadas.
E diante da Igrexa da Peregrina aínda non
chegaran os peregrinos que por alí pasan.
Saudamos a Teucro, o noso fundador, que nos vía pasar desde alá
enriba.
E decidímonos a entrar para ver a exposición
“Os Traballos e os Días”.
Ao chegar fomos recibidos por dúas monitoras:
Águeda e Vanessa. Dividímonos en dous grupos. A nós tocounos con Águeda. Con
ela fomos ata o Salón Noble do Café Moderno.
Alí Águeda preguntounos se coñeciamos xa
algunha cousa sobre Leiro e a verdade é que quedou... un pouco... Noooon...
Bastante impresionada con todo o que xa sabiamos!!!
A continuación realizamos un taller de
escultura. Previamente tivemos que diseñar o boceto.
E despois usamos unha especie de esponxa que
era maleable e fácil de cortar.
Había que ir con moito coidado e darlle
xeitiño...
E para a pouca experiencia que tiñamos, a
verdade é que aínda non nos resultou de todo mal a cousa...
E podemos dicir que algunhas obras das que
esculpimos quedaron bastante ben!
Fóra, na Praza, os personaxes da Tertulia
continuaban coa súa teima!
Logo de lavar as mans de tanto traballar, era
o momento de ir coa outra monitora.
Primeiro tivemos que recadar información sobre
algunhas das obras de Leiro alí expostas.
Para logo contestar unhas cuestións sobre as
mesmas e explicalas aos demais..
A todos nos chamou a atención a escultura dun
Fauno.
Era todo feito dunha soa peza de madeira de
castiñeiro.
Vanessa comentounos que a parte das patas
estaba oca.
E resulta que nós, que xa sabedes que nos
gusta moito investigar... puidemos comprobar que a escultura estaba oca de
abaixo ata arriba de todo!!!
A Leiro gústalle moito relacionar as súas
pezas coa natureza e con Galicia. E como homenaxe á súa terra, Cambados, este
fauno leva na cabeza unha cesta das que se usan por alí para as vendimas.
Tamén nos impresionou “ As recolectoras”
dedicada a un grupo de mulleres voluntarias cando foi da catástrofe do
Prestige.
A verdade é que foi todo moi divertido e
gustounos moitísimo!
E aínda aprendemos moitísimas máis cousas
deste grande escultor galego!!!
Gustounos moito como unía as pezas das súas
esculturas...Algunhas dan a sensación de que van caer... Pero non caen!!!
Impresionante!!!
Ao saír, na Ferrería xa lucía o sol.
E aínda tivemos tempo de facer unhas fotos de
grupo na Praza da Leña.
Amelia García García, Vicente Martí Pesqueira
e Xermán González Rivas 6º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA
Foi una gran excursión¡
ResponderEliminarSi das me llores e aprendimos e pasa molo genial.
EliminarA ver cando chegan as esculturas que fixemos¡
ResponderEliminarO fauno era impresionante, e as recolectoras tiñan unas mans¡
ResponderEliminar